Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas

21/12/09

FINOU DON RAMIRO, CURA PARROCO DE SOBER DURANTE 50 ANOS


Ramiro Ares Devesa, Don Ramiro, que foi cura-parroco de Sober durante 50 anos faleceu en Lugo o pasado día 18 (día da Virxe da Esperanza), donde estaba internado no Hospital de Calde.
Ata poucos días antes da sua morte viña continuamente a sua cabeza Sober e a música as suas duas pasións
Don Ramiro non somente destacou pola sua obra pastoral en varias parroquias de Sober (Arroxo, Refoxo, Proendos, Liñaran e Barantes), foi o artifice de que Sober contara con unha moderna Igrexa e Centro Parroquial que cedeu sempre desinteresadamente para actividades (biblioteca, ensaio da banda, escola de musica, correos, etc). Pero principalmente Don Ramiro era MUSICO, un gran musico: compositor de preto de 50 obras (unha misa, varios motetes, panxoliñas, obras populares, etc), profesor de musica, director de coro, etc.
O próximo día 28 de Decembro (día dos Santos Inocentes), na Igrexa Parroquial de Sober, que el construiu, despediremolo con unha misa de funeral na que como non pode ser menos haberá musica.
Don Ramiro nacera en Carlin-Friol,en 1927. Fixo Estudios Eclesiásticos e de Música,foi Profesor en centros de ensinanza privada e pública. Fundador da Coral Polifónica de Sober que chegou a contar con 40 voces e da Escolanía do Colexio VIRXE DO CARME coa que acadou importantes premios.
Descanse en Paz o noso querido Don Ramiro.

14/12/09

DAVID FIUZA E AMELIA ONEGA GANAN O CONCURSO DE CLARINETE


O 1º CONCURSO DE XOVENES INTERPRETES de Xuventudes Musicais de Sober, resultou un éxito.

Participaron 14 clarinetistas de toda Galicia e 5 chegaron a final.

Na categoría de menores de 15 anos a ganadora foi AMELIA ONEGA OTERO de Ames (A Coruña), na categoria de 15 a 25 anos, o ganador foi DAVID FIUZA SOUTO de Vila de Cruces (Pontevedra), segundo clasificado foi ALEJANDRO PEITEADO BREA de A coruña e foron tamen finalistas JAVIER LOSADA ARAUJO de Ourense e ADRIANA CARRERA CARRERA de Tomiño (Pontevedra).

Entregaronse 1.200 euros en premios.

E a primeira vez que Galicia acolle un concurso de interpretes adicado en exclusiva a modalidade de CLARINETE e os organizadores moi satisfeitos coa celebración xa pensan en repetir.

Hai notas e fotos en EL PROGRESO e La Voz de Galicia do Domingo 13 e Luns 14.

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/12/14/0003_8170342.htm

http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/14122009comarcas_2.pdf

5/5/09

A EX-ALCALDESA DE SOBER RAQUEL ARIAS É A NOVA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN LUGO


A ex-Alcaldesa de Sober Raquel Arias Rodriguez, tomou posesión o pasado luns ante o Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo do seu novo cargo de DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA para a provincia de Lugo.

Raquel Arias presentouse hoxe a tarde en Lugo no salon de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo, nun acto no que estivo acompañada do Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda e o que asistiron a practica totalidade de Alcaldes da Provincia de Lugo. Entre os da zona sur estaban -Sober, Monforte, Boveda, Pobra de Brollon, Quiroga, Panton ou Chantada. A nova Delegada da Xunta en Lugo dixo que quere converterse "nun nexo de unión entre as necesidades dos vecinos da provincia e o Goberno Galego"

Raquel confirmou que a pesar do seu novo cargo a sua residencia seguirá fixada en Sober.

So nos queda dar a noraboa a nosa veciña polo seu nomeamento.

Na foto de Toño Parga Raquel Arias nos xardins da praza do concello de Sober.

28/4/09

BODAS DE OURO DE CASTOR E LOLY RODRIGUEZ
















O matrimonio formado por CASTOR RODRIGUEZ e DOLORES RODRIGUEZ, veciños de Sansillao-Proendos (Sober), celebraron rodeados de todos os seus familiares : fillos, netos, irmans e sobriños, un banquete en "RESTAURANTE PARADA 2" para festexar as suas BODAS DE OURO.




Castor e o maior de 7 irmans (2 homes e 5 mulleres), todos casados e que asistiron ao banquete. Agora pouco a pouco cada un dos irmans ira tamen cumprindo o seu 50 aniversario de boda.





Nas fotos de José Manuel Fernández e Vero o matrimonio aparece por este orde: 1) Cos sobriños de Castor; 2) Coa familia de Lola; 3) Con fillos e netos; 4) Cos 6 irmans de Castor e 5) Cos seus fillos Suso e Mila.

5/2/09

"PINGADOURO" DENUNCIA A INCORRECTA E CONFUSA SEÑALIZACION DO CANON DO SIL

A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.
O Canon do Sil é o lugar mais visitado de toda a Ribeira Sacra e un dos máis visitados de Galicia durante todo o ano. É un espacio protexido dentro da Red Natura 2000 e calificado como L.I.C. (Lugar de Interes Comunitario); abrangue as ribeiras do rio Sil dos Concellos ourensanos de Parada do Sil e Nogueira de Ramuin e dos lucenses de Sober (nun 90%) e Panton (10%). Esta zona protexida discurre unicamente dende o Santuario de Cadeiras en Pinol-Sober ata a xuntanza dos rios Sil e Miño en Os Peares.
A nefasta e confusa sialización feita dende sempre, viuse agora colmada coa colocación de paneis de xigantescas dimensións no lugar de Cambeo (Concello de Coles), no cruce das estradas nacionais N-525 e N-540 -concretamente no kilómetro 249 da N-525) indicando este importante e visitado punto turistico en dirección a Chantada. Esto ocasiona unha confusión aos visitantes que non pode ser admisible baixo ningun concepto e que demostra a falta total de coñecemento por parte de todas as persoas responsables da demarcación de carreteras do estado e ao tempo das empresas as que se encargan estos traballos, que por certo, ocasionan cuantiosos desembolsos económicos.
Ao mesmo tempo dende a N-120 a señalización deste importante punto de interese turistico estivo e segue a estar dende sempre mal señalizado. Tanto en direccción Ourense-Ponferrada como Ponferrada-Ourense o Cañon do Sil indicase nas saidas de Penalva e Os Peares na Provincia de Ourense e en Monforte na saida da estrada de Castro Caldelas na Provicia de Lugo. Nos dous primeiros casos as estradas de acceso ao Cañon do Sil son moi deficientes e estreitas e no caso de Monforte a estrada conduce o Rio Sil pero non ao CAÑON DO SIL. A única saida NATURAL, LOXICA e ao tempo COMODA para todo tipo de vehiculos é no kilometro 530 da estrada N-120 en CANABAL. Dende aqui pode accederse en calquera vehiculo (turismos ou autocares) en moi poucos minutos a multitude de puntos do propio CAÑON DO SIL (Cadeiras, Santiorxo, Bolmente-Cividade e O Boqueiriño- ou Os Chancís).
Pola presente queremos denunciar esta falta de criterio e ao tempo pedimos a retidada dos paneis erroneos e a colocación dos correspondentes paneis informativos en CANABAL.
Ao tempo dende a asociación PINGADOURO mostramos a nosa disposición para colaborar na subsanación deste "erro".
Sober a 5 de Febreiro de 2009.

REMITIRONSE COPIAS DO ESCRITO A DEMARCACION DE CARRETERAS DO ESTADO EN GALICIA E AS UNIDADES PROVINCIAIS DE CARRETERAS DO ESTADO EN LUGO E OURENSE.

9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace:




6/11/08

CAFE BAR PARADA CUMPRE 25 ANOS EN SOBER



Waldo e Olga, propietarios de Cafe Bar e Restaurante PARADA de Sober cumpren este mes de Novembro 25 anos da sua chegada a Sober.Para o SABADO día 8 a partir das 8,30 da tarde queren compartir o seu cumpreanos con todolos seus clientes. Habera VIÑO DE AMANDI e degustación de productos da terra xunto con alguha sorpresa que se verá "in situ".
Waldo é natural de Amandi e Olga de Figueiroá -os dous do concello de Sober-. Comenzaron na hostelería en Pontevedra, un par de anos antes de regresar a Sober.
En Sober colleron en primeiro lugar o traspaso do BAR MAÑÉ, que estaba situado na rua do Comercio, xunto a parada de táxis e do autobus; precisamente por elo o bautizaron co nome de BAR PARADA. Fai agora 15 anos que inauguraron o novo local na Estrada de Monforte, no cruce coa rua das Hortas; o novo local, moito máis amplo, supuxo unha moi importante mellora na infraestructura hoteleira de Sober, xa que por primeira vez tiñamos un Restaurante en condicions na capitalidade municipal, xunto con unha cafeteria adaptada aos tempos.
Pois ahi está 25 ANOS EN SOBER, de Bar Parada.

NORABOA a WALDO, OLGA, SUSANA e todos os seus familiares; que disfrutemos todolos clientes da xornada e como non desexarlles moitos anos máis entre nos.

30/9/08

MUSICA PARA UN 91 CUMPREANOS NA RESIDENCIA DE SOBER






















O pasado fin de semana na Residencia NOSA SEÑORA DO CARME de Sober un grupo de músicos agasallou a Esperanza Alvarez Gay no seu 91 cumpreanos cun concerto que incluiu maioritariamente pezas dos anos 20 , 30 e 40 do século pasado.




O curioso do concerto, que foi organizado polo seu propio fillo Pedro Llano Alvarez e que entre os musicos estaba o seu marido Alfonso Llano González que cumprirá 91 anos para xaneiro, tamen participou o seu fillo Pedro Llano, xunto con Alfonso Campos, Paula Vázquez Verao e Luis F. Guitian. Esta non foi a primeira actuación deste grupo de músicos na Residencioa de Sober e de seguro que non será a última.

9/8/08

SOBER E DOADE ACOLLEN A EXPOSICON DE PINTURA "Pintores de Doade"


A Casa da Cultura de Sober acolle ata o día 13 de Agosto a interesante exposición de pintura "PINTORES DE DOADE", que recole obras de artistas plasticos da parroquia soberina. Paco López, María Dolores Fernández, Angeles Rodriguez, Rosa Rodriguez e Nides, son os pintores cuias obras integran a mostra.
A Exposición o organizada pola asociación de veciños de Doade e conta coa colaboración do Concello de Sober.

A mostra pictórica trasladarase o Centro Social de Doade o día 14 de Agosto onde permanecerá ata o 24, ese día será intalada en "A Cantina" de Doade e clausurarase o día 14 de Setembro.

Moi interesante iniciativa e ánimo a visitar a mostra que sen dubida vale a pena.
______
Na foto de Roi Fernández de La Voz de Galicia en Monforte, vemos unha imaxe da exposición na Casa da Cultura de Sober.

9/5/08

O CICLO TITIRIMAXIA ACHEGA ESPECTACULOS A SOBER E OUTROS DEZ CONCELLOS CERCANOS


O ciclo TITIRIMAXIA que organiza a Consellería de Cultura e Deporte, achega a Sober tres interesantes espectaculos de Maxia. En total son 320 actuacions de títeres e maxia en 89 concellos dos de menor poboación de Galiza, a programación fixoa a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Titirimaxia desenvolvese en 25 concellos de Ourense e 17 de Lugo, todos eles de menos de 5.000 habitantes, e en 33 municipios da Coruña e 14 de Pontevedra, nestes casos con menos de 10.000 habitantes. As actuacións iniciaronse en Abril e seguen en maio e xuño.


Os concellos participantes da nosa area son: Bóveda, Carballedo, Pantón, A Pobra de Brollón, Portomarín, Ribas de Sil, Castro Caldelas, O Pereiro de Aguiar, A Teixeira e Sober.


A programación de SOBER, iniciouse o pasado 3 de Maio co MAGO RAFA e o espectaculo MOMENTOS MÁXICOS, na Casa da Cultura de Sober; continua o 18 de Maio, domingo ás 5 da tarde en NEIRAS con CAYETANO YEDÓ que ofrecerá MAXICO CIRCUS CABARET; e rematará o 20 de Xuño as 7 da tarde con MONICREQUES DE KUKAS que ofreceran na Casa da Cultura de Sober O AGASALLO DE XAQUIN. A programación completa por concellos e datas pode verse na páxina:




en http://culturavai.info/ atopamos información de actividades noutras localidades como Monforte.
No foto: OSMONICREQUES DE KUKAS.

7/4/08

CENTOS DE PERSOAS ASISTEN O FUNERAL DO EX-ALCALDE XESÚS VÁZQUEZ PÉREZ


Na tarde do Domingo 6 de Abril, a capitalidade de Sober despediu a Xesús Vázquez Pérez, que fora alcalde durante cerca de trinta anos entre 1971 e 1999. Ós actos asistiron centos de veciños e amigos, entre eles moitos politicos da provincia de Lugo. O amigo "Suso" finou na madrugada do sábado na sua casa na vila de Sober.
Jesús Vázquez fora na sua xuventude barbeiro, logo tamen exercera como presidente da Cámara Agraria Local e tivo durante anos un almacen de pensos e a distribución de butano para o Concelllo de Sober.

Fora nomeado alcalde o 9 de febrero de 1971, e continuou ata as eleccions municipais de 1999, cando decidiu non voltar a presentarse.

Para moitos sempre será "O Alcalde", xa que foron moitos anos no cargo, dende a época franquista ata a chegada da democracia. Nas elecccions as que se presentou, primeiro por UCD e logo polo PP, sempre gañou con maioria absoluta. Foi tamen Diputado Provincial.
Nos últimos meses non andaba moi ben de saude ata o punto de que lle fora amputada unha perna. A pesar delo tiña unha moi grande ilusión por vivir e cada vez estaba máis animado. Nas últimas semanas estaba moi recuperado polo que a sua morte chegou de forma inesperada.

Dende este humilde blog, sumamonos a dor da sua viuva Lola e das suas fillas e netos.

"Suso sempre estará entre nós". Esperemos que se faga algún acto de lembranza, que cremos moi merecido.

Nota.- Na foto de La Voz de Galicia, podemos ver a centos de persoas no acompañamento ata a Igrexa de Sober.

4/4/08

CURSOS DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS EN AMANDI E ARXEMIL


Coa coordinación da Consellería do Medio Rural a traves do Centro de Formación e experimentación agraria de Monforte (Escola de Capacitación Agraria) e da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Monforte, celebraranse dous cursos para a obtención do carné de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios; un en Amandi (na bodega Rectoral de Amandi) e outro en Arxemil (local parroquial). A información dos cursos pode obterse no Concello de Sober ou en Monforte na oficina Agraria Comarcal ou na Escola Agraria.

A obtención deste carné é moi importante e pronto será obrigatorio para poder aplicar sulfatos, herbicidas e todo tipo de productos fitosanitarios. Ata o de agora xa de organizaron arredor de media ducia de cursos en Sober é estes dous son os primeiros que se fan fora da capitalidade municipal.

O de Amandi comenza o 7 de Abril e finaliza o 18; o de Arxemil iniciase o 18 de Abril e remata o 5 de Maio, en ambos casos o horario é de tarde noite (de 8,30 a 10,30 da noite). Os cursos teñen unha duración de 25 horas e atodos os asistentes que superen un pequeno exame final facilitaraselle o carné e un diploma acreditativo.


31/3/08

NORABOA A "FUNERARIA RIVAS" POLA UTILIZACION DO NOSO IDIOMA


Queremos felicitar a empresa soberina "FUNERARIA RIVAS", pola utilización do noso idioma en todas a suas esquelas dende principios de ano.

Ata o de agora, a empresa utilizaba o galego cando a familia do finado/a o requeria; pero dende principios de ano todas as esquelas que editou a funeraria soberina foron redactadas en galego. Por certo, a xente aceptou de moi bo grado esta iniciativa que só nos resta aplaudir.

Animamos a outras empresas a seguir o exemplo.

16/2/08

PAXINAS WEB CON INFORMACION DO TEMPO PARA SOBER




Varias páxinas de internet nos poden adiantar con máis ou menos acerto o tempo que vai facer en proximas xornadas. A continuación facilitamos datos da paxina de METEOGALICIA, da do INSTITUNO NACIONAL DE METEROROLOXIA, de TU TIEMPO, de METEORED e dunha americana que consideramos moi boa: ACCUWEATHER.

Os enderezos web directos para observar o tempo na nosa tribu con antelacion sufuciente:


Nesta páxina podemos ver o tempo do día e de xornadas próximas por Comarcas en Galicia.


http://www.inm.es/web/infmet/predi/locali/GAL.html

Neste enlace do Instituto Nacional de Meteoroloxía podemos ver concello a concello todos os de España. O enlace anterior corresponde a Lugo. Debe buscarse Sober na lista xeral de localidades.

http://www.accuweather.com/world-index-forecast.asp?partner=accuweather&traveler=0&locCode=EURESSP011SOBER

Nesta páxina atopamos datos meteoroloxicos de todas as localidades do mundo con quince días de antelación. O enlace anterior é directo a SOBER. (pinchar onde aparece Sober,Spain(Galicia).


Outra páxina interesante con datos de cada concello. O enlace anterior é directo a SOBER.


Outra páxina meteoroloxica con información concello a concello; tamen o enlace anterior corresponde a Sober.

7/2/08

OUTORGADO O PERMISO DEFINITIVO PARA AS OBRAS DE RESTAURACION NO PALACIO DE SOBER



A Comisión de Goberno do Concello de Sober, celebrada a semana pasada, acordou outorgar a licencia de obras necesaria para a reconversión do Palacio de Sober en establecemneto hoteleiro a empresa Alvaher 98, tras recibir o permiso pertinente da Dirección Xeral de Urbanismo o pasado mes de decembro. Este permiso era o último trámite necesario para a licencia agora definitiva.
Os traballos de restauración comenzarán unha vez sexa presentado o proxecto de execución. A inversión será de oito millóns e medio de euros e o prazo pervisto para o remate das actuacións é de un ano e medio.

Recordamos a páxina da empresa onde podemos ver unha memoria técnica e un folleto promocional do futuro Hotel de cinco estrelas gran luxo que se pretende construir.


28/1/08

MORREU O ALFAREIRO DE GUNDIVOS JOSE RODRIGUEZ "VENTURA"


Un dos alfareiros de Gundivos da "vella xeneración", José Rodriguez de Casa Ventura de Vilanova faleceu o pasado fin de semana aos 84 anos e foi enterrado no cimenterio Paroquial de Santiago de Gundivos o domingo 27 de Xaneiro.

Varios centenares de persoas, veciños e amigos se achegaron ao tanatonio de Sober e asistiron os actos funebres de "O Ventura", un dos poucos alafareiros de Gundivos das vellas xeneracións.

Fai poucos anos, no 2001, faleceu Alonso Diaz e o pouco tamen faleceu Federico Diaz. Coa morte de Jose Rodriguez "O Ventura", somentes quedan con vida dos alfareiros veterans Obdulia Rodriguez de Campoverde e Agapito Gonzalez de A Igrexa. Xunto a estes dous representantes da vella xeneracion esta na parroquia o xoven Elias Gonzalez Prieto que pronto pora en marcha un museo taller na antiga Rectoral de Gundivos.
Amais outros xoves do concello se adican a oleria noutras parroquias de Sober

Sirva esta pequena nota como HOMENAXE sinceiro a "O Ventura"


22/1/08

CAPTURAN SETE ZORROS EN PROENDOS NA PRIMEIRA XORNADA DE CAZA



O pasado domingo día 20 de Xaneiro (día de San Sebastian), unha pandilla de cazadores, socios do coto de caza de Sober, capturaron un total de sete raposos (zorros) nunha pequena area da Parroquia de Proendos, concretamente na zona entre o campo da festa, Vilastrille, Froxan e Mer.

De todos é sabido que nos últimos meses a cantidade de zorros no concello de Sober aumentou moito. Para nós o zorro e un animal fermoso e apesares do dano que poida facer, cremos que deberían de controlarse as batidas. Non é facil que se acaben pero pode ser que abatan demasiados exemplares e voltemos a pasar uns anos con moi poucos exemplares polos nosos montes. Sabemos que os cazadores non estaran de acordo, pero cada un ten o seu pensamento.

De seguro que as batidas continuaran durante toda a tempada e que os cazadores iran peinado pouco a pouco diferentes zonas do concello. Xa informaremos ao final do número de exemplares que cairon durante o ano, que de seguro será estremadamente esaxerado.

28/12/07

O NOVO HOTEL "PALACIO DE SOBER" ¿SERÁ UNHA REALIDADE NO 2008?


No ano que xa chega, o novo Hotel de 5 estrelas Gran Luxo que se proxecta nas ruinas do antiguo Palacio de Sober será sen dubida un ano máis que importante. A empresa "Alvaher Promociones S.L." chegou a un acordo co departamento de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia no referente as obras a facer e estase somentes a espera do visto e prace correspondente por parte do departamento de Urbanismo da Consellería de Obras Públicas.

Nos últimos meses reparouse por completo o muro que cerra a finca, fixeronse traballos de limpeza nos restos da edificación e catas arqueoloxicas guiadas polo arqueólogo Iván Álvarez. Nas ultimas semanas os traballos centranse no axardinamento de todo o entorno do edificio. Proxectanse uns xardin impresionantes con lagos e fervenzas.

Para nos, do máis importante das obras e a recuperación da torre que foi derrubada no seu día perante a revolta irmandiña.

O foto de ordenador que figura nesta información mostranos como quedará a torre unha vez rematen as obras.

Na seguinte paxina podemos ver un interesante folleto publicado pola empresa e máis información detallada sobre as obras.

11/12/07

UNHA ARBORE DE NADAL CON MAIS DE MIL BOTELLAS ADORNA A PRAZA DO CONCELLO DE SOBER


O Nadal deu comenzo en Sober coa instalación dunha árbore de Nadal colocada na Praza do Concello e formada por máis de 1.000 botellas de viño -vacias- de tódalas adegas do Concello de Sober pertenecentes a subzona de Amandi dentro da D.O. Ribeira Sacra. Sen dubida a arbore está a chamar moito a atención dos viandantes e será un elemento decorativo destacado da comarca de Lemos nestas datas de Nadal.

En canto as actividades previstas para as datas de Nadal son as seguintes:

Concerto da Escola Municipal de Música e da Banda de Música de Sober o sábado 15 as 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura.

Concursos de postais, belens, poesía e decoración de balcons; información na Casa do Concello (Paula Abelleira).

Excursión para os rapaces ao centro de ocio Xovelugo.

Torneo de fútbol sete alevín Terras de Amandi -o sábado 29- .

Xornadas de tenis de mesa e voleibol dende o día 2 ao 4 de Xaneiro.

Haberá tamen unha visita de Papá Noel, o 15 de dicembro aproveirando o concerto da Escola e Banda de Música.
Nota.- Na foto de Ana Rodriguez de La Voz de Galica en Monforte, vemos un momento da colocación de botellas na arbore da Praza do Concello de Sober.

3/12/07

AS MATANZAS TRADICIONAIS CHEGAN A SEMANA PRINCIPAL CON IMPORTANTES NOVIDADES

As matanzas domiciliarias tradicionais chegan nesta semana do ponte da Inmaculada e da Constitución a súa semana grande. No concello de Sober, dende finais de Novembro, e coincidindo cos fins de seman principalmente se celebran matanzas nas casas; pero ésta, semana é a principal do ano.


O certo e que cada ano son menos as familias que fan a sua matanza na casa. Por unha banda, os novos non acostuman a cebar os porcos como fixeron sempre os nosos pais e abos, e por outro lado a comodidade de sacrificar nun matadoiro, son causas que fan mermar o numero de marraus que se matan na casa.



O Pasado domingo o xornal "La Voz de Galicia", publicaba un amplo reportaxe feito no noso concello que titulaba:



"SACRIFICAR EL CERDO A CUCHILLO SERA OBJETO DE SANCION"







Podemos ver a noticia completa nos seguintes enlaces:



www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368746.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368696.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368747.htm
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368748.htm

As fotografias son de ALBERTO LOPEZ.