
3/11/10
AS XORNADAS MICOLOXICAS DE "PINGADOURO" SERAN ENTRE O 12 e 15 de NOVEMBRO

6/11/09
PINGADOURO CONVOCA UN CONCURSO DE DEBUXO ESCOLAR SOBRE MICOLOXIA

Dende a Agrupación Micolóxica PINGADOURO, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e coa finalidade de adentrar aos mais novos no mundo da naturaleza e máis en concreto na micoloxia, organizase por primeira ver un concurso de debuxo escolar que se rexerá polas seguintes
BASES:
Participantes:
Alumn@s matriculad@s en centros publicos ou privados de Infantil, Primaria e Educacion Especial de Galicia.
Tema:
O mundo da Micoloxia.
Categorias:
a.- Ensino Infantil.
b.- Ensino Primario.
c.- Ensino Espacial.
Material e tecnicas a empregar:
Os debuxos faranse en formato DIN A-4, en papel forte ou cartulina.
Podera utilizarse calquera tecnica: lápiz, ceras, acuarela, mosaico, rotulador, etc.
Somente se admitiran un máximo de dous debuxos por autor.
No dorso de cada traballo deberá figurar o nome e apelidos, idade, curso, centro de ensino no que esta matriculado, poboacion e un telefono de contacto do autor.
Premios:
Haberá tres premos por cada categoria.
1ª Un vale de 100 Euros en material escolar ou deportivo.
2º. Un vale de 60 Euros en material escolar ou deportivo
3ª Un vale de 30 Euros en material escolar ou deportivo.
Todolos participantes recibiran un obsequio e os gañadores os correspondentes diplomas acreditativos e trofeos.
Prazo de presentación:
Hata o 28 de Novembro no Centro Sociocultural de Sober..
Exposición:
A Agrupacion Micoloxica PINGADOURO fará unha exposición cos traballos presentados en data que se comunicará oportunamente.
Xurado:
Estará compuesto por especialistas en debuxo e micoloxia. O seu dictamen será inapelable.
Entrega de premios:
No Auditorio do Centro Sociocultural de Sober durante o Mes de Decembro en data e hora que se comunicará oportunamente.
O feito de participar implica a aceptación das bases do concurso.
2/11/09
DO 7 AO 9 de NOVEMBRO XORNADAS MICOLOXICAS EN SOBER

A Agrupación Micoloxica Pingadouro celebrará un ano máis as suas XORNADAS MICOLOXICAS, que contaran co programa que se detalla a continuación:
VENRES 6: Polo serán recomendase sair ao campo a recoller setas para a exposición de sábado.
SABADO 7: Pola mañán saida ao campo e pola tarde ás 7 aproximadamente, montaxe da exposición e identificación de setas na casa da cultura. Sobre ás 8 da tarde teremos unha conferencia a cargo de JUAN CARLOS CAMPOS da Sociedade Micoloxica de Madrid titulada “PRINCIPAIS SETAS COMESTIBLES E TÓXICAS”.
Ao finalizar a charla degustaremos setas e faremos un magosto con viño de Amandi.
LUNS 9: Identificación comentada de Setas e charla de iniciación ao mundo da micoloxia para os alumnos do Colexio VIRXE DO CARME a cargo de micólogos da Sociedade Micolóxica de Madrid.
Como en anos anteriores e moi recomendable que o sábado pola mañan ou pola tarde traiades setas a Casa da Cultura, para facer unha identificación con expertos e logo unha exposición.
26/2/09
VECIÑOS DE SOBER VISITARON RIBEIRA DE PIQUIN
5/2/09
"PINGADOURO" DENUNCIA A INCORRECTA E CONFUSA SEÑALIZACION DO CANON DO SIL
A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.O Canon do Sil é o lugar mais visitado de toda a Ribeira Sacra e un dos máis visitados de Galicia durante todo o ano. É un espacio protexido dentro da Red Natura 2000 e calificado como L.I.C. (Lugar de Interes Comunitario); abrangue as ribeiras do rio Sil dos Concellos ourensanos de Parada do Sil e Nogueira de Ramuin e dos lucenses de Sober (nun 90%) e Panton (10%). Esta zona protexida discurre unicamente dende o Santuario de Cadeiras en Pinol-Sober ata a xuntanza dos rios Sil e Miño en Os Peares.
A nefasta e confusa sialización feita dende sempre, viuse agora colmada coa colocación de paneis de xigantescas dimensións no lugar de Cambeo (Concello de Coles), no cruce das estradas nacionais N-525 e N-540 -concretamente no kilómetro 249 da N-525) indicando este importante e visitado punto turistico en dirección a Chantada. Esto ocasiona unha confusión aos visitantes que non pode ser admisible baixo ningun concepto e que demostra a falta total de coñecemento por parte de todas as persoas responsables da demarcación de carreteras do estado e ao tempo das empresas as que se encargan estos traballos, que por certo, ocasionan cuantiosos desembolsos económicos.
Ao mesmo tempo dende a N-120 a señalización deste importante punto de interese turistico estivo e segue a estar dende sempre mal señalizado. Tanto en direccción Ourense-Ponferrada como Ponferrada-Ourense o Cañon do Sil indicase nas saidas de Penalva e Os Peares na Provincia de Ourense e en Monforte na saida da estrada de Castro Caldelas na Provicia de Lugo. Nos dous primeiros casos as estradas de acceso ao Cañon do Sil son moi deficientes e estreitas e no caso de Monforte a estrada conduce o Rio Sil pero non ao CAÑON DO SIL. A única saida NATURAL, LOXICA e ao tempo COMODA para todo tipo de vehiculos é no kilometro 530 da estrada N-120 en CANABAL. Dende aqui pode accederse en calquera vehiculo (turismos ou autocares) en moi poucos minutos a multitude de puntos do propio CAÑON DO SIL (Cadeiras, Santiorxo, Bolmente-Cividade e O Boqueiriño- ou Os Chancís).
Pola presente queremos denunciar esta falta de criterio e ao tempo pedimos a retidada dos paneis erroneos e a colocación dos correspondentes paneis informativos en CANABAL.
Ao tempo dende a asociación PINGADOURO mostramos a nosa disposición para colaborar na subsanación deste "erro".
Sober a 5 de Febreiro de 2009.
REMITIRONSE COPIAS DO ESCRITO A DEMARCACION DE CARRETERAS DO ESTADO EN GALICIA E AS UNIDADES PROVINCIAIS DE CARRETERAS DO ESTADO EN LUGO E OURENSE.
17/11/08
AS XORANDAS MICOLOXICAS DE SOBER RESULTARON TODO UN ÉXITO

A nova edición das XORNADAS MICOLOXICAS de SOBER que organizaou a Agrupación Micoloxico-Naturista "PINGADOURO", resultou unha vez máis un exito. O xoves LEOPOLDO SANMARTIN, o antigo crego de Sindran e fundador de "OS LACTOUROS" de Monforte dirixiu unha saida o campo con alumnos da Escola de Hostelería de Rosende; ao tempo impartiu unha interesante charla de iniciación no Colexio "VIRXE DO CARME" e tamen adicou a tarde a identificar e comentar distintas caracteristicas de fungos con alumnos da Escola de Hostelería de Rosende.11/11/08
AS XORNADAS MICOLOXICAS DE SOBER SERAN ENTRE O 13 e 15 DE NOVEMBRO
%5B1%5D.jpg)
- Ás 10,30 saida o campo guiada por LEOPOLDO SANMARTIN -fundador de “OS LACTOUROS” de Monforte-, para alumnos da ESCOLA DE HOSTELERIA DE ROSENDE.
- Ás 12,15 Identificación comentada das setas recollidas e CONFERENCIA de LEOPOLDO SANMARTIN titulada “ADENTRANDOSE NO MUNDO DAS SETAS”, no COLEXIO “VIRXE DO CARME”.
Venres 14
- Ás 10,30 e 16,30 saidas o campo.
Sábado 15
- Ás 10,00 horas saída o campo dende a praza do Concello de Sober.
- Ás 18,00 horas identificación de setas e montaxe de exposición.
- Ás 20,00 horas CONFERENCIA de OSCAR REQUEJO MARTINEZ do GRUPO MICOLOXICO GALEGO, titulada “COGOMELOS NOS ECOSISTEMAS GALEGOS”
- Ás 21,00 horas degustación de cogumelos.
As actividades deste día no Centro Sociocultural de Sober.
9/9/08
SUBIDA AO CEO DE GALICIA (PENA TREVINCA)
Fumos dende PORTO (Zamora), e dempois de catro horas largas, e pensar varias veces que non dabamos chegado; culminamos a nosa aventura. Sinceiramente foi algo inenarrable un dos momentos de maior satisfación persoal da nosa vida para cada un de nos.
Ata Porto fomos vinte persoas pero a aventura polo monte fixemola 9: Lois Dapena, Luis Manuel Fernández, Alfonso Campos, Juan Bautista Vázquez, Paco Capón, Mario Lois Pontón, Luis F. Guitian, Luis Fernando Sánchez e Ramón Díaz.
19/7/08
II ROTEIRO MUSICO POETICO A LUZ DA LUA

En cada lugar habera Música e poemas ou relatos cos que queiran agasallar os participantes.
O ano pasado foi algo extraordinario, animarse todos.
* Podes ver as fotos do I Roteiro Músico-Poético á luz da lúa aquí.
28/2/08
"OS LACTOUROS", DE SENDEIRISMO POR SOBER
A Xuntan
za de Micologos "Os Lactouros" de Monforte que preside o soberino Ramon Díaz de Vilela, visitará este domingo día 2 de marzo a nosa tribu.Dentro do programa de excursións e rutas de sendeirismo que preparou para o presente ano a agrupación monfortina e que son coordinadas por Lois Dapena, fixouse unha das rutas por terras de Sober e con visitas a lugares das parroquias de Pinol, Santiorxo, Bulso e Brosmos.