11/12/07

BO NADAL DENDE O BALCON DO SIL



Fai xa uns anos que acostumo felicitar o Nadal cun poemiña de "colleita propia", tal e como facian en tempos grandes poetas e escritores; o último deles o benquerido e sempre recordado Manuel Maria.

Sabendo das miñas limitacións poéticas -creo que como moito son un escribidor de versos-, fixen para éste ano o seguinte:




DOCE BADALADAS


Ó ALUMEAMENTO DA VIRXE




O frío e a neve non nos fan tremar.


Os días agora xa están a medrar.


Unha boa nova veñen de anunciar.


No ceo unha estrela anda a escintilar.


Tres Magos cabalgan con firme trotar.


Xosé, o carpinteiro, parou de serrar.


María, súa dona, a luz vai a dar.


Éste alumeamento dará que falar.


O neno que naza, ven pra nos salvar.


Cantigas galegas debemos cantar.


Con viño de Amandi temos que brindar.


É festa no mundo. ¡Hai que a celebrar!.


Luis F. Guitian.

5/12/07

O CONSERVATORIO DE OURENSE LEMBRA AO COMPOSITOR ANGEL BARJA NO 20 CABODANO DO SEU PASAMENTO


O Departamento de Normalización Linguistica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, fara o próximo Mártes 18 de decembro ás 8 da tarde na sala de Organo, un sinxelo acto de lembranza do compositor ourensano Angel Barja ao cumplirse este ano o 20 cabodano da sua prematura morte. Barja está considerado un dos mellores compositores do estado español no seculo XX cunha more de premios de caracter internacional e máis de 500 obras escritas. Sen dúbida, e Barja un compositor admirado internacionalmente e caseque esquecido en Galicia, polo tanto tamen en Ourense, a sua terra natal. Pensamos que éste é un acto de xustiza. Ao tempo é unha actividade humilde - igual ca vida do propio compositor-.


O acto que terá lugar no Conservatorio de Ourense constará dunha pequena actuación da profesora de Organo Marisol Mendive e do coro Capela Madrigalista de Ourense en ambos casos con obras de Angel Barja e unha conferencia a cargo do musicologo Luis Costa.
Ao acto espera a asistencia de familiares de Barja, o Alcalde de Vilardevós, o Delegado de Cultura en Ourense e outras autoridades locais.

LUIS COSTA
Luís Costa é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999) e acadou o doutoramento na área de Música (USC, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director dende 2006. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado máis de unha trintena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colecticvas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea. É membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, e do Consello da Cultura Galega, desde 2000.

ANGEL BARJA IGLESIAS
Naceu en Santa Cruz de Terroso-Vilardevós o 5 de Outubro de 1938. Ós 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). No 1951 ingresou na Congregación dos PP. Redentoristas, dando comezo a súa actividade como compositor de música coral, xenero que chegou a abarcar máis da metade da sua extensa obra, que chega os 500 títulos. No 1967 trasladouse a Italia para ampliar a sua formación musical. Coa mesma finalidade viaxou por Austria e Suiza. A sua volta de Roma faise cargo da Capilla Clásica de Léón coa que da máis de 200 concertos en 15 anos. No 1978 asentase definitivamente en León, donde contrae matrimónio con Begoña Alonso. Logo intensificou a sua actividade musical: compondo música para piano, órgano, orquestra de cámara, orquestra sinfónica, música para nenos, e harmonizando un sinfín de melodías, moitas delas galegas.
Foi profesor de Harmonía, Formas Musicais e Conxunto Coral no Conservatorio de León. Ao tempo imparte numerosos ciclos de conferencia sobre música. No 1985 ingresa no corpo de Profesores de música de Bacharelato. Finou o 12 de Febreiro de 1987, poucos días dempois de ser nomeado “Leonés del año” e Fillo adoptivo da cidade de León.
Recibiu numerosos premios; entre outros, o Premio Nacional de Composición Polifónica pola sua obra Madrigal, Internacional de Composición Organística, Internacional de Composición Polifónica de Tolosa, Nacional de Composición de Zamora, Composición Coral de San Vicente de la Barquera, Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada ou Internacional Ciudad de Segorbe.

3/12/07

AS MATANZAS TRADICIONAIS CHEGAN A SEMANA PRINCIPAL CON IMPORTANTES NOVIDADES

As matanzas domiciliarias tradicionais chegan nesta semana do ponte da Inmaculada e da Constitución a súa semana grande. No concello de Sober, dende finais de Novembro, e coincidindo cos fins de seman principalmente se celebran matanzas nas casas; pero ésta, semana é a principal do ano.


O certo e que cada ano son menos as familias que fan a sua matanza na casa. Por unha banda, os novos non acostuman a cebar os porcos como fixeron sempre os nosos pais e abos, e por outro lado a comodidade de sacrificar nun matadoiro, son causas que fan mermar o numero de marraus que se matan na casa.



O Pasado domingo o xornal "La Voz de Galicia", publicaba un amplo reportaxe feito no noso concello que titulaba:



"SACRIFICAR EL CERDO A CUCHILLO SERA OBJETO DE SANCION"







Podemos ver a noticia completa nos seguintes enlaces:



www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368746.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368696.htm

www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368747.htm
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/12/02/0003_6368748.htm

As fotografias son de ALBERTO LOPEZ.



HOMENAXE A GERMAN LOPEZ QUIROGA


O ex-ferroviario e escritor Germán López Quiroga, vinculado familiarmente a parroquia soberina de Vilaescura, será homenaxeado o próximo día 8 de Decembro polo colectivo "Poetas da Riberia Sacra". Éste colectivo, do que forma parte moi activa o propio Xermán está presidido polo Poeta de Montefurado Pepe Pol e ten como secretaria e principal impulsora deste evento a María Jesus González (Alba Lara).


Os actos previstos son os seguintes:

Ás 12 da mañá : recital no Salón de actos da Casa da Cultura de Monforte; de seguido actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.
Ás 14:00 : actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos no restaurante Don Manuel.
Ás 14:30 : Xantar, entrega de agasallos e actuación do grupo Folk de Sober "O Trícole".

Interveñen no recital: Pepe Pol, Margarita Rodriguez Otero, Ana Arias Saavedra, Ana Mª Gamallo, Isabel de Santiorxo, Francisco J.R. Aldeguería, Pilar Cambón, Mar Sabater, Rosa García Machado, Alfonso Campos, Luis Guitian, Marcedes Moreno, Cristina Mejías, Alba Lara (Mª Jesús), Enma Fernández e Ramón R. Porto.
Colaboran co acto os Concellos de Monforte, Sober e O Saviñao e Consello Regulador da Ribeira Sacra.
As invitacións poden collerse ata o día 5 de Decembro en Caixa Galicia (Cardenal) , La Fraternal, Centro Recreativo do Saviñao e Restaurante Don Manuel.

23/11/07

SOBER É O CONCELLO MÁIS ENVELLECIDO DE ESPAÑA



O concello de Sober, figura como o concello máis envellecido de España según un estudo feito pola fundación BBVA que foi dado a coñecer moi recentemente. Este estudo fala unicamente de concellos do estado con máis de 2000 habitantes polo que non aparecen outros concellos galegos ainda máis envellecidos que Sober como é o caso de Ourol (Lugo), ou A Teixeira e Parada do Sil (Ourense).

No estudo presentado pola fundación BBVA titulado "Actividad y territorio: Un siglo de cambios", aparecen datos moi importantes, pero no referente a idade da poboación, reflexase que os quince concellos maiores a 2000 habitantes máis envellecidos de España son todos galegos e por este orde:
Sober, O Irixo, Patón, Ramirás, A Pobra do Brollón, Cartelle, Castrelo de Miño, O Saviñao, Vilardevós, O Incio, Muiños, Baños de Molgas, Bande, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Ambía.
Como se observa son concellos do interior de Lugo e Ourense.

En concreto o 47,35% do censo de Sober supera os 65 anos. No caso dos nosos veciños de Pantón o 44,93% son os que figuran nesa franxa.
Case podemos chegar a conclusión de que amáis de ser o máis envellecido do estado español e dos máis envellecidos do mundo debido a que España é dos paises máis envellecidos de Europa e Europa o continente máis envellecido do mundo. Segun diversos estudos nun prazo de 20/25 anos España será o país máis envellecido do planeta (si existe o planeta). Logo Sober será o lugar máis envellecido do mundo (si existe Sober). Esperemos que sí e que sexa lider noutros ránkins.

Non podemos considerar a noticia positiva, nin moito menos; pero si ten algo de ben diremos que é unha sorte contar no noso concello con media ducia de centenarios e varios centos de persoas que superan os 85 anos eso significa que a xente nova ten moi de preto fontes de sabiduria das que deberiamos aprender.
Fai moi poucos día a aboa do concello cumprio 104 anos. JULIA PEREZ RODRIGUEZ, veciña de Francos de Proendos cumpriu a mediados do presente mes 4 anos por encima do centenar.
Queremos felicitar a Julia e a súa familia por tan importante nova.

22/11/07

A BANDA DE MUSICA DE SOBER FESTEXA A SUA PATROA SANTA CECILIA


Como cada ano en datas próximas a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, Sober prepara diversas actividades para conmemorar a data.

A Banda de Música de Sober ten preparado un programa que se inicia o domingo día 25 cunha misa na hona de tódolos músicos finados e que se celebrará ás 12 da mañá na Igrexa Nova de Sober.

Para o sábado 1 de decembro preparase unha proxeción cinematográfica:

("Unha noite na ópera" cos irmáns Marx) no auditorio da Casa da Cultura ás 7,30 da tarde e remataranse os actos cunha cea no RESTAURANTE PARQUE de Monforte ás 9 e media da noite.

As persoas interesadas en asistir a cea poden retirar as súas invitacións pondose en contacto con membros da Banda de Música de Sober ou chamando o tlf. 637502035 (Paula)

20/11/07

MILLAN FESTEXARA A CONCEPCION O 8 E 9 DE DECEMBRO


A parroquia de San Nicolás de Millán ten perfilado o seu programa de festas na honra da Purísima Concepción para os días 8 e 9 de Decembro.
Este ano o programa presenta importantes novidades con respetoa anos anteriores.

O día 8, xornada principal dos festexos haberá actividades relixiosas coa correspondente procesión pola mañá. Logo a orquestra FIN DE SIGLO animará a sesión vermú e pola tarde haberá baile ata a noitiña. Logo unha chocolatada gratuita será obsequiada a todolos asistentes para continuar coa verbena cao aorquestra FIN DE SIGLO.

O Domingo día 9 haberá novamente de mañá actos relixiosos e sesión vermú.
Pola tarde noite a baile será amenizado pola orquestra BLUE STAR.
Non faltaran os fogos artificiais.

Coas festas de Millán rematase o ano festivo do concello de Sober, a espera do que suceda en Rosende. A parroquia de San Miguel de Rosende amais de festexar en Setembro ao seu patron celebra moitos anos deiversas actividades ludicas e musicais na honra de Santa Lucia.

16/11/07

GARY KUPA: UN MUSICO INGLES EN SOBER




Gary Kupa e un extraordinario musico ingles que fai xa un lustro que se asentou en Sober. Concretamente reside en HORTAS-Anllo Santo Estevo.



Gary Kupa e un fenomenal guitarrista e domina a armónica coma un autentico virtuoso.



A sua musica e tipo blues ainda que fai baladas fermosas e un rock moi doado de escoitar



Fai anos e a petición de Eduardo Alvarez (ALVAPER), compuxo unha moi fermosa canción adicada o VIÑO DE AMANDI.



Gary con asiuidade toca co grupo ourensan MITOCONDRIAS.



Sen dubida unha sorte para os veciños de Sober de contar con xente como GARY KUPA.



Gary actua con frecuencia en Sober en "A BODEGUILLA DE MARCE", na praza do Toural. Sen dubida é moi recomendable asistir a algunha das suas actuacións.


En Onda Lemos Dixital, podemos de cando en vez escoitar temas de Gary Kupa, entre eles a fermosa canción que adicou o VIÑO DE AMANDI.

UN DUO DE ACORDEONS CERRA ESTE SABADO 17 DE NOVEMBRO O CICLO "MUSICA NO OUTONO"



O DUO DE ACORDEÓNS formado por Iñaki Alberdi e Iñigo Aizpiolea- actuará éste Sábado 17 de Novembro ás 20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober, dentro do ciclo "MUSICA NO OUTONO", que organiza XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER. Con este concerto cerrase un ciclo de tres concertos de unha talla musical impresionante.
O duo deste sábado foi constituido en 1998, actuou no Festival de Música e Danza de Granada, Festival Belef de Belgrado e Kragujevac (Servia-Montenegro), Instituto Cervantes, Tianjin International Accordion Festival (China), Festival Internacional de Música de Kokkola (Finlandia), Royal Academy of Music de Londres, Residencia de Investigadores CSIC-Generalitat de Catalunya e Quincena Musical de San Sebastián entre outros.
Actualmente contan coa edición do disco "Colección Nº 8 Juventudes Musicales de España" grabado tras ganar ambos o Primeiro Premio no Certame Permanente de Xóves Intérpretes de JJMM de España (Valladolid 1996).
Traballan activamente con compositores como Stockhausem, De Pablo, Torres o Guinjoan contribuindo asi a labor de difusión e ampliación do repertorio para dúo de acordeón.
Iñaki Alberdi. A sua formación realizaa no Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos (Hondarribia), The Russian Academy of Music (Moscú) e The Sibelius Academy (Helsinki), periodo perante o que obtien o primeiro premio en diversos concursos como a Coupe Mondiale, o Certame Internacional de Moscú e Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes. Traballou con diferentes orquestras como a ORTVE, a Joven Orquesta Nacional de España, "Symphony Orchestra of the Russian Ministery", "Real Filarmonía de Galicia", "Orquesta Nacional de Andorra", "Orquesta Sinfónica de Euskadi", "Orquesta Sinfónica de Bilbao", "Barcelona Sinfonietta" ou "Orquesta Ciudad de Málaga" e con directores da talla de Adrían Leaper, Josep Pons, Cristóbal e Pedro Halffter, Juan José Mena ou José Ramón Encinar. No 2005 saca ao mercado o disco "Música de Cámara Actual – Iñaki Alberdi, acordeón" co selo VERSO, onde recolle obras de Jesús Torres, Gabriel Erkoreka, Zuriñe F. Gerenabarrena, José Mª Sánchez-Verdú, Ramón Lazkano e David del Puerto. O seu traballo e adicación teñen como recompensa a participación en Festivais e escenarios como: Auditorio Nacional, L´Auditori de Catalunya, Quincena Musical de San Sebastián, Auditorio Baluarte de Pamplona, Festival de Música e Danza de Granada, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Teatro Monumental de Madrid, Temporada de Euro Radio e Radio Nacional de España, The Kingston University, Mostly Modern Contemporary Music of Dublin, Duke Sale of London, Schauspielhaus de Viena ou Teatro de la Ópera de El Cairo, así como en Festivais de Moscú, Strasburgo, Portugal, Helsinki e Roma entre outros.
Na actualidade e profesor de acordeón na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e no Centro Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE). No 2005 realiza o estreno absoluto do concerto para acordeón de Jesús Torres no Auditorio Nacional xunto a Orquestra da Comunidad de Madrid.
Iñigo Aizpiolea. Nace en Irún no ano 1978. Estuda con Amaya Liceaga e Thierry Paillet (Francia) no "Centro Internacional de Estudios Acordeonísticos". Realiza cursos de perfeccionamento con Jacques Mornet, profesor e director de la I.E.D.M. de Thor (Francia) e Friedrich Lips, profesor da "Russian Academy of Music" (Moscú). Consigue a máis alta calificación no Recital Certificate de la "Guidhall School of Music & Drama" de Londres. Participou nos máis prestixiosos certámes nacionais e internacionais obtendo el Primeiro Premio no Certamen Nacional "Gipuzkoako Akordeoi Lehiaketa" (Mondragón 1989, 1990 e 1993), no "Internationalen Akkordeon Wettbewerbes Klingenthal" (Alemania 1990, 1992 e 1995), no Certamen Permanente de Jóvenes Intérpretes (Valladolid 1996), no Certamen Internacional "Arrasate Hiria" (España 1997) foi laureado no Certamen Internacional "Coupe Mondiale" CIA-IMC UNESCO (Francia 1994). No 2001 saca a luz a sua primeira grabación en colaboración con Juventudes Musicales de España. Ofreceu concertos no "Festival de Música e Danza de Granada", "Rencontre European d´Accordeon" (Chartres), Festival Internacional de acordeón clásico de Vilnius (Lituania), "Quincena Musical de San Sebastián", "Ciclo de Música Electroacústica" (Vitoria), Festival Internacional de acordeón clásico de Kragujevac (Yugoslavia), Experimenta 21, "Fiesta de la Música" (Barcelona), Auditorio Nacional, "Conservatoire National Superieur de Musique et Danse" (París), Salle Cortot (París), "Juventudes Musicales de España", EMCY, Orquesta de la Fundación de Música de Irún, Radio Nacional de España, Radio France, Radio Euskadi, ETB, ...

Programa do concerto en SOBER:
"Transfiguracion"
Jesús Torres
"Tres Pezas"
Luís de Pablo
"Veran Porteño"
Astor Piazzolla
******
"Fantasía do trencadís"
Joan Guinjoan
"Mimètic"
Albert Sardá
"Petrouschka"
Igor Stravinsky