28/12/07

O NOVO HOTEL "PALACIO DE SOBER" ¿SERÁ UNHA REALIDADE NO 2008?


No ano que xa chega, o novo Hotel de 5 estrelas Gran Luxo que se proxecta nas ruinas do antiguo Palacio de Sober será sen dubida un ano máis que importante. A empresa "Alvaher Promociones S.L." chegou a un acordo co departamento de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia no referente as obras a facer e estase somentes a espera do visto e prace correspondente por parte do departamento de Urbanismo da Consellería de Obras Públicas.

Nos últimos meses reparouse por completo o muro que cerra a finca, fixeronse traballos de limpeza nos restos da edificación e catas arqueoloxicas guiadas polo arqueólogo Iván Álvarez. Nas ultimas semanas os traballos centranse no axardinamento de todo o entorno do edificio. Proxectanse uns xardin impresionantes con lagos e fervenzas.

Para nos, do máis importante das obras e a recuperación da torre que foi derrubada no seu día perante a revolta irmandiña.

O foto de ordenador que figura nesta información mostranos como quedará a torre unha vez rematen as obras.

Na seguinte paxina podemos ver un interesante folleto publicado pola empresa e máis información detallada sobre as obras.

21/12/07

"PINGADOURO" EDITOU O ALMANAQUE DE SOBREMESA "SETAS E PRANTAS DAS TERRAS DO AMANDI"




A Agrupación Micoloxico-Naturalista "PINGADOURO", publicou o almanaque de sobremesa "Setas e Prantas das Terras do Amandi", un fermoso volume con fotos de Lois Dapena de "Os Lactouros" de Monforte que xa se habia sacado a luz en tres ocasións anteriores. A identificación de especies foi feita igualmente por Lois Dapena, un xenio no mundo da micoloxia e as prantas.


O calendario para 2008 conten fotos de seis setas e seis prantas recollidas todas elas en lugares do concello de Sober. Na portada aparece unha fotografía do espectacular Carballo de Penademiro en Vilaescura.


Cada seta ou pranta que figura, aparece co seu correspondente nome cientifico e nome en galego, de telo.


O calendario e un agasallo de nadal que fai a Agrupación Micoloxica de Sober. As persoas interesadas poden chamar o 610054013 ou pedirllo a Luis Guitian e faraselle entrega de forma gratuita.


As setas que aparecen nesta ocasión foron todas recollidas en Anllo Santo Estevo e son:


Liophyllum funosum


Lactarius hepáticus


Calocera viscosa


Tricholoma portentosum (Tortullo en galego)


Tricholoma saponaceum (Xabroneira)


Amanita singeri.




En canto ás prantas, apublicación recolle:


Quercus robur (Carballo), nestecaso como disemos o de Penademiro.


Dipsacum fullonum (Cardencha)


Dactylorhiza maculata (Sóo)


Digitalis purpurea (Estralotes , Estalos ou Campaniñas)


Verbascum pulverulentum (Sabane)


Ruscus aculeatus (Xilbarbeira)


Crucus serotinus (Tollemenrendas)




A publicación contou coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
Nota.- Nas fotos podemos ver os Estalotes e o Tortullo; duas das especies que se recollen na publicación.


12/12/07

INTERESANTE XORNADA SOBRE MICOLOXICA EN EXPO-LEMOS




Organizada pola Consellería do Medio Rual a traves da SOCIEDADE COMARCAL está previsto facer unha “XORNADA SOBRE MICOLOXÍA” no Centro Comarcal de Lemos o sábado 15 de Decembro.
Trataranse diversos aspectos para un mellor aproveitamento dos cogumelos como recurso para o desenvolvemento rural.
Os cogumelos son en Galiza moito máis ca un froito da terra, e aínda así precisan dun mellor coñecemento para unha mellor valorización deste produto, finalidade que se pretende acadar coa celebración desta xornada.
Ben é certo que noutras partes da península, os cogumelos gozan dunha mellor posición, polo que é necesario afondar nos motivos que provocan esta situación para dar os pasos necesarios e que en Galiza se leva a cabo o mesmo proceso.
Entre os ponentes están Xosé Posada, Fernando de la Peña, Marisa Castro, Francisco de ana Magán, Xesús Quintas ou Antonio David García entre outros.
Esta xornada pretende ser un punto de encontro para entender a micoloxía como un recurso máis do monte, dentro da súa multifuncionalidade, e unha posible aposta de futuro de determinandas zonas como unha das ferramentas de desenvolvemento no mundo rural
Ao longo da xornada intentarase dar unha visión global do mundo micolóxico dende distintos achegamentos, tratando entre outros contidos a situación dos cogumelos en Galiza, a súa relación ca sociedade, proxectos vinculados ao desenvolvemento rural, a micorrización, o turismo micolóxico, a comercialización, a industrialización a súa divulgación e o mundo asociativo.
Esta xornada será nas dependencias do Centro Comarcal Terra de Lemos, N120, Km 519, (dirección ponferrada) en Monforte.
A inscripción e totalmente gratuita.


Varios membros da Asociación Micoloxica "PINGADOURO" de Sober confirmaron a sua asistencia as xornadas.


Todos aqueles interesados poden poñerse en contacto co persoal do centro no 982 416 046 ou ben no correo cctlemos@comarcasdegalicia.com.


información detallada no seguinte enlace:

11/12/07

UNHA ARBORE DE NADAL CON MAIS DE MIL BOTELLAS ADORNA A PRAZA DO CONCELLO DE SOBER


O Nadal deu comenzo en Sober coa instalación dunha árbore de Nadal colocada na Praza do Concello e formada por máis de 1.000 botellas de viño -vacias- de tódalas adegas do Concello de Sober pertenecentes a subzona de Amandi dentro da D.O. Ribeira Sacra. Sen dubida a arbore está a chamar moito a atención dos viandantes e será un elemento decorativo destacado da comarca de Lemos nestas datas de Nadal.

En canto as actividades previstas para as datas de Nadal son as seguintes:

Concerto da Escola Municipal de Música e da Banda de Música de Sober o sábado 15 as 8 da tarde no auditorio da Casa da Cultura.

Concursos de postais, belens, poesía e decoración de balcons; información na Casa do Concello (Paula Abelleira).

Excursión para os rapaces ao centro de ocio Xovelugo.

Torneo de fútbol sete alevín Terras de Amandi -o sábado 29- .

Xornadas de tenis de mesa e voleibol dende o día 2 ao 4 de Xaneiro.

Haberá tamen unha visita de Papá Noel, o 15 de dicembro aproveirando o concerto da Escola e Banda de Música.
Nota.- Na foto de Ana Rodriguez de La Voz de Galica en Monforte, vemos un momento da colocación de botellas na arbore da Praza do Concello de Sober.

BO NADAL DENDE O BALCON DO SIL



Fai xa uns anos que acostumo felicitar o Nadal cun poemiña de "colleita propia", tal e como facian en tempos grandes poetas e escritores; o último deles o benquerido e sempre recordado Manuel Maria.

Sabendo das miñas limitacións poéticas -creo que como moito son un escribidor de versos-, fixen para éste ano o seguinte:




DOCE BADALADAS


Ó ALUMEAMENTO DA VIRXE




O frío e a neve non nos fan tremar.


Os días agora xa están a medrar.


Unha boa nova veñen de anunciar.


No ceo unha estrela anda a escintilar.


Tres Magos cabalgan con firme trotar.


Xosé, o carpinteiro, parou de serrar.


María, súa dona, a luz vai a dar.


Éste alumeamento dará que falar.


O neno que naza, ven pra nos salvar.


Cantigas galegas debemos cantar.


Con viño de Amandi temos que brindar.


É festa no mundo. ¡Hai que a celebrar!.


Luis F. Guitian.

5/12/07

O CONSERVATORIO DE OURENSE LEMBRA AO COMPOSITOR ANGEL BARJA NO 20 CABODANO DO SEU PASAMENTO


O Departamento de Normalización Linguistica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, fara o próximo Mártes 18 de decembro ás 8 da tarde na sala de Organo, un sinxelo acto de lembranza do compositor ourensano Angel Barja ao cumplirse este ano o 20 cabodano da sua prematura morte. Barja está considerado un dos mellores compositores do estado español no seculo XX cunha more de premios de caracter internacional e máis de 500 obras escritas. Sen dúbida, e Barja un compositor admirado internacionalmente e caseque esquecido en Galicia, polo tanto tamen en Ourense, a sua terra natal. Pensamos que éste é un acto de xustiza. Ao tempo é unha actividade humilde - igual ca vida do propio compositor-.


O acto que terá lugar no Conservatorio de Ourense constará dunha pequena actuación da profesora de Organo Marisol Mendive e do coro Capela Madrigalista de Ourense en ambos casos con obras de Angel Barja e unha conferencia a cargo do musicologo Luis Costa.
Ao acto espera a asistencia de familiares de Barja, o Alcalde de Vilardevós, o Delegado de Cultura en Ourense e outras autoridades locais.

LUIS COSTA
Luís Costa é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999) e acadou o doutoramento na área de Música (USC, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director dende 2006. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado máis de unha trintena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colecticvas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea. É membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, e do Consello da Cultura Galega, desde 2000.

ANGEL BARJA IGLESIAS
Naceu en Santa Cruz de Terroso-Vilardevós o 5 de Outubro de 1938. Ós 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). No 1951 ingresou na Congregación dos PP. Redentoristas, dando comezo a súa actividade como compositor de música coral, xenero que chegou a abarcar máis da metade da sua extensa obra, que chega os 500 títulos. No 1967 trasladouse a Italia para ampliar a sua formación musical. Coa mesma finalidade viaxou por Austria e Suiza. A sua volta de Roma faise cargo da Capilla Clásica de Léón coa que da máis de 200 concertos en 15 anos. No 1978 asentase definitivamente en León, donde contrae matrimónio con Begoña Alonso. Logo intensificou a sua actividade musical: compondo música para piano, órgano, orquestra de cámara, orquestra sinfónica, música para nenos, e harmonizando un sinfín de melodías, moitas delas galegas.
Foi profesor de Harmonía, Formas Musicais e Conxunto Coral no Conservatorio de León. Ao tempo imparte numerosos ciclos de conferencia sobre música. No 1985 ingresa no corpo de Profesores de música de Bacharelato. Finou o 12 de Febreiro de 1987, poucos días dempois de ser nomeado “Leonés del año” e Fillo adoptivo da cidade de León.
Recibiu numerosos premios; entre outros, o Premio Nacional de Composición Polifónica pola sua obra Madrigal, Internacional de Composición Organística, Internacional de Composición Polifónica de Tolosa, Nacional de Composición de Zamora, Composición Coral de San Vicente de la Barquera, Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada ou Internacional Ciudad de Segorbe.

3/12/07

AS MATANZAS TRADICIONAIS CHEGAN A SEMANA PRINCIPAL CON IMPORTANTES NOVIDADES

As matanzas domiciliarias tradicionais chegan nesta semana do ponte da Inmaculada e da Constitución a súa semana grande. No concello de Sober, dende finais de Novembro, e coincidindo cos fins de seman principalmente se celebran matanzas nas casas; pero ésta, semana é a principal do ano.


O certo e que cada ano son menos as familias que fan a sua matanza na casa. Por unha banda, os novos non acostuman a cebar os porcos como fixeron sempre os nosos pais e abos, e por outro lado a comodidade de sacrificar nun matadoiro, son causas que fan mermar o numero de marraus que se matan na casa.



O Pasado domingo o xornal "La Voz de Galicia", publicaba un amplo reportaxe feito no noso concello que titulaba:



"SACRIFICAR EL CERDO A CUCHILLO SERA OBJETO DE SANCION"







Podemos ver a noticia completa nos seguintes enlaces:



www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368746.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368696.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368747.htm
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368748.htm

As fotografias son de ALBERTO LOPEZ.



HOMENAXE A GERMAN LOPEZ QUIROGA


O ex-ferroviario e escritor Germán López Quiroga, vinculado familiarmente a parroquia soberina de Vilaescura, será homenaxeado o próximo día 8 de Decembro polo colectivo "Poetas da Riberia Sacra". Éste colectivo, do que forma parte moi activa o propio Xermán está presidido polo Poeta de Montefurado Pepe Pol e ten como secretaria e principal impulsora deste evento a María Jesus González (Alba Lara).


Os actos previstos son os seguintes:

Ás 12 da mañá : recital no Salón de actos da Casa da Cultura de Monforte; de seguido actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.
Ás 14:00 : actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos no restaurante Don Manuel.
Ás 14:30 : Xantar, entrega de agasallos e actuación do grupo Folk de Sober "O Trícole".

Interveñen no recital: Pepe Pol, Margarita Rodriguez Otero, Ana Arias Saavedra, Ana Mª Gamallo, Isabel de Santiorxo, Francisco J.R. Aldeguería, Pilar Cambón, Mar Sabater, Rosa García Machado, Alfonso Campos, Luis Guitian, Marcedes Moreno, Cristina Mejías, Alba Lara (Mª Jesús), Enma Fernández e Ramón R. Porto.
Colaboran co acto os Concellos de Monforte, Sober e O Saviñao e Consello Regulador da Ribeira Sacra.
As invitacións poden collerse ata o día 5 de Decembro en Caixa Galicia (Cardenal) , La Fraternal, Centro Recreativo do Saviñao e Restaurante Don Manuel.

23/11/07

SOBER É O CONCELLO MÁIS ENVELLECIDO DE ESPAÑA



O concello de Sober, figura como o concello máis envellecido de España según un estudo feito pola fundación BBVA que foi dado a coñecer moi recentemente. Este estudo fala unicamente de concellos do estado con máis de 2000 habitantes polo que non aparecen outros concellos galegos ainda máis envellecidos que Sober como é o caso de Ourol (Lugo), ou A Teixeira e Parada do Sil (Ourense).

No estudo presentado pola fundación BBVA titulado "Actividad y territorio: Un siglo de cambios", aparecen datos moi importantes, pero no referente a idade da poboación, reflexase que os quince concellos maiores a 2000 habitantes máis envellecidos de España son todos galegos e por este orde:
Sober, O Irixo, Patón, Ramirás, A Pobra do Brollón, Cartelle, Castrelo de Miño, O Saviñao, Vilardevós, O Incio, Muiños, Baños de Molgas, Bande, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Ambía.
Como se observa son concellos do interior de Lugo e Ourense.

En concreto o 47,35% do censo de Sober supera os 65 anos. No caso dos nosos veciños de Pantón o 44,93% son os que figuran nesa franxa.
Case podemos chegar a conclusión de que amáis de ser o máis envellecido do estado español e dos máis envellecidos do mundo debido a que España é dos paises máis envellecidos de Europa e Europa o continente máis envellecido do mundo. Segun diversos estudos nun prazo de 20/25 anos España será o país máis envellecido do planeta (si existe o planeta). Logo Sober será o lugar máis envellecido do mundo (si existe Sober). Esperemos que sí e que sexa lider noutros ránkins.

Non podemos considerar a noticia positiva, nin moito menos; pero si ten algo de ben diremos que é unha sorte contar no noso concello con media ducia de centenarios e varios centos de persoas que superan os 85 anos eso significa que a xente nova ten moi de preto fontes de sabiduria das que deberiamos aprender.
Fai moi poucos día a aboa do concello cumprio 104 anos. JULIA PEREZ RODRIGUEZ, veciña de Francos de Proendos cumpriu a mediados do presente mes 4 anos por encima do centenar.
Queremos felicitar a Julia e a súa familia por tan importante nova.

22/11/07

A BANDA DE MUSICA DE SOBER FESTEXA A SUA PATROA SANTA CECILIA


Como cada ano en datas próximas a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, Sober prepara diversas actividades para conmemorar a data.

A Banda de Música de Sober ten preparado un programa que se inicia o domingo día 25 cunha misa na hona de tódolos músicos finados e que se celebrará ás 12 da mañá na Igrexa Nova de Sober.

Para o sábado 1 de decembro preparase unha proxeción cinematográfica:

("Unha noite na ópera" cos irmáns Marx) no auditorio da Casa da Cultura ás 7,30 da tarde e remataranse os actos cunha cea no RESTAURANTE PARQUE de Monforte ás 9 e media da noite.

As persoas interesadas en asistir a cea poden retirar as súas invitacións pondose en contacto con membros da Banda de Música de Sober ou chamando o tlf. 637502035 (Paula)

20/11/07

MILLAN FESTEXARA A CONCEPCION O 8 E 9 DE DECEMBRO


A parroquia de San Nicolás de Millán ten perfilado o seu programa de festas na honra da Purísima Concepción para os días 8 e 9 de Decembro.
Este ano o programa presenta importantes novidades con respetoa anos anteriores.

O día 8, xornada principal dos festexos haberá actividades relixiosas coa correspondente procesión pola mañá. Logo a orquestra FIN DE SIGLO animará a sesión vermú e pola tarde haberá baile ata a noitiña. Logo unha chocolatada gratuita será obsequiada a todolos asistentes para continuar coa verbena cao aorquestra FIN DE SIGLO.

O Domingo día 9 haberá novamente de mañá actos relixiosos e sesión vermú.
Pola tarde noite a baile será amenizado pola orquestra BLUE STAR.
Non faltaran os fogos artificiais.

Coas festas de Millán rematase o ano festivo do concello de Sober, a espera do que suceda en Rosende. A parroquia de San Miguel de Rosende amais de festexar en Setembro ao seu patron celebra moitos anos deiversas actividades ludicas e musicais na honra de Santa Lucia.

16/11/07

GARY KUPA: UN MUSICO INGLES EN SOBER




Gary Kupa e un extraordinario musico ingles que fai xa un lustro que se asentou en Sober. Concretamente reside en HORTAS-Anllo Santo Estevo.



Gary Kupa e un fenomenal guitarrista e domina a armónica coma un autentico virtuoso.



A sua musica e tipo blues ainda que fai baladas fermosas e un rock moi doado de escoitar



Fai anos e a petición de Eduardo Alvarez (ALVAPER), compuxo unha moi fermosa canción adicada o VIÑO DE AMANDI.



Gary con asiuidade toca co grupo ourensan MITOCONDRIAS.



Sen dubida unha sorte para os veciños de Sober de contar con xente como GARY KUPA.



Gary actua con frecuencia en Sober en "A BODEGUILLA DE MARCE", na praza do Toural. Sen dubida é moi recomendable asistir a algunha das suas actuacións.


En Onda Lemos Dixital, podemos de cando en vez escoitar temas de Gary Kupa, entre eles a fermosa canción que adicou o VIÑO DE AMANDI.

UN DUO DE ACORDEONS CERRA ESTE SABADO 17 DE NOVEMBRO O CICLO "MUSICA NO OUTONO"



O DUO DE ACORDEÓNS formado por Iñaki Alberdi e Iñigo Aizpiolea- actuará éste Sábado 17 de Novembro ás 20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober, dentro do ciclo "MUSICA NO OUTONO", que organiza XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER. Con este concerto cerrase un ciclo de tres concertos de unha talla musical impresionante.
O duo deste sábado foi constituido en 1998, actuou no Festival de Música e Danza de Granada, Festival Belef de Belgrado e Kragujevac (Servia-Montenegro), Instituto Cervantes, Tianjin International Accordion Festival (China), Festival Internacional de Música de Kokkola (Finlandia), Royal Academy of Music de Londres, Residencia de Investigadores CSIC-Generalitat de Catalunya e Quincena Musical de San Sebastián entre outros.
Actualmente contan coa edición do disco "Colección Nº 8 Juventudes Musicales de España" grabado tras ganar ambos o Primeiro Premio no Certame Permanente de Xóves Intérpretes de JJMM de España (Valladolid 1996).
Traballan activamente con compositores como Stockhausem, De Pablo, Torres o Guinjoan contribuindo asi a labor de difusión e ampliación do repertorio para dúo de acordeón.
Iñaki Alberdi. A sua formación realizaa no Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos (Hondarribia), The Russian Academy of Music (Moscú) e The Sibelius Academy (Helsinki), periodo perante o que obtien o primeiro premio en diversos concursos como a Coupe Mondiale, o Certame Internacional de Moscú e Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes. Traballou con diferentes orquestras como a ORTVE, a Joven Orquesta Nacional de España, "Symphony Orchestra of the Russian Ministery", "Real Filarmonía de Galicia", "Orquesta Nacional de Andorra", "Orquesta Sinfónica de Euskadi", "Orquesta Sinfónica de Bilbao", "Barcelona Sinfonietta" ou "Orquesta Ciudad de Málaga" e con directores da talla de Adrían Leaper, Josep Pons, Cristóbal e Pedro Halffter, Juan José Mena ou José Ramón Encinar. No 2005 saca ao mercado o disco "Música de Cámara Actual – Iñaki Alberdi, acordeón" co selo VERSO, onde recolle obras de Jesús Torres, Gabriel Erkoreka, Zuriñe F. Gerenabarrena, José Mª Sánchez-Verdú, Ramón Lazkano e David del Puerto. O seu traballo e adicación teñen como recompensa a participación en Festivais e escenarios como: Auditorio Nacional, L´Auditori de Catalunya, Quincena Musical de San Sebastián, Auditorio Baluarte de Pamplona, Festival de Música e Danza de Granada, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Teatro Monumental de Madrid, Temporada de Euro Radio e Radio Nacional de España, The Kingston University, Mostly Modern Contemporary Music of Dublin, Duke Sale of London, Schauspielhaus de Viena ou Teatro de la Ópera de El Cairo, así como en Festivais de Moscú, Strasburgo, Portugal, Helsinki e Roma entre outros.
Na actualidade e profesor de acordeón na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e no Centro Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE). No 2005 realiza o estreno absoluto do concerto para acordeón de Jesús Torres no Auditorio Nacional xunto a Orquestra da Comunidad de Madrid.
Iñigo Aizpiolea. Nace en Irún no ano 1978. Estuda con Amaya Liceaga e Thierry Paillet (Francia) no "Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos". Realiza cursos de perfeccionamento con Jacques Mornet, profesor e director de la I.E.D.M. de Thor (Francia) e Friedrich Lips, profesor da "Russian Academy of Music" (Moscú). Consigue a máis alta calificación no Recital Certificate de la "Guidhall School of Music & Drama" de Londres. Participou nos máis prestixiosos certámes nacionais e internacionais obtendo el Primeiro Premio no Certamen Nacional "Gipuzkoako Akordeoi Lehiaketa" (Mondragón 1989, 1990 e 1993), no "Internationalen Akkordeon Wettbewerbes Klingenthal" (Alemania 1990, 1992 e 1995), no Certamen Permanente de Jóvenes Intérpretes (Valladolid 1996), no Certamen Internacional "Arrasate Hiria" (España 1997) foi laureado no Certamen Internacional "Coupe Mondiale" CIA-IMC UNESCO (Francia 1994). No 2001 saca a luz a sua primeira grabación en colaboración con Juventudes Musicales de España. Ofreceu concertos no "Festival de Música e Danza de Granada", "Rencontre European d´Accordeon" (Chartres), Festival Internacional de acordeón clásico de Vilnius (Lituania), "Quincena Musical de San Sebastián", "Ciclo de Música Electroacústica" (Vitoria), Festival Internacional de acordeón clásico de Kragujevac (Yugoslavia), Experimenta 21, "Fiesta de la Música" (Barcelona), Auditorio Nacional, "Conservatoire National Superieur de Musique et Danse" (París), Salle Cortot (París), "Juventudes Musicales de España", EMCY, Orquesta de la Fundación de Música de Irún, Radio Nacional de España, Radio France, Radio Euskadi, ETB, ...

Programa do concerto en SOBER:
"Transfiguracion"
Jesús Torres
"Tres Pezas"
Luís de Pablo
"Veran Porteño"
Astor Piazzolla
******
"Fantasía do trencadís"
Joan Guinjoan
"Mimètic"
Albert Sardá
"Petrouschka"
Igor Stravinsky

15/11/07

ONDA LEMOS DIXITAL A "NOSA" EMISORA DE RADIO NO 107.6 da F.M.


Onda Lemos Dixital é a nova emisora de radio da comarca de Lemos, que emite dende fai meses no 107,6 da F.M.

A nova emisora ten os seus estudios centrais na capitalidade municipal de Sober, na rua de Proendos número 1. O responsable da emisora é EDUARDO ALVAREZ PEREZ; unha persona sempre namorada do mundo da radio que xa andivo noutras experiencias no mundo das ondas.

A nova emisora está xa consolidada e ten unha moi ampla e variada programación as 24 horas do día.

Pode comunicarse via e-mail ondalemos@hotmail.com, ou enviar mensaxes ao 600392864.

ONDA LEMOS DIXITAL fai tódolos dias de luns a venres un magazin matinal de información comarcal chamado "DE TODO UN POUCO".
Animarse a escoitar ONDA LEMOS DIXITAL no 107,6 da F.M.

13/11/07

AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE SOBER CUMPRIRON OS SEUS OBXETIVOS




Un ano máis Sober foi escenario dunhas xornadas adicadas o fascinante mundo da micoloxía. As actividades que organizou a Asociación Micoloxico-Naturalista "PINGADOURO", foron seguidas por numeroso publico, especialmente a conferencia maxistral que o profesor e veterinario lucense JULIAN ALONSO ofreceu na tarde-noite do sábado baixo o titulo "A ECOLOXIA DO MUNDO DOS FUNGOS". Foi unha charla moi interesante e amena que agrdadou moito a todolos asistente. Ao remate da charla os asistentes degustaron diferentes pratos elaborados con setas -compradas por suposto, debido a que no campo non se atopa caseque ningunha-.

Como curiosidade decir que o xoves fixose unha saida o campo cos alumnos da Escola de Hostalería de Rosende e en menos de duas horas atoparonse caseque 30 especies distintas, se ben de pouca calidade. Ese día amais da saida o campo guiada por LOIS DAPENA de Os Lactouros, MARI LUZ MARTINEZ deu unha charla tirulada "COCIÑA DOADA CON COGUMELOS". O venres os nenos do Colexio de Sober sairon o campo guiados polo presidente de Os Lactouros RAMON DIAZ.

"PINGADOURO" fundouse en 1986 e caseque ningun ano faltou coa cita do outono en Sober.
NOTA.- Na foto podemos ver un Boletus Edulis (habitual nos montes de Anloo Santo Estevo).

FALECEU O COMPOSITOR FELISINDO PEREZ SEARA


Aos 80 anos de idade e tras unha moi curta doenza, o compositor ourensan FELISINDO PEREZ SEARA faleceu o pasaddo día dez. Foi incinerado o día de San Martiño e o día 12 na Igrexa da Trinidade da capital ourensana celebraronse os actos de funeral.

A misa foi acompañada por un grupo de clarinetes amigos do finado.

Felisindo foi un gran compositor de musica para banda, cerca de un cento de composicións deixa escritas. Nos ultimos anos escribia con ordenador utilizando o programa encore - algo insólito nunha persoa da sua idade-. Iso fixo que a sua obra se vira notablemente incrementada nestes últimos anos de vida.

A xente de Sober, principalmente os musicos debémoslle a xota "VIÑO DE AMANDI", que compuxo desinteresadamente e que se interpretada asiduamente por moitas bandas galegas.

A Banda de Sober ten no seu repertorio moita musica de Felisindo Pérez (Banda Galega, Meus Amigos, Volvoreta ou Viño de Amandi son varios exemplos).
Felesindo era natural de A Mezquita, no concello ourensan de A Merca e habia sido director de bandas como as de A Mezquita, Allariz, Sobrado de Obispo, A Manchica, Bande ou Lobios.
Amais de adicarse a musica foi un empresario exemplar fundara en Ourense a empresa "Ferreteria A Mezquita", que logo se convertiu en "TABLEROS A MEZQUITA", hoxe en día rexentada por seus fillos e completamente asentada no sector.

Nota.- Na imaxen parte dun programa de un concerto homenaxe que a Banda Municipal de Ourense fixo a Felisindo Pérez e Alejandro del Río no 2002 co motivo do 75 cumpreanos de ambolos dous.

O CONCERTO DE CHELO E PIANO: IMPRESIONANTE

O concerto que o pásado sábado día 10 se celebrou en Sober dentro do ciclo "MUSICA NO OUTONO" de Xuventudes musicais de Sober, foi un rotundo éxito. Asistimos a un magnifico recital onde os interpretes demostraron un nivel de matricula de honra.

É certo que todolos concertos organizados en Sober a traves de Xuventudes Musicais son de unha calidade e un nivel interpretativo especiais, pero o do pasado sábado -quizais pola fermosura do intrumento solista (o violonchelo)- foi o mellor ou estivo entre os tres mellores dos celebrados ata o de agora.

Na noticia da semana deste blog podemos ler o curriculun vitae dos interpretes e o programa que nos ofreceron en Sober.

Por certo Sober e o único pobo de Galicia que pode disfrutar destes concertos de Xuventudes Musicais, debido a que somentes hau duas asociación en Galcicia e a de Vigo está actualmente inoperativa

8/11/07

CONCERTO DE CHELO E PIANO NO "OUTONO MUSICAL" DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER


Como estaba previsto, o sábado día 10 ás 7,30 da tarde, o Centro Sociocultural de Sober acollerá o segundo concerto do ciclo "OUTONO MUSICAL", que organiza Xuventudes Musicais de Sober.

FERNADO ARIAS (Violonchelo) e MIGUEL ANGEL ORTEGA CHAVALDAS (Piano), ofreceran un recital con obras de Beethoven, Turina, Gaspar Cassadó e Cesar Franck.

Os interpretes son artistas de primeiro nivel e de seguro que faran pasar un bó rato de disfrute musical.

Fernando Arias. Violonchelo
Nacido en Madrid no 1987, estudia teoría musical e violonchelo na Academia CEDAM e no Conservatorio de Ferraz (Madrid). Continuou os seus estudios de instrumento con Ángel Luis Quintana.
Recibiu clases maxistrais de violonchelo de Tomasz Strahl, D. Cole, Richard Aaron, Miklós Perenyi, P. Muller, Ivan Monighetti e Frans Helmerson, entre outros.
Obtivo o Primeiro Premio de Grao Medio ao mellor grupo instrumental no 2º Certame Musical Intercentros Hazen, o Primeiro Premio do 7º Concurso Nacional de Violonchelo e o Gran Premio do Concurso da Deputación de Toledo ao mellor instrumentista de corda en 2002.
No 2006 obtivo o Segundo Premio do Concurso Internacional de Violonchelo de Liezen (Austria) e o Primeiro do Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España.
Como integrante de diversos grupos de cámara tivo como profesores a R. Schmidt e Marta Gulyas, e recibiu clases maxistrais de Walter Levin, V. Hagen e Ralf Gothoni.
Actualmente completa a sua formación na cátedra SONY de violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía con Natalia Shakhovskaya. Ao mesmo tiempo, disfruta dunha beca de matrícula e instrumento da Fundación Albéniz e da Conselleria de Educación da Comunidade de Madrid.

Miguel Ángel Ortega Chavaldas. Piano
Iniciou os seus estudios musicais nas Illas Canarias, onde naceu. Máis tarde trasladase a Córdoba, con Almudena Cano, e a Madrid, donde obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira.
Posteriormente, e becado polo Goberno Autónomo de Canarias e polo Cabildo Insular de Gran Canaria, ampliou os seus estudios no Conservatorio Sweelink de Ámsterdam (Holanda) e na Academia Franz Liszt de Budapest (Hungría). Alí estudia con István Gulyas, Katalin Némes, Marta Gulyas, György Kurtág e András Mihály.
Dende o ano 2000 e profesor pianista acompañante da cátedra de violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía, cuia titular e Natalia Shakhovskaya. A vinculación con este centro permitiulle acompañar a maestros como Natalia Gutman, Mihail Kohmitzer, Ivan Monighetti, Kim Scholes, Bernard Greenhouse ou Philippe Müller, entre outros. Destacan tamén as suas xiras por Vietnam e Tanzania e a sua grabación para SONY e RNE.
Foi ganador de diversos concursos e desenrrola una intensa actividade camerística. Institucions como a JONDE, a Fundación Juan March ou os cursos de Alcalá de Henares reclamaron os seus servicios.
Actuou por toda Europa e por Estados Unidos, e grabou para TVE, a RTV Húngara e o Canal NHK de Japón.
Ofrece cursos de piano e música de cámara en diferentes centros i é profesor do Conservatorio Profesional de Guadalajara e da Escola de Veran para Xóves Músicos de Lucena (Córdoba). Incorporouse ao Conservatorio Superior de Zaragoza como especialista en piano e música de cámara no 2002.


Programa do concerto en SOBER:


Ludwig van Beethoven (1770-1827):
Variaciones sobre Bei Mannern, welche Liebe fuhlen,
de la ópera Die Zauberflote de Mozart, WoO46 (1801)

José Luís Turina (1952):
En volandas, para violonchelo solo (1982)

Gaspar Cassadó (1897-1966):
Requiebros (1925):
Allegro con moto


***

César Franck (1822-1890):
Sonata para violonchelo y piano, en la M (1886):
Allegro ben moderato
Allegro
Recitativo fantasia. Ben moderato
Allegro poco mosso


PROXIMO CONCERTO:

Sábado 17 de Novembro:
IÑAKI ALBERDO e IÑIGO AIZPIOLEA (Dúo de Acordeons).

6/11/07

XORNADAS MICOLOXICAS EN SOBER OS DÍAS 8,9 E 10




As Xornadas Micoloxicas de Sober iniciadas o 8 de Novembro con actividades na Escola de Hostelería de Rosende (unha saida o caompo guiada por Lois Dapena e unha charla de cociña a cargo de Mari Luz Martinez), continuan o 9 con actividades para os nenos do colexio Virxe do Carme ( unha saida guiada por Ramon Diaz e unha identififcación de setas).
O sábado 9 remataran as xornadas con unha saida o campo, un concerto de Violonchelo e Piano ás 7,30 da tarde, unha charla a cargo de Julian Alonso da asociación "Lucus" ás 8,30 da tarde e unha degustación de setas ás 9,15.
As actividades organizadas pola Asociación Micoloxica "PINGADOURO", iniciaronse en 1986, e case ningún ano faltaron a sua cita polo outono.
Nota.- Nas fotos podemos ver a "nosa" Zarrota (Macrolepiota Procera), en duas fases de crecemento.

5/11/07

FERMOSA EXCURSION A ORTEGAL, EUME E FERROLTERRA




Como estaba previsto o domingo 4 de Novembro, un grupo de case 40 persoas de Sober, viaxaron as comarcas coruñesas de Ortegal, Eume e Ferrolterra.

A viaxe organizada pola Agrupación Micoloxica "Pingadouro" foi a segunda da tempada de Outono e xa ten perfilados novos viaxes para a primavera o Macizo Central Ourensano, Taramundi e Ribadeo, Portugal ou Provincia de León.

O certo e que as viaxes teñen resposta de publico e a xente regresa contenta.

O pasado domingo os soberinos poideron ver de preto a chimenea da térmica de As Pontes, que con 350 metros é a edificación máis alta do estado español. Logo desplazaronse ata a capitalidade de Cariño (un dos concellos máis recentes de Galicia), tras visitar o cabo Ortegal (o km. 0 dos mares de Galicia - aqui se xuntan o Cantabrico e o Atlantico-, chegouse a meca dos galegos, Santo André de Teixido; este pequeno traxecto a traves da fesmosa Serra da Capelada, onde se atopan os cantís máis elevados de Europa.

A viaxe seguiu por Cedeira ata Narón (o oitavo concello máis poboado de Galicia). Aqui se xentou e pola tarde visitouse o que queda do antigo Mosteiro de San Martiño do Couto ou San Martiño de Xubia. Proseguise viaxe ata Pontedeume e fixose aúltima parada no fermoso Mosteiro de Monfero, xa nas orelas das Fragas do Eume.

Sen dubida, fermosa viaxe.
A pesar de todo:

¡¡QUE VIVA SOBER!!
Nota.- Nas fotos parte do grupo ante o cabo Ortegal e diante o Mosteiro de Monfero.

16/10/07

"PINGADOURO" VIAXA A FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL.




A Agrupación Micoloxica "PINGADOURO", fara este domingo 4 de Novembro a sua segunda viaxe, neste caso as comarcas de FERROLTERRA, EUME e ORTEGAL, no norte de A Coruña.
A saida farase dende a praza doConcello de Sober ás 9,15 da mañá.

A Excursión feita as Terras de Celanova o pasado día 14 de Outubro foi un éxito e xa se estan preparando novas viaxes ao Mazizo Central ourensano, a comarca do Deza ou as Terras de Avión, Beariz e O Carballiño.





Para este domingo 4 de Novembro, máis de 30 persoas, todos veciños do Concello de Sober, poderan ver de preto a Cheminea de As Pontes, O Cabo de Ortegal, a Serra da Capelada, Santo André de Teixido, as vilas de Cariño e Cedeira, os cascos vellos de Xubia e Pontedeume ou os mosteiros de San Martiño de O Couto en Naron e Santa María de Monfero no concello do mesmo nome.


Os lugares que se poderan ver de preto son a Central térmica de Endesa que conta coa chimenea máis voluminosa do mundo, o Cabo Ortegal, San Andres de Teixido, a Serra da Capelada, os mosteiros de San Mattiño de O Couto e Santa Maria de Monfero, as unha parte de as Fragas do Eume e as capitales municipais de Cariño, Cedeira e Pontedeume.


Nota.- Nas fotos podemos ver O CABO ORTEGAL, O MOSTEIRO DE O COUTO, O MOSTEIRO DE MONFERO, UN REGATO NAS FRAGAS DO EUME E A CHIMENEA DE AS PONTES.

8/10/07

CENTENARIO DO MESTRE TADEO GUITIAN


Para Maio de 2008 cumprense 100 anos do nacemento de Tadeo Guitian Alvarez, o inesquencible Mestre Tadeo. Para esa data celebraremos algun acto en lembranza do noso sempre querido e recordado mestre e director. Todo o que fagamos será pouco.
Tadeo Guitian Alvarez finou en Agosto do 1987 de forma inesperada.
Amais de director da banda de Sober habia rexentado un bar en Sober e foi xuiz de Paz.
O mestre Tadeo foi quizais a figura mais emblematica de toda a historia da Banda de Música de Sober.
No 1975 cando regresou de Madrid xuvilado José Ramon López Alvarez "Cuñas", entre ambos organizaron en Sober unha escola de Música coa axuda de Dositeo Guitian e Heriberto Pérez; xa na primeira promoción cerca de vinte educandos engrosaron as filas da banda de Sober e dende aquela todolos anos novos valores se incorporan a banda soberina.
Aqui mostramos unha foto de mediadas dos anos 60 cando Tadeo Guitian dirixia a Banda de Santa Cruz de Brosmos; naqueles intres non habia banda en Sober.

Sería a partir de 1975 ao sair a primeira promoción de xoves da escola de música cando se "roubou" o nome os de Santa Cruz e dende enton voltou a ser Banda de Sober.

2/10/07

A AGRUPACION "PINGADOURO" ULTIMOU O VIAXE AS TERRAS DE CELANOVA PARA O DOMINGO 14 DE OUTUBRO




Como xa habiamos anticipado a Agrupación Micoloxica "PINGADOURO" , organiza unha excursión a comarca de CELANOVA (Ourense). A día de hoxe todo está xa ultimado.

A viaxe será gratuita, cada participante terá que facerse cargo da sua comida, que se fará en Celanova; cada un no restaurante que queira.
Un dos princiapis motivos da viaxe é que o día 26 de Novembro de 2007 cumprense 1100 anos do nacemento de San Rosendo. Por este feiro a Santa Sé concedeu “Ano Xubilar” ata ese día. Os que se acerquen a Celanova nese periodo gañaran as “indulxencias plenarias” concedidas polo papa Bieto XVI.

A viaxe xerá Domingo, día 14 de Outubro de 2007.
Sairase das Casitas da Compañía de MONFORTE ás 8,30 da mañá. Farase unha parada en CANABAL (N-120), ás 8,40 e en FERREIRA (N-120) ás 8,45.

PROGRAMA DE VISITAS:

Concello de TOEN:



- Igrexa de San Pedro de Moreiras, con fermosa fachada barroca do XVII. Ten un doble campanario que chama moito atención.



Concello de BARBADAS:
- Pazo de Bentraces, do S. XV; reformado no XVII. Preto o pazo cruceiro do XVII.
- Igrexa de Santa Maria de Sobrado do Bispo, románica do principios do XIII, circundada de casas fidalgas dos séculos XVI-XVII. No outo da vila Casa da Mitra do S. XVI, foi residencia dos bispos de Ourense.
- Igrexa románica de San Martiño de Loiro, do XII, cunha moi fermosa fado.

Concello de A MERCA:
- No lugar de A Merca, moi interesante e conservado conxunto de cabaceiros (horreos), preto de medio cento. Interesante Cruceiro de Vilar.
- En A Mezquita. Igrexa de San Pedro, románica do S. XII, con interesante boveda de crucería. É monumento nacional e considerase a máis importante obra do romanico rural da provincia de Ourense.

Concello de CARTELLE:
- Santuario de As Maravillas (S. XVIII), situado nun fermoso entorno natural.
- Igrexa barroca de Santa Baia de Anfeoz (S. XVIII), destaca un interesante campanario e un fermoso peto de ánimas.
- Ponte de Freixo (no limite con Celanova, sobre o rio Arnoia). Ponte romana sen modificacions.
- Petroglifos de Freixo, conxunto de 5 gravados rupestres.

Concello de RAMIRÁS:
- Igrexa mosteiral de San Pedro. Romanica moi ben conservada con orixe no S.X.
- Igrexa de San Salvador de Paizás, románica do S. XII.

Concello de CELANOVA:
- Santa Eufemia de Milmanda:
Moi fermoso povo que conta con:
- Alcazar Medieval (orixe da actual Igrexa Parroquial)
- Peto de ánimas (dos máis grandes de Galicia)
- Conxunto de cabaceiros
- Casas con grandes balconadas e corredores.
- Duas igrexas; (a parroquial de Santa Eufemia, e outra barroca na honra de Santa María)
- Castromao: Castro dos de maior riqueza arqueolóxica (restos dos seculos VI a. de c. a II d. de c.) Foi excavado en diferentes epocas por Cuevillas, Ferro Couselo e García Rollán. Hai descovertas máis de 70 edificacións.
-Acevedo do Rio: Lugar de nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Moi preto peto de ánimas de Meson do Cavadoiro.
-CELANOVA (capital):
- Mosteiro de San Salvador (San Rosendo). Destaca o retabulo maior da Igrexa con columnas salomónicas, furnas con restos de San Rosendo e San Torcuato, dous coros con fermosa sillería, un moi interesante relicario e un organo restaurado que fan soar en caseque todalas misas (vale moito a pena escoitalo), dous claustros, …
- Na parte traseira do mosteiro (antiga horta) temos a capela de San Miguel (mozárabe do S.X).
- Na vila podemos visitar a Praza Maior, Rua da Botica, Alameda, Casa de Curros Enriquez (no número 37 da rua do mesmo nome).

-VILANOVA DAS INFANTES: Núcleo de orixe medieval no que destaca:
-Torre do Castelo (hoxe centro comarcal),
-Conxunto de cabaceiros.
-Casas fidalgas.
-Cristo medieval na Igrexa Parroquial.
-Santuario da Virxe do Cristal .Unha diminuta imaxe que se atopa nunha especie de ovo de cristal. (¡unha miragre!).
-Palco de musica
-Peto de ánimas.
-Ponte do Ribeiro e Ponte Fechas (citados polo P. Sarmiento no seu “viaje a Galicia de 1745”).
-Capela Santuario da Virxe da Armada, na parroquia de Rabal. Aquí celebrase unha das romerias de máis sona da provincia de Ourense.

Concello de A BOLA:

- Igrexa de San Munio da Veiga, románico-oxival do s.XIII, conta co sartego de San Munio na capela principal. Destaca un baldaquino gotico e un peto de ánimas no muro exterior .


NOTAS.-
-Ao estar en Terra de Poetas (Curros Enriquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Mendez Ferrin, …), caseque é obrigatorio recitar poemas en algunha das visitas.

-En Celenova hai varios Restaurantes. Os pratos máis caracteristicos son: Embutidos, Cocido, Lacon con Grelos, “Pata dos Poetas”, Licor Café e de Herbas , …

-Para apuntarse a excursión, debe de facerse antes do 11 de Outubro falando con Lois Dapena en Monforte (639738945) ou Luis Guitian en Sober (610054013)

1/10/07

CONCERTO DO TRIO DE CANAS ARUNDONAX






Organizado por Xuventudes Musicais de Sober, tal é como informamos fai uns días está programado un novo ciclo de concertos baixo o titulo "Musica no Outono". O primeiro será o sábado día 6 de outubro co trio de canas ArunDonax (oboe, clarinete e fagot).
O concerto será ás 8,15 da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural.

Trátase de musicos de primeiro nivel, gañadores de concursos a nivel internacional que de seguro faran pasar extraordinarias horas a todos os que desexen asistir os concertos. Como é habitual o concerto sera gratuito.

ArunDonax surxe da amizade de tres xóves músicos que tras experiencias musicais propoñen dar vida a un atractivo proxecto musical en común. Sendo unha das agrupacions máis consolidadas dentro da música de cámara escrita para instrumentos de vento, o trío de cañas e unha formación pouco habitual. Un dos aspectos máis destacados da sua proposta o estimular a creación de novas obras orixinais de mans de compositores do s.XXI. Así, contan xa con duas obras adicadas ao Trío.

Vicente Ferrer Enguídanos (oboe) .Nace en Valencia no 1976. Comeza os seus estudios musicais, os once anos, con Miguel Morellá, oboe solista da orquestra de Valencia. Logo no conservatorio profesional de música “Joaquín Rodrigo”, estuda con Vicente Llimerá, obtendo o título de profesor de oboe coa calificación de sobresaiente. Máis tarde estudia no Conservatorio Superior de Música de Málaga, finalizando a carreira con René Martín. Durante o transcurso da sua formación musical, realizou numerosos cursos de perfeccionamiento con diversos oboístas, como: Salvador Tudela, Jean Louis Capezzali, Salvador Mir, René Martín, Washington Barella ou Thomas Indermühle.No ano 2000 gaña o primeiro premio na “mostra musical para xóvenes intérpretes Regino Sáinz de la Maza” de Burgos. Dende o ano 2003, é alumno activo dos cursos de postgrado da Universidade de Alcalá de Henares, en la especialidad de oboe, impartidos por Eduardo Martíne. Ao longo da sua traxectoria musical foi oboe solista da Joven Orquesta de la Comunidad Valenciana (JORVAL), Orquesta Joven “Mare Nostrum”, Orquesta do conservatorio profesional de música “Perfecto García Chornet” de Carlet (Valencia), Orquesta do conservatorio “Antonio de Cabezón” de Burgos, Orquesta de Albalat dels Tarongers, Orquesta “Santa Cecilia” de Valencia, Orquesta Sinfónica “Ciudad de Melilla... Colabora coa orquestra Sinfónica del Vallés (Sabadell) é recientemente, participaou no festival Mozart de A Coruña xunto a Orquestra Sinfónica de Galicia. Traballou con directores como: Enrique García Asensio, Henri Adams, Eric Zainerman, Adam Ferrero, Octav Calleya, Alberto Zeda... Forma parte de distintos grupos de cámara, realizando conciertos por toda a peninsula. Na actualidade e profesor de oboe, no Conservatorio profesional de Música “Jesús de Monasterio” de Santander (España).

Chema García Portela (Clarinete).Nace en Segovia en 1980 donde comeza os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música, simultaneando clases co mestre Juan Miranda e obtendo o título profesional na especialidade de clarinete co profesor Pablo Fernández.No 2003 conclue os seus estudios musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Justo Sanz, obtendo Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Completa a sua formación clarinetística cos profesores Hedwig Swimberghe, José Luis Estellés, Anthony Pay, Sylvie Hue, Ramón Barona, Norbert Kaiser, Philippe Leloup, Nerea Meyer, Enrique Pérez Piquer, Florián Popa, Jean Louis Sajot ou Salvador Vidal; de clarinete histórico con Eric Hoeprich, Carles Riera e Justo Sanz; e de clariente baixo con Henri Bok. Formou e forma parte de diversas agrupacions orquestais e camerísticas como a “Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid”, a Orquestra “Aula Quattuor” de Segovia, a “Orquesta de Cámara del RCSMM”, o “Grupo de Música Contemporánea del RCSMM”, o “Nuevo Ensemble de música contemporánea de Segovia”, o trío “Ébano”, o dúo “Aulós”, o dúo “rA-mA”, o proxecto “Garua”, ou o trío de cañas “ArunDonax”. Como solista interpretouo o Concerto para Clarinete KW.622 de W.A.Mozart coa Orquestra de San Sebastián de los Reyes dirixida por Jeong-Goo Lee no Teatro Auditorio “Adolfo Marsillach”; a Pieza de Concierto nº1 para clarinete e corno di basseto de Mendelson co dúo Aulós, acompañado pola Banda Sinfónica del RCSMM dirixida por Miguel Moreno no Auditorio Nacional de Madrid; e a Sinfonía Concertante para oboe, clarinete, fagot e trompa de W.A.Mozart coa Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid dirixida por Miguel Romea Chicote no Auditorio do Conservatorio de Música de Xetafe, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Auditorio de Arganda del Rey e Casa da Cultura de Campo de Criptana así como en xira por Italia (Montecatini, Florencia e Arezzo) en Xulio de 2005.Compaxina a sua actividade musical como intérprete coa docencia; foi profesor na Escola Taller do Concello de Segovia, na Escola Municipal de Música de Nava de la Asunción (Segovia) e na Escola Municipal de Música de El Espinar (Segovia). Actualmente e profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música “Jesús de Monasterio” de Santander.

Ramiro García Martín (Fagot) .Nace en Madrid en 1980. Comeza os estudios musicais os 7 anos. Estudia Grado Elemental e Medio na especialidade de acordeón con Esteban Algora e Grado Superior con Tito Marcos obtendo o Título Superior no RCSMM. Fixo cursos de especialización instrumental con Stefan Hussong. Desde 1997 simultanea estudios de fagot, realizando o Grado Medio con José Luis Mateo. Amplia a sua formación con Vicente Merenciano e Klaus Thunemann en cursos de perfeccionamiento instrumental e con Paco Alonso, Enrique Abargues, Reinold Cárdenas, Vicente Palomares, Jose Luis Mateo, Paco Más e David Tomás en cursos de práctica orquestal. Actualmente estudia na MUSIKENE, tendo como profesores a David Tomás, Edurne Santos, Javier Aragó e Vicente Alario. Está especializandose en repertorio contemporáneo tanto de acordeón como de fagot.En 2001 consigue a plaza de fagot solista da Xove Orquestra "Juan Crisóstomo Arriaga" de Majadahonda, actuando en París, Solesmes, Albarracín, Segovia, Teruel, Majadahonda, Murcia, Ascoli Piceno, Montegiorgio... No 2002 consigue a plaza de fagot titular da Xove Orquestra da Comunidade de Madrid. No 2004 interpreta como solista a Sinfonía Concertante para instrumentos de viento de Mozart na Sala Sinfónica do Auditorio Nacional repetindo en Xulio de 2005 en xira por Italia no festival de Orquestras Xóvenes de Florencia (Montecatini, Arezzo e Florencia).Dende 2004 es fagot titular da Orquestra Xove de Extremadura. Durante dous anos 2004 e 2005 e seleccionado para a Beca de Colaboración coa Orquestra “Freixenet” da Escola Superior de Música Reina Sofía, traballando con Radovan Vlatkovic, Hansjörg Schellenberger, Antoni Ros-Marbá e Jose Luis García Asensio. En 2005 consigue a praza de fagot titular na Orquestra Escola da Sinfónica de Madrid. Colabora asiduamente coa Orquestra de Cámara Andrés Segovia, Orquestra Sinfónica de Extremadura e coa Orquestra Sinfónica de Madrid. Actualmente é profesor da Orquestra da Comunidade de Madrid.

Programa do Concerto

I parte:
-Flores Chaviano (1948): Danzón un
-Jean Françaix (1912-1997): Divertissement (ou Trio d'anches) (1947):
I.- Prélude
II.- Allegretto assai
III.- Elégie
IV.- Scherzo

II parte:
-Heitor Villa-Lobos (1857-1959): Trío para oboe, clarinete e fagot (1921):
I.- Animé
II.- Languidamente
III.- Vivo

27/9/07

O SAN MIGUEL DE ROSENDE CERRA O VERAN FESTIVO


As festas de San Miguel en Rosende dan por finalizado o veran festivo no concello de Sober. Ainda quedan parroquias por celebrar as suas festas maiores, como Amandi, Canabal ou Millan, pero nestes casos seran xa festas de outono ou inverno.

En Rosende teñen preparado un programa festivo variado con actividades relixiosas, fogos artificiais e musica principalmente. A orquestra "LOS PLAYERS", e a principal das que esta programada no cartel festeiro.

Éste ano como novidade destaqcada está a solta dun porquiño na tarde do domingo no campo da piscina. O porco estará engrasado e será entregado a persoa que logre facerse con el.


A Igrexa Parroquial atopase nun edificio reconstruído en diversas ocasions, con orixe nun mosteiro de bieitos existente ao menos dende principios do XIII e dependente como priorato do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Do primitivo edificio conservanse restos románicos decorativos na torre-campanario, mentras que anexo ao antiguo priorato presenta unha balconada de estilo señorial.
No interior garda un interesante retabulo maior de estilo rococó con duas alturas.

21/9/07

XUVENTUDES MUSICAIS PREMARA O PROGRAMA DE CONCERTOS "MUSICA NO OUTONO"



A agrupación XUVENTUDES MUSICAIS de SOBER ten perfilada unha nova edición do ciclo de concertos de Outono baixo o titulo "MUSICA NO OUTONO". Este ciclo e un complemento do que se celebra nos primeiros meses do ano baixo a denominación "PRIMAVERA MUSICAL". A agrupación pretende que ambos ciclos se consoliden no panorama musical galego e todo parece que estan lograndose esos obxetivos. Os concertos previstos para as próximas datas son os seguintes:




Sábado, 6 de Octubre:
ArunDonax –TRIO DE CAÑAS (oboe, clarinete e fagot).


Sábado 10 de Novembro:
Fernando Arias (VIOLONCHELO) e Miguel A. Ortega Chavaldas (PIANO).

Sábado 17 de Novembro:
Iñaki Alberdi e Iñigo Aizpiolea (Duo de ACORDEONS).


* Tódolos concertos serán ás 8,15 da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural.


Trátase de musicos de primeiro nivel, gañadores de concursos a nivel internacional que de seguro faran pasar extraordinarias horas a todos os que desexen asistir os concertos. Como é habitual os concertos seran gratuitos.



O primeiro dos concertos será o 6 de Outubro e detallamos a continuación o curriculun do grupo e o programa a interpretar.




arunDonax-trío de cañas

ArunDonax surxe da amizade de tres xóves músicos que tras experiencias musicais propoñen dar vida a un atractivo proxecto musical en común. Sendo unha das agrupacions máis consolidadas dentro da música de cámara escrita para instrumentos de vento, o trío de cañas e unha formación pouco habitual. Un dos aspectos máis destacados da sua proposta o estimular a creación de novas obras orixinais de mans de compositores do s.XXI. Así, contan xa con duas obras adicadas ao Trío.

Vicente Ferrer Enguídanos (oboe) .
Nace en Valencia no 1976. Comeza os seus estudios musicais, os once anos, con Miguel Morellá, oboe solista da orquestra de Valencia. Logo no conservatorio profesional de música “Joaquín Rodrigo”, estuda con Vicente Llimerá, obtendo o título de profesor de oboe coa calificación de sobresaiente. Máis tarde estudia no Conservatorio Superior de Música de Málaga, finalizando a carreira con René Martín. Durante o transcurso da sua formación musical, realizou numerosos cursos de perfeccionamiento con diversos oboístas, como: Salvador Tudela, Jean Louis Capezzali, Salvador Mir, René Martín, Washington Barella ou Thomas Indermühle.
No ano 2000 gaña o primeiro premio na “mostra musical para xóvenes intérpretes Regino Sáinz de la Maza” de Burgos. Dende o ano 2003, é alumno activo dos cursos de postgrado da Universidade de Alcalá de Henares, en la especialidad de oboe, impartidos por Eduardo Martíne. Ao longo da sua traxectoria musical foi oboe solista da Joven Orquesta de la Comunidad Valenciana (JORVAL), Orquesta Joven “Mare Nostrum”, Orquesta do conservatorio profesional de música “Perfecto García Chornet” de Carlet (Valencia), Orquesta do conservatorio “Antonio de Cabezón” de Burgos, Orquesta de Albalat dels Tarongers, Orquesta “Santa Cecilia” de Valencia, Orquesta Sinfónica “Ciudad de Melilla... Colabora coa orquestra Sinfónica del Vallés (Sabadell) é recientemente, participaou no festival Mozart de A Coruña xunto a Orquestra Sinfónica de Galicia. Traballou con directores como: Enrique García Asensio, Henri Adams, Eric Zainerman, Adam Ferrero, Octav Calleya, Alberto Zeda... Forma parte de distintos grupos de cámara, realizando conciertos por toda a peninsula. Na actualidade e profesor de oboe, no Conservatorio profesional de Música “Jesús de Monasterio” de Santander (España).

Chema García Portela (Clarinete).
Nace en Segovia en 1980 donde comeza os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música, simultaneando clases co mestre Juan Miranda e obtendo o título profesional na especialidade de clarinete co profesor Pablo Fernández.
No 2003 conclue os seus estudios musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Justo Sanz, obtendo Matrícula de Honra e Premio Fin de Carreira. Completa a sua formación clarinetística cos profesores Hedwig Swimberghe, José Luis Estellés, Anthony Pay, Sylvie Hue, Ramón Barona, Norbert Kaiser, Philippe Leloup, Nerea Meyer, Enrique Pérez Piquer, Florián Popa, Jean Louis Sajot ou Salvador Vidal; de clarinete histórico con Eric Hoeprich, Carles Riera e Justo Sanz; e de clariente baixo con Henri Bok. Formou e forma parte de diversas agrupacions orquestais e camerísticas como a “Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid”, a Orquestra “Aula Quattuor” de Segovia, a “Orquesta de Cámara del RCSMM”, o “Grupo de Música Contemporánea del RCSMM”, o “Nuevo Ensemble de música contemporánea de Segovia”, o trío “Ébano”, o dúo “Aulós”, o dúo “rA-mA”, o proxecto “Garua”, ou o trío de cañas “ArunDonax”. Como solista interpretouo o Concerto para Clarinete KW.622 de W.A.Mozart coa Orquestra de San Sebastián de los Reyes dirixida por Jeong-Goo Lee no Teatro Auditorio “Adolfo Marsillach”; a Pieza de Concierto nº1 para clarinete e corno di basseto de Mendelson co dúo Aulós, acompañado pola Banda Sinfónica del RCSMM dirixida por Miguel Moreno no Auditorio Nacional de Madrid; e a Sinfonía Concertante para oboe, clarinete, fagot e trompa de W.A.Mozart coa Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid dirixida por Miguel Romea Chicote no Auditorio do Conservatorio de Música de Xetafe, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Auditorio de Arganda del Rey e Casa da Cultura de Campo de Criptana así como en xira por Italia (Montecatini, Florencia e Arezzo) en Xulio de 2005.
Compaxina a sua actividade musical como intérprete coa docencia; foi profesor na Escola Taller do Concello de Segovia, na Escola Municipal de Música de Nava de la Asunción (Segovia) e na Escola Municipal de Música de El Espinar (Segovia). Actualmente e profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música “Jesús de Monasterio” de Santander.

Ramiro García Martín (Fagot) .
Nace en Madrid en 1980. Comeza os estudios musicais os 7 anos. Estudia Grado Elemental e Medio na especialidade de acordeón con Esteban Algora e Grado Superior con Tito Marcos obtendo o Título Superior no RCSMM. Fixo cursos de especialización instrumental con Stefan Hussong. Desde 1997 simultanea estudios de fagot, realizando o Grado Medio con José Luis Mateo. Amplia a sua formación con Vicente Merenciano e Klaus Thunemann en cursos de perfeccionamiento instrumental e con Paco Alonso, Enrique Abargues, Reinold Cárdenas, Vicente Palomares, Jose Luis Mateo, Paco Más e David Tomás en cursos de práctica orquestal. Actualmente estudia na MUSIKENE, tendo como profesores a David Tomás, Edurne Santos, Javier Aragó e Vicente Alario. Está especializandose en repertorio contemporáneo tanto de acordeón como de fagot.
En 2001 consigue a plaza de fagot solista da Xove Orquestra "Juan Crisóstomo Arriaga" de Majadahonda, actuando en París, Solesmes, Albarracín, Segovia, Teruel, Majadahonda, Murcia, Ascoli Piceno, Montegiorgio... No 2002 consigue a plaza de fagot titular da Xove Orquestra da Comunidade de Madrid. No 2004 interpreta como solista a Sinfonía Concertante para instrumentos de viento de Mozart na Sala Sinfónica do Auditorio Nacional repetindo en Xulio de 2005 en xira por Italia no festival de Orquestras Xóvenes de Florencia (Montecatini, Arezzo e Florencia).Dende 2004 es fagot titular da Orquestra Xove de Extremadura. Durante dous anos 2004 e 2005 e seleccionado para a Beca de Colaboración coa Orquestra “Freixenet” da Escola Superior de Música Reina Sofía, traballando con Radovan Vlatkovic, Hansjörg Schellenberger, Antoni Ros-Marbá e Jose Luis García Asensio. En 2005 consigue a praza de fagot titular na Orquestra Escola da Sinfónica de Madrid. Colabora asiduamente coa Orquestra de Cámara Andrés Segovia, Orquestra Sinfónica de Extremadura e coa Orquestra Sinfónica de Madrid. Actualmente é profesor da Orquestra da Comunidade de Madrid.


Programa do Concerto


I parte:


-Flores Chaviano (1948): Danzón un

-Jean Françaix (1912-1997): Divertissement (ou Trio d'anches) (1947):

I.- Prélude

II.- Allegretto assai

III.- Elégie

IV.- Scherzo


II parte:


-Heitor Villa-Lobos (1857-1959): Trío para oboe, clarinete e fagot (1921):

I.- Animé

II.- Languidamente

III.- Vivo