Mostrando entradas con la etiqueta LEMBRANZAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LEMBRANZAS. Mostrar todas las entradas

26/5/10

VOLVESE VER A VELLA PONTE DO SIL











Coa baixada das augas do Sil, como consecuencia das obras que acomete a electrica IBERDROLA, pode verse novamente o que queda daquela fermosa ponte que comunicaba as terras de Lemos coas de Caldelas (o verdadeiro límite de Sober con Castro Caldelas).

Desa Ponte falaron no seu tempo o Licenciado Molina ou o Padre Sarmiento, neste caso, nuhna das suas viaxes a Galicia en 1745 e 1754 xa fala da ponte en ruinas.

A Ponte sen dubidas foi de orixe romano e sufriu unha importante reforma no medievo, tiña que ser espectacular, asi a describe o malagueño BARTOLOMÉ SAGRARIO DE MOLINA, coñecido por El Licenciado Molina, na sua obra editada en Mondoñedo en 1550, titulada: "Descripción del Reino de Galicia".

“E así vai o Sil ata a Ponte de Paradela, a cal podería ser ela soa unha cousa notable, pois é unha ponte de madeira que non debe haber outra semellante en toda España. Está alí tamén o río fundido entre dúas serras moi altas, e este pasa polo medio de dúas penas, onde en riba de cada unha delas hai unha torre, e de torre en torre vai polo aire un edificio de madeira que ten cento vinte pés de largo, e para pasar a cada unha destas torres hai outra ponte de madeira co seu capitel en cada unha; é cousa de admirar…”
Traducción textual da edición de Toxosoutos do ano 2003.
É unha boa ocasión para contemplar esta magna obra que somentes se pode ver en ocasións esporadicas como esta; a anterior vez foi a finais dos 70.

21/12/09

FINOU DON RAMIRO, CURA PARROCO DE SOBER DURANTE 50 ANOS


Ramiro Ares Devesa, Don Ramiro, que foi cura-parroco de Sober durante 50 anos faleceu en Lugo o pasado día 18 (día da Virxe da Esperanza), donde estaba internado no Hospital de Calde.
Ata poucos días antes da sua morte viña continuamente a sua cabeza Sober e a música as suas duas pasións
Don Ramiro non somente destacou pola sua obra pastoral en varias parroquias de Sober (Arroxo, Refoxo, Proendos, Liñaran e Barantes), foi o artifice de que Sober contara con unha moderna Igrexa e Centro Parroquial que cedeu sempre desinteresadamente para actividades (biblioteca, ensaio da banda, escola de musica, correos, etc). Pero principalmente Don Ramiro era MUSICO, un gran musico: compositor de preto de 50 obras (unha misa, varios motetes, panxoliñas, obras populares, etc), profesor de musica, director de coro, etc.
O próximo día 28 de Decembro (día dos Santos Inocentes), na Igrexa Parroquial de Sober, que el construiu, despediremolo con unha misa de funeral na que como non pode ser menos haberá musica.
Don Ramiro nacera en Carlin-Friol,en 1927. Fixo Estudios Eclesiásticos e de Música,foi Profesor en centros de ensinanza privada e pública. Fundador da Coral Polifónica de Sober que chegou a contar con 40 voces e da Escolanía do Colexio VIRXE DO CARME coa que acadou importantes premios.
Descanse en Paz o noso querido Don Ramiro.

1/8/08

FORONSE TRES GRANDES VECIÑOS E AMIGOS


Ben e sabido que a vida é un ciclo; pero un ciclo para moitos máis corto do previsto. Nos últimos días tres coñecidos veciños da parroquia de Arroxo, capitalidade de Sober; faleceron e deixaron un importante oco na vida diaria desta tranquila vila.
Foi primeiro José Luis Corral "Pilin", que de forma totalmente inesperada faleceu xusto o día antes de cumprir 75 anos. O mesmo día "O Pilin" habia feito unha xornada completamente normal, xogando a sua partida de subastado no "Parada", dando os seus paseos por Sober e descansando nun banco do parque a media tarde. A última hora do día o seu corazon quixo parar sen un aviso previo, e todo o que se fixo por salvarlle a vida foi inutil. "O Pilin", era un namorado da Banda de Sober, asistia a todos os actos musicais que se celebraban na vila e foi o principal impulsor para cambiar o diapason de "brillante" a "normal", do instrumental da banda; o seu fillo Arturo formou parte da primeira promoción de alumnos da Escola de Música. Jose Luis Corral, a finais dos 70 regalou un televisor e un radio casete do seu negocio para facer unhas rifas beneficas para a banda. El mesmo no seu "diane 6" visitou toda a comarca vendendo as rifas que logo foron o xerme economico da renovación total do instrumental da banda. Ao tempo, era desas 5 ou 6 personas que non perdían un partido do Sober en "Centeas"; amais dun gran aficionado, fora directivo e presidente durante varios anos. O seu fillo menor Julio, e un dos mais destacados entrenadores de futbol da provincia de Lugo. Todo o futbol comarcal recordou a "Pilin".No seu enterro habia frores do F.C. Sober, Calasancio, Ferreira, Brollon ou dos árbitros de Monforte.
Os poucos días de enterrar a "Pilin", despedimos a Ramon Pereiro Pérez, "O sapo de Vilela"; o Ramon era un personaxe habitual de Sober, todos o recordamos moitas veces con viño de máis, pero era un home dun grandisimo corazon. Como decimos moitas veces, "foi malo só para el". Un desgraciado cancro na zona da gorxa acabou en poucos meses ca vida do Ramon de Vilela aos 53 anos. "O neto da Ricarda", como el mesmo decia, deixa sen dubida un valeiro moi grande, máis tendo en conta a sua xuventude.
Onte mesmo, despedimos en Sober a Pablo Gomez "O portugues". O Pablo, tiña 76 anos e vivia coa sua familia en Sansillao-Proendos, pero sentiuse sempre veciño da sua vila de nacemento, Sober. El mesmo era o portador da cruz nos enterros da capitalidade municipal e curiosamente aos dous veciños que faleceron nas datas precedentes, él os habia guiado dende o tanatorio a Igrexa portando a cruz parroquial. O Pablo, fora un zapateiro moi recoñecido e un personaxe único en Sober; moi servicial co vecindario. Estouno vendo atendendo a sua parra da Praza do Pulpo, ou abrindo a sua casa catro ou cinco veces por día. Dende que se xuvilou seguiu baixando a Sober mañas e tardes e moitas veces diarias, era moi amigo da partida de domino, e o seu compañeiro habitual era o "Pepe barbeiro". Lembraremolo sempre como aficionado do F.C. Sober e con esé berro de "ÁNIMO MUCHACHOS", que o recordalo pomnos a pel de pita.
Xa sabemos que a vida é así. Pero cando nos leva amigos de preto faise moito máis dura.