9/8/08

SOBER E DOADE ACOLLEN A EXPOSICON DE PINTURA "Pintores de Doade"


A Casa da Cultura de Sober acolle ata o día 13 de Agosto a interesante exposición de pintura "PINTORES DE DOADE", que recole obras de artistas plasticos da parroquia soberina. Paco López, María Dolores Fernández, Angeles Rodriguez, Rosa Rodriguez e Nides, son os pintores cuias obras integran a mostra.
A Exposición o organizada pola asociación de veciños de Doade e conta coa colaboración do Concello de Sober.

A mostra pictórica trasladarase o Centro Social de Doade o día 14 de Agosto onde permanecerá ata o 24, ese día será intalada en "A Cantina" de Doade e clausurarase o día 14 de Setembro.

Moi interesante iniciativa e ánimo a visitar a mostra que sen dubida vale a pena.
______
Na foto de Roi Fernández de La Voz de Galicia en Monforte, vemos unha imaxe da exposición na Casa da Cultura de Sober.

5/8/08

LOBIOS FESTEXA A REINA DOS ANXOS OS DÍAS 8, 9 E 10 DE AGOSTO


A parroquia de San Xulian de Lobios, festexará un ano máis a "REINA DE LOS ANGELES", durante a segunda fin de seman de Agosto, neste caso os días 8, 9 e 10. Pensouse que neste ano a parroquia quedaría sen festas, pero o principal impulsor das mesmas, Paco acorcou seguir coa tradicción e honrar a patroa da capela.

Os festexos contaran con actos relixiosos e procesións o sábado e domingo, haberá unha pancetada e queimada gratuitas a noite do venres e importantes grupos musicais encargaranse dos bailes de tarde e noite do sábado e Domingo.

Como é habitual a xornada seguinte o remate dos festexos, neste caso o luns 11 haberá unha misa polos difuntos da parroquia.

Todolos actos se celebran nas inmediacións da fermosa capela que na honra da Virxe dos Anxos hai nas cercanias da Igrexa Parroquial; como curiosidade lembrar que as procesións coa imaxe da virxe fanse nun carro moi fermoso que foi restaurando fai poucos anos.

4/8/08

GRANDE EXITO DA NOVA EDICION DO "PONTELOUCO" EN CASTRO CALDELAS


Adxuntamos o programa e a web do interesante festival que anualmente se celebra na veciña vila de Castro Caldelas. Un moi importante festexo que nos queda moi preto e que non debemos perder. Éste ano foi o 2 de Agosto e foi un éxito como podemos ver na páxina



Non poidemos anuncialo con anticipación e esperamos en vindeiras edicions facelo a tempo.

Resume do programa de actos:

1o:00 Feira de artesanía (que ademais coincide coa feira)
17:00 Xogos para nenos (organizado por Iria)
18:00 Titeres: Seis dedos coa obra varietés
19:oo Malabares
19:45 Monólogo. Canier21: 15 Pasarrúas. Airiños & friends23:00Pregón pola fantasma do castelo, e foguetesTANGHANA´S SHOWCUCHUFELLOSTUNA RASTAFARIAdemais recordade que habia unha zona de acampadaE que ademais, segundo informa o INM, outra vez máis acompañaranos o tempo

1/8/08

FORONSE TRES GRANDES VECIÑOS E AMIGOS


Ben e sabido que a vida é un ciclo; pero un ciclo para moitos máis corto do previsto. Nos últimos días tres coñecidos veciños da parroquia de Arroxo, capitalidade de Sober; faleceron e deixaron un importante oco na vida diaria desta tranquila vila.
Foi primeiro José Luis Corral "Pilin", que de forma totalmente inesperada faleceu xusto o día antes de cumprir 75 anos. O mesmo día "O Pilin" habia feito unha xornada completamente normal, xogando a sua partida de subastado no "Parada", dando os seus paseos por Sober e descansando nun banco do parque a media tarde. A última hora do día o seu corazon quixo parar sen un aviso previo, e todo o que se fixo por salvarlle a vida foi inutil. "O Pilin", era un namorado da Banda de Sober, asistia a todos os actos musicais que se celebraban na vila e foi o principal impulsor para cambiar o diapason de "brillante" a "normal", do instrumental da banda; o seu fillo Arturo formou parte da primeira promoción de alumnos da Escola de Música. Jose Luis Corral, a finais dos 70 regalou un televisor e un radio casete do seu negocio para facer unhas rifas beneficas para a banda. El mesmo no seu "diane 6" visitou toda a comarca vendendo as rifas que logo foron o xerme economico da renovación total do instrumental da banda. Ao tempo, era desas 5 ou 6 personas que non perdían un partido do Sober en "Centeas"; amais dun gran aficionado, fora directivo e presidente durante varios anos. O seu fillo menor Julio, e un dos mais destacados entrenadores de futbol da provincia de Lugo. Todo o futbol comarcal recordou a "Pilin".No seu enterro habia frores do F.C. Sober, Calasancio, Ferreira, Brollon ou dos árbitros de Monforte.
Os poucos días de enterrar a "Pilin", despedimos a Ramon Pereiro Pérez, "O sapo de Vilela"; o Ramon era un personaxe habitual de Sober, todos o recordamos moitas veces con viño de máis, pero era un home dun grandisimo corazon. Como decimos moitas veces, "foi malo só para el". Un desgraciado cancro na zona da gorxa acabou en poucos meses ca vida do Ramon de Vilela aos 53 anos. "O neto da Ricarda", como el mesmo decia, deixa sen dubida un valeiro moi grande, máis tendo en conta a sua xuventude.
Onte mesmo, despedimos en Sober a Pablo Gomez "O portugues". O Pablo, tiña 76 anos e vivia coa sua familia en Sansillao-Proendos, pero sentiuse sempre veciño da sua vila de nacemento, Sober. El mesmo era o portador da cruz nos enterros da capitalidade municipal e curiosamente aos dous veciños que faleceron nas datas precedentes, él os habia guiado dende o tanatorio a Igrexa portando a cruz parroquial. O Pablo, fora un zapateiro moi recoñecido e un personaxe único en Sober; moi servicial co vecindario. Estouno vendo atendendo a sua parra da Praza do Pulpo, ou abrindo a sua casa catro ou cinco veces por día. Dende que se xuvilou seguiu baixando a Sober mañas e tardes e moitas veces diarias, era moi amigo da partida de domino, e o seu compañeiro habitual era o "Pepe barbeiro". Lembraremolo sempre como aficionado do F.C. Sober e con esé berro de "ÁNIMO MUCHACHOS", que o recordalo pomnos a pel de pita.
Xa sabemos que a vida é así. Pero cando nos leva amigos de preto faise moito máis dura.

31/7/08

NEIRAS FESTEXA A SAN SALVADOR O 2 E 3 DE AGOSTO


A parroquia de Neiras celebrará os festexos na honra de seu patron San Salvador o primeiro fin de seman de Agosto, en concreto os días 2 e 3.

O anuncio dos festexos fixose publico nos pasados días e haberá como é habitual actos relixiosos con procesións, fogos artificiais, actividades ludicase e bailes de tarde e noite durante as duas xornadas.

Ao falar das festas de Neiras, lembramonos daquela romaxe campestre que se facia arredor do rio que baña o campo da festa. Non foi moitos anos que centenares de familias do concello de Sober e doutros cercanos abarrotaban as leiras, prados e arboreda das inmediacións do campo para degustar os seus manxares e logo disfrutar da festa.

¡Unha magoa!.
----
Nota.- Na foto a imaxe dunha viña en Neiras e o canal do regadío Val de Lemos a seu caron.

24/7/08

DESPOIS DUN ANO, GUNDIVOS RECUPERA AS FESTAS DE SANTIAGO E SANTA ANA


A parroquia de SANTIAGO DE GUNDIVOS, recupera a suas festas na honra do patron e Santa Ana, despois dun ano en branco.

O pasado ano a parroquia quedou sen festexos, algo pouco habitual, e este ano recuperanse ainda que cun programa moi discreto.

Anunciase unha orquestra "sorpresa" para a noite do 24 e a actuación do grupo FIN DE SEMANA para as xornadas de 25 e 26. Por suposto haberá actividades relixiosas con procesión e fogos artificais. O que parace asegurado é o bo tempo, polo que se agarda un bo numero de visitantes nestas xornadas en Gundivós. Haberá unha pancetada gratuita na tarde noite do día 24.

19/7/08

II ROTEIRO MUSICO POETICO A LUZ DA LUA


Este sabado 19 unha vez rematen os magos na praza do Toural, as 11 e cuarto da noite aproximadamente, sairase para facer o II Roteiro Poetico Musical a luz da lua que organiza a asociacion O COLADO DO VENTO

Visitaranse tres lugares máxicos das terras de Sober que adquiren, se cabe, un maior encanto coa luz da lúa chea.
En cada lugar habera Música e poemas ou relatos cos que queiran agasallar os participantes.
O ano pasado foi algo extraordinario, animarse todos.
* Podes ver as fotos do I Roteiro Músico-Poético á luz da lúa aquí.

ESPECTACULO DE MAXIA NA PRAZA DO TOURAL


Organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, éste sábado 19 de Xullo a partir das 10,30 da noite, na Praza do Toural haberá un impresionante espectaculo de Maxia dirixido polo MAGO ANTON, e no que actuaran amais: CYRILLE SIRELAIR, MAGO CALI, MAGO NORBERTO, MAGO RICHARD e MAGOMIMO ANYO. Sen dubida un autentico espectaculo que non nos podemos perder. O acto esta enmarcado no ciclo MAXIA NAS COMARCAS e a aistencia e totalmente gratuita.

2/7/08

A BARCA FESTEXA A SANTA ISABEL




A fermosa localidade de A Barca de Santo Estevo, na parroquia de Anllo, festexará entre o venres 3 e o domingo 5 de Xullo as suas festas de Santa Isabel. Os actos teñen como escenrio a capela e os exteriores da mesma nun curuto xunto a desenvocadura do Cabe no Sil, en pleno Canon do Cabe; sen dubida un dos lugares máis fermosos que os nosos ollos poden mirar.


Recentemente -o 25 de Maio-a asociacion soberina O COLADO DO VENTO fixo unha ruta baixo o titulo "O salto do cabalo de Santiago", que discorreu por toda a zona entre A Barca e o Mosteiro de Santo Estevo, xa en Ourense. Podemos ver fermosas fotos no paxina http://coladodovento.blogspot.com/


Sen dubida éste fin de semana e dos máis apropiados para poder acercarse a este fermoso e caseque descoñecido lugar tan preto de nos. Achegamonos dende Anllo pola carretera que conduce A Nogueira e finaliza xunto a Capela de A Barca, e unha estrada estreita pero asfalatada.


En canto os actos festivos, haberá como é habitual nos nosos pobos, bailes de tarde e noite con orquestra, misas con procesión e sesións vermú.


Nota.- As fotos foron sacadas do páxina de O Colado do Vento, e correspondese o día da ruta (25 de Maio).