30/1/09

JOSÉ GÓMEZ É OFICIALMENTE NOVO ALCALDE DE SOBER







José Gómez Vázquez, aos seus 72 anos é dende a tarde de onte o novo ALCALDE de Sober de forma oficial. O ata onte primeiro tenente de alcalde, desempeñaba labouras de alcalde dende facia 10 días, data na que al alcaldesa Raquel Arias presentara a sua dimisión para emcabezar a lista do PP pola provincia de Lugo as elecccións autonómicas do 1 de Marzo.

O novo alcalde leva 35 anos no concello; primeiro foi concellal (xa no periodo pre-democratico con Franco no poder) e logo tenente de alcalde. Esta última función desempeñouna con Jesús Vázquez Pérez durante 12 anos (en UCD, AP e PP) e ultimamente con Raquel Arias durante 10 (todos no PP). Jose Gómez, é veciño do lugar da Igrexa na parroquia de Proendos, e moi coñecido polo alcume de "leiteiro"pola profesión que desempeñou durante case toda a sua vida en activo; a de recolledor de leite.
Nota.- Nas fotos de Alberto de La Voz de Galicia, varios momentos da sesión plenaria de investidura do novo mandatario.

14/1/09

O 17 E 18 FESTAS DE SAN AMARO EN PROENDOS




A Parroquia de Santa Maria de Proendos está totalmente preparada para festexar un ano mais a SAN AMARO, cumprindo así coa tradición de iniciar o calendario festivo parroquial do Concello de Sober.


A Asociación de Veciños Proencia, encargada da organización, fixo publico fai uns días o programa dos festexos que será o seguinte:


SABADO 17: As 10,30, pasaruas a cargo dunha sección da BANDA DE MUSICA DE SOBER (formada casi exclusivamente por músicos da parroquia de Proendos). A 1 de mediodía Misa solenne e Procesión. A 1,30 sesion vermú coa BANDA DE MUSICA DE SOBER. As 6 da tarde baile no campo de San Cristovo coa orquestra NOCHE DE GALA e o DUO ECLIPSE. As 9,30 da noite FOLION dende o propio campo da festa.


DOMINGO 18: Pola mañan os mesmos actos que o día anterior, se ben a misa será a 1,30 e a sesion vermú ás 2. Polo seran a partir das 7 será o DOU ECLIPSE o encargado do baile.
Nota.- Nas fotos duas das fermosas pinturas restauradas na abside da Igrexa Parroquial de Proendos.

13/1/09

A RONDALLA BENFEITA ACTUOU NO 91 CUMPREANOS DE ALFONSO LLANO




A Rondalla BENFEITA de Monforte actuou o pasado sábado na Residencia Nosa Señora do Carme de Sober con motivo do 91 cumpreanos de ALFONSO LLANO GONZALEZ. O acto foi organizado por seu fillo Pedro Llano e contou coa presencia tamen de varios componentes da Banda de Música de Sober. O propio homenaxeado e seu fillo actuaron durante a velada.


Alfonso Llano na sua vida en activo foi unha persona moi querida e apreciada entre os seus veciños, adicouse ao oficio de capador e foi carteiro. Viviu ata fai un par de anos en Vilabalde-Figueiroá.

9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace: