19/6/09

"OS LACTOUROS" VISITARON VARIOS POBOS DE LEON


Un grupo de socios da Xunta de Micologos "Os Lactouros·, de Monforte, da que forman parte varios veciños de Sober, visitaron esta semana varios pobos da provincia de Leon. Entre outros lugares os excursionistas poideron ver as localidadesde Sahagun, Cea ou Almanza, ou Mosteiro de San Pedro de Las Dueñas entre outros manumentos da veciña provincia castellano-leonesa. Na foto aparecen os excursionistas xunto a hermida da Virxe da Ponte do S. VIII nas aforas de Sahagun con Paca Tovar a cuidadora da mesma, que amais cantou e bailou para os membros de Os Lactouros que vixeron a viaxe.

BULSO FESTEXA AO CORPUS OS DIAS 20 E 21 DE XUÑO


A parroquia de San Pedro de Bulso festexara ao CORPUS CRISTIE este próximo fin de seman (do 19 ao 21).

As principales actividades seran o sabado e domingo, ainda que xa o venres polo seran habera unha degustacion de panceta gratuita.

Non faltará ningun día a musica e como sempre as actividades relixiosas coa correspondente procesión ocuparan a maña do sabado e domingo. E habitual en Bulso facer a procesion dende a Igrexa ao cruceiro sobre espadaña.

A ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA FESTEXA CUN CONCERTO O E UNHA EXCURSION O FIN DE CURSO


A Escola Municiapl de Musica de Sober, celebrará as sete da tarde do domingo día 21 o seu tradicional festival musical de fin de curso no que actuaran a paractica totalidade dos alumnos que estiveron matriculados no presente ano academico e que se aproximan ao centenar.
Este ano como novidade e aproveitando o program Km. 0 da Deputacion provincial, alumnos e profesores faran unha viaxe de fin de curso a Ria de Ribadeo o martes día 23; ao mesmo tempo os participantes no viaxe poderan visitar o taller de instrumentos populares da deputacion de Lugo.

16/6/09

ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS VISITAN SOBER


Un nutrido grupo de escritoras e escritores galegos xunto con ilustradores fixeron unha visita ao Concello de Sober a pasada fin de semana.
O grupo visitou entre outros lugares: Proendos (Igrexa, petroglifos, pobo, etc), Lobios (Igrexa, Tetramorfos, Capela, Cruceiro e Souto do Tellada), Cadeiras, Portizó, O Palacio de Sober, Gundivos (centro Oleiro con demostracion a cargo de Elias Gonzalez); fixeron unha viaxe polo cañon do Sil en Catamaran dende Doade a Os Chancís, etc. Unha moi extensa visita da que seguro os participantes poderan escribir ou debuxar interesantes historias.
Os participantes foron os seguintes:
Escritores:
Marilar Aleixandre e seu marido Ramón. Paco Martín e a sua dona Ánxela, Antonio García Teijeiro e a sua dona Susi, Xabier Puente Docampo e a sua dona María Xesús, Xavier Senín e a sua dona Mari Carme e Fina Casalderrey.
Ilustradores:
Manuel Uhía e a sua dona Beatriz, Xosé Cobas e a sua dona Ánxeles e Xan López Domínguez.

Todos pernoctaron na Casa Grande de Rosende, que é o lugar onde aparecen na fotografia.

5/6/09

BOLMENTE E ANLLO SAN ESTEVO TEÑEN ULTIMADAS AS SUAS FESTAS DE SAN ANTON




A Parroquia de Bolmente ten preparado para os días 5, 6 e 7 de Xuño as suas festas na honra de San Anton de Padua; este ano correspondelle a Bolmente festexar primeiro ao santo que comparten Anllo. Os de Anllo anuncian importantes actividades para os días 13 e 14.
Nos dous casos habera importantes orquestras para amenizar os bailes de tarde e noite, misas coa correspondente procesion nas duas xornadas (sabado e domingo), fogos artificiais e outras actividades ludicas. Os grupos musicales que actuaran seran: en Bolmente o dúo CAMELIA, que amenizara a pancetada do día 6, COSTA DORADA o día 7 e ANAGRAMA o domingo 8.
En Anllo NOVA PALMA e o dúo ESTELAR actuaran o 13 e GALILEA o 14.
Nas fotos temos A Casa Rectoral de Anllo e a Igrexa Parroquial de Bolmente, importantes elementos arquitectonicos do Concello de Sober.

MUSICA E MAXIA EN SOBER




Éste sábado 6 de Xuño a partir das sete da tarde no Centro Sociocultural de Sober haberá unha curiosa actividade que organiza a Escola Municipal de Musica de Sober baixo o titulo "MAXIA EN CONCERTO".
Ás sete en punto e dentro do programa da Conselleria de Cultura da Xunta denominado "Titirimaxia" actuará o Ilusionista "PEDRO VOLTA", unha vez remate a sua actuación, varios grupos de alunnos da Escola Municipal de Música (solistas, duos ou trios), participaran no programa denominado "Os nosos solistas", actuaran xovenes musicos de 8 a 15 anos de idade.
Colaboran coa actividade: Xuventudes Musicais de Sober e o Concello de Sober.