Mostrando entradas con la etiqueta DEPORTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEPORTES. Mostrar todas las entradas

15/7/09

O PORTEIRO INTERNACIONAL DIEGO LOPEZ FALOU EN SOBER ANTE 150 PERSOAS



O porteiro internacional español e titular do Vilareal de 1ª division, DIEGO LOPEZ, natural do veciño concello de Paradela, ofreceu en Sober unha charla coloquio na que estivo acompañado polo xornalista da Radio Galega Andres Vieites. O acto contou coa asistencia de xente do futbol de toda a comarca de Lemos, máis de 150 persoas; tamen asistiron autoridades como a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, a ex-alcaldesa de Sober Raquel Arias, o actual alcalde de Sober José Gomez asi como moitos futbolistas e entrenadores da comarca.
O gardameta internacional mostrouse moi cercano, contestou a medio cento de preguntas que se fixeron dende o publico, firmou autografos, fixo fotos cos asistentes, ....
Somentes nos queda felicitar aos organizadores, entre eles a Michel dunha forma especial, asi como a Pablo Bernedo, José Antonio Días e Luis Conde que colaboraron na organizacion do acto.
Tralo exito da convocatoria, esperemos que se repita en anos sucesivos un encontro futbolistico parecido.
En El progreso e La Voz de Galicia do mercores 15 de xullo aparece moita informacion do acto de Sober.
As fotos que aompañamos son de Alberto López de La voz de Galicia en Monforte.

12/6/08

EXITO DA "I CARREIRA POPULAR DE SOBER"


Sober celebrou o pasdado domingo a sua primeira carreira popular, na que a pesares da chuvia a hora da saida participaron preto de 200 persoas. Entre os participantes destacar as boas marcas dalguns deles.
En distancias largas, o campeón absoluto foi Juan Pena Holguín, seguido de José Seoane Sánchez. Na segunda categoría repetiron ambos cos dous primeiros postos. Na terceira categoría, o mellor foi José Manuel Corral López, seguido de Jesús Fernández como segundo clasificado. José Rodríguez González gañou na cuarta categoría, e José Fernández Amorín na quinta. Na sexta e última categoría da modalidade absoluta, Ramiro Méndez foi o primeiro.
En distancias cortas, na primeira categoría Ramón González Vázquez non tivo rival. Hugo Pérez Madarnás gañou na segunda categoría, e Álvaro Arias na terceira. En mulleres, Cintia Carnero Salvador foi primeira, mentras que Nair González acabou segunda. A corredora máis xoven foi a monfortina Noa Díaz Quintián, e o máis veterano, o ferrolano Julio Bernal, con 89 años, que demostrou estar moi en forma.

Na imaxe o gañador absoluto da careira, o lucense Juan Pena Holguín.

5/6/08

PRETO DE 200 PERSOAS PARTICIPARAN NA "I CARREIRA POPULAR DE SOBER", QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 8 DE XUÑO


Preto de duascentas persoas estaban inscriptas a día de hoxe (5 de Xuño), a primeira hora para a "I CARREIRA POPULARE DE SOBER", que terá lugar o domingo día 8.

Como curiosidade decir que un dos participantes, un ferrolano de 89 anos anotouse para a categoria superior de 9 kilómetros e medio.

As bases da proba son:

Poderán participar nas distintas probas todos aqueles que o desexen, tanto si son atletas federados ou non federados como calquera persoa que queira disfrutar deste evento deportivo. Haberá unha sola clasificación conxunta nas distintas distancias e percorridos.
Só se poderá participar nunca das probas propostas.
Todolos participantes terán asignado un dorsal, que se corresponderá ca categoría e distancia a recorrer, o cal deberá ir colocado no peito e terá que ser visible durante todo o desenrrolo da proba.

Todo corredor que chegue a liña de meta sen o seu dorsal será automáticamente descalificado.
A organización poderá establecer controis durante o transcurso das probas, polos cales teran que pasar os distintos participantes para non ser descalificados.
O control da chegada para a proba de 9500m, cerrarase 50 minutos despois de chegar o 1º clasificado xeral, independientemente en homes e mulleres.
Todolos participantes deberán colocarse na liña de saida 5 minutos antes do comenzo da sua proba, sita na praza do concello.
Haberá habituallamiento líquido o remate das distintas probas.
A organización facilitará un servicio de duchas a disposición de todolos participantes o finalizar as probas.

A inscripción poderá formalizarse no propio concello de Sober, de luns a venres entre as 12:00 h e as 14:00 h , tamén se poderán inscribir por teléfono chamando os números 982460001-677422529 .Enviando os seguintes datos: Nome, Apelidos, Sexo, Localidad e Provincia, Data de nacemento, Distancia e categoría na que vai a participar e teléfono de contacto.
A INSCRIPCION E TOTALMENTE GRATUITA.
O prazo de inscripción PECHARASE O XOVES 5 DE XUÑO AS 24:00 H .
Haberá premios para os primeiros clasificados de cada distancia e categoría.
Os premios serán entregados na praza do Concello unha vez finalizadas todalas probas.

- Horarios comenzo das probas:

Distancias cortas
1ª Categoría --- 10:30 h 5ª Categoría --- 11:20 h
2ª “ --- 10:40 h 6ª “ --- 11:20 h
3ª “ --- 10:50 h
4ª “ --- 11:05 h

Distancias largas
Circuito 9500 m ----- 11:55 h

A organización non se fai responsible dos danos morales, materials e/ou económicos
derivados da participación nesta carreira popular.
O descoñocemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

17/7/07

O "CASINO DE ENTRIMO", GAÑOU O TORNEO DE FUTBOL SALA DE SOBER


Sober viviu este pasado fin de semana a vixésima edición do torneo de fútbol sala. O campeón foi o equipo ourensan Casino de Entrimo, que gañou na final aos monfortinos do Banapy.
Os ourensans xa gañaran en anteriores ocasions ainda que co nome de Liñaran, xa que entre os xogadores habia rapaces desta parroquia soberina.
Os gañadores amais do trofeo levaron 1.000 euros.
O terceiro clasificado foi o Peugeot Bar Pra, e cuarto foi Cervecería Capitol ambolos dous de Monforte.
Luis, do Banapy, foi designado mellor xogador e mellor porteiro e menos goleado foi Jóse de A Bodeguilla de Marce Hamburguesería Dandy. Este mesmo equipo foi o mellor dos participantes locais.
A unica nota algo negativa foi a participación de 12 menos que o ano pasado. A principal razon foi a coincidencia con torneos noutros concellos da comarca (Chantada, Sarria e Quiroga).
Noraboa os gañadores e principalmente os organizadores por este vixésimo aniversario.
Nota.- A foto de Alberto Lopez mostranos os xogadores do "Casino de Entrimo" posando co trofeo de campions.

13/7/07

O QUIROGA FUTBOL SALA GAÑOU O TORNEO FEMININO DO SOBER


O Quiroga futbol-sala gañou o torneo de futbol sala de Sober que se disputou o pasado fin de semana e no que participaron seis conxuntos. O equipo quirogues gañou a final o Construciones Manias de Monforte por 3-2. O partido foi igualado como se demostrou no apretado do resultado final.

O equipo revelación foi o local Madia Leva, formado na sua totalidade por xugadoras do concello soberino; quedaron clasificadas en terceiro lugar, derrotando as Calasancias na final de consolacion.

O trofeo a deportista máis regular do torneo foi para Alba, do Quiroga Fútbol Sala. A mellor xogadora local foi Paula, que ao tempo foi a porteira menos goleada.


TORNEO MARCULINO

Onte mesmo deu comenzo xa o torneo masculino que con unha trintena de conxuntos participantes reparte máis de 2.000 euros en premios e está xa totalmente consolidado como un dos grandes torneos de futbol sala non só pola importancia dos premios e o numero de conxuntos participantes senon que tamen pola veterania do torneo.


Nota.- Na foto de Alberto, as campeonas adican o trofeo ao publico asistente a final.

25/6/07

O SOBER CAMPION. GAÑOU A COPA DEPUTACIÓN


O C.D. Sober é o novo campión da Copa Provincial de Futbol dempois de gañar no campo de "A Ribela" en Sarria a final ao Xermade por 1-0, gol conseguido aos 80 minutos de xogo por Albino.
O Sober fixo unha ba 1ª parte con varias ocasións de gol; no segundo tempo o Xermade inquietou máis a porta que defendia David, que por certo fixo varias paradas de mérito.
Foron moitos os afecionados de Sober que se desplazaron ata Sarria para acompañar o seu equipo, e moitos tamen os que recibiron o equipo campeón a sua chegada a Sober.
A fonte da praza do concello foi o lugar elexido para ofrecer a copa o pobo de Sober e un grupo de membros da Banda de Música de Sober recibiron os campions aos sons de "Paquito Chocolatero", interpretando logo a muiñeira "Os mozos de Penedo".
Os xogadores que adestra Chura reunironse nunha cea en "Restaurante Parada" para dar fin a unha tempada extraordinara con un cuarto posto final na liga de 2º rexional e o campionato de copa.
Os exitos do equipo debense principalmente o bó ambiente que reina no vestiario da man de Chura e a labor de Emilio e Fidel que son os directivos oa tempo que son tamen xogadores.
Albino, Fidel, Victor, Lagoa, Elias ou Carlos son algúns dos xogadores do Sober nativos deste concello e outros como Emilio ou o propio adestrador Chura levan máis de 10 anos no equipo.
A copa deputación foi conquistada tras eliminar nas fases de clasificación a Rio Sil, Boveda, Barrela, Guntin e Residencia de Lugo.
No partido da final o once inicial do Sober foi: David; Casanova, Cesarín, Alemán, Lagoa; Diego, Pedro, López, Troiti; Albino e Javito. Tamén xogaron Victor, Carlos, Vitucho e Elías. Arbitrou Fraga Torres, de Lugo. Expulsou a López por doble tarxeta amarela.
Amais da copa deputación o Sober recibiu o trofeo Festas de San Xoan de Sarria.
Como curiosidade os xogadores do Sober saltaron o campo cunha botella de viña de Amandi cada un para entregala os xogadores do Xermade como recordo desta final. Foi un acto comentado moi positivamente polo publico asistente ao encontro.
Noraboa a xogadores, directivos, tecnicos e xente como Pepe Barbeiro que está sempre axudando os directivos de turno.
Nota.- Na foto de Alberto Lopez, os xogadores ofrecen a copa aos aficionados de Sober que asistiron A ribela en Sarria.

18/6/07

O SOBER XOGA O SÁBADO A FINAL DA COPA DEPUTACIÓN



O F.C.Sober clasificouse para xogar a final da COPA DEPUTACION de Futbol para equipos de 2º e 3ª rexional. Con esta clasificación o equipo soberino chega por segunda vez na sua historia a final da copa provincial.



Tras unha temporada extraordinaria, sempre clasificado entre os catro primerios da taboa, o F.C.SOBER pon a guinda con esta clasificación para a fianal da copa.
O Domingo pasado en Centeás con moito máis publico do habitual o equipo local perdeu pola minima co Residencia de Lugo; a pesares da derrota os xogadores que adestra CHURA pasan a eliminatoria o haber gañado o domingo anterior no campo de A Cheda en Lugo por 2 a 3.



O rival do Sober será o Xermade que este domingo eliminou o Cospeito na tanda de penaltis.



Este ano chegase a XXIV edición da copa provincial e a final será o sábado día 23 . A día de hoxe non se sabe o campo onde se disputará o encontro.
Nota.- Na foto CHURA adestrador do Sober.

14/6/07

IV CAMPEONATO DE FUTBOL SALA FEMININO



Para os días 6,7 e 8 de Xullo na pista polideportiva do Colexio "Virxe do Carme" de Sober está prevista a celebración do "IV Campeonato de Futbol Sala Femenino".


Este torneo iniciouse tralo exito da versión masculina que está completamente consolidada e que verá unha nova edición a mediados de Xullo.


O torneo femenino ten unha inscripción de 60 euros, remata o prazo o 4 de Xullo e debe facerse en Restaurante PARADA 2, telefono 982460203.


Haberá un primeiro premio de 60 euros e trofeo un segundo de 100 euros e trofeo e trofeos para os equipos clasificados en terceiro e cuarto lugar. Tamen se distinguiram e mellor porteira e a mellor xogadora.