30/1/09

JOSÉ GÓMEZ É OFICIALMENTE NOVO ALCALDE DE SOBER







José Gómez Vázquez, aos seus 72 anos é dende a tarde de onte o novo ALCALDE de Sober de forma oficial. O ata onte primeiro tenente de alcalde, desempeñaba labouras de alcalde dende facia 10 días, data na que al alcaldesa Raquel Arias presentara a sua dimisión para emcabezar a lista do PP pola provincia de Lugo as elecccións autonómicas do 1 de Marzo.

O novo alcalde leva 35 anos no concello; primeiro foi concellal (xa no periodo pre-democratico con Franco no poder) e logo tenente de alcalde. Esta última función desempeñouna con Jesús Vázquez Pérez durante 12 anos (en UCD, AP e PP) e ultimamente con Raquel Arias durante 10 (todos no PP). Jose Gómez, é veciño do lugar da Igrexa na parroquia de Proendos, e moi coñecido polo alcume de "leiteiro"pola profesión que desempeñou durante case toda a sua vida en activo; a de recolledor de leite.
Nota.- Nas fotos de Alberto de La Voz de Galicia, varios momentos da sesión plenaria de investidura do novo mandatario.

14/1/09

O 17 E 18 FESTAS DE SAN AMARO EN PROENDOS




A Parroquia de Santa Maria de Proendos está totalmente preparada para festexar un ano mais a SAN AMARO, cumprindo así coa tradición de iniciar o calendario festivo parroquial do Concello de Sober.


A Asociación de Veciños Proencia, encargada da organización, fixo publico fai uns días o programa dos festexos que será o seguinte:


SABADO 17: As 10,30, pasaruas a cargo dunha sección da BANDA DE MUSICA DE SOBER (formada casi exclusivamente por músicos da parroquia de Proendos). A 1 de mediodía Misa solenne e Procesión. A 1,30 sesion vermú coa BANDA DE MUSICA DE SOBER. As 6 da tarde baile no campo de San Cristovo coa orquestra NOCHE DE GALA e o DUO ECLIPSE. As 9,30 da noite FOLION dende o propio campo da festa.


DOMINGO 18: Pola mañan os mesmos actos que o día anterior, se ben a misa será a 1,30 e a sesion vermú ás 2. Polo seran a partir das 7 será o DOU ECLIPSE o encargado do baile.
Nota.- Nas fotos duas das fermosas pinturas restauradas na abside da Igrexa Parroquial de Proendos.

13/1/09

A RONDALLA BENFEITA ACTUOU NO 91 CUMPREANOS DE ALFONSO LLANO




A Rondalla BENFEITA de Monforte actuou o pasado sábado na Residencia Nosa Señora do Carme de Sober con motivo do 91 cumpreanos de ALFONSO LLANO GONZALEZ. O acto foi organizado por seu fillo Pedro Llano e contou coa presencia tamen de varios componentes da Banda de Música de Sober. O propio homenaxeado e seu fillo actuaron durante a velada.


Alfonso Llano na sua vida en activo foi unha persona moi querida e apreciada entre os seus veciños, adicouse ao oficio de capador e foi carteiro. Viviu ata fai un par de anos en Vilabalde-Figueiroá.

9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace:




29/12/08

MUSICA EN DIRECTO OS DÍAS 3 E 9 DE XANEIRO EN "A BODEGUILLA DE MARCE"




A Bodeguilla de Marce, comenza o 2009 con duas actuacions musicais en directo, como sempre gratuitas. Asi está anunciada para o sabado 3 de Xaneiro a actuacion do grupo monfortino PERPETUAL TWILIGHT e o venres seguinte 9 de Xaneiro o musico londinense afincado en Sober GARY KUPA.


As intencions de Marcelino Álvarez son de contar máis a miudo con actuacions musicais en directo. o certo é que as celebradas ata a data foron sempre un éxito de publico.


Non nos queda máis que animar a participar a xente nestes dous concertos que se aveciñan e agradecer a Marcelino as suas xestions por facernos disfrutar de musica en directo neste noso paraiso terreal.

27/12/08

ACTIVIDADES DE ANINOVO NA CASA DA CULTURA DE SOBER


O Concello de Sober programou diversas actividades no nadal e ten outras previstas de cara ao ano novo.


En concreto para as primeiras datas do ano esta anunciado:


XOVES, 1 DE XANEIRO
19:00h: BAILE DE ANO NOVO no Centro Sociocultural de Sober

SÁBADO, 3 DE XANEIRO
19:00h: 2ª Festa Intercultural: Coñece as costumes e gastronomía dos teus veciños estranxeiros no Centro Sociocultural de Sober
Nota.- Na imaxede La Voz de Galicia, un momento do festival de Nadal da Escola de Musica, celebrado o domingo 21 de Decembro.

18/12/08

DENDE "O BALCON DO SIL": BO NADAL E VENTUROSO ANINOVO










Dende este "BALCON DO SIL", quero desexar o mellor de cara ao 2009 que xa se achega para todos, e en especial para as xentes da miña tribu.


Como fago habitualmente dende fai case unha decada, remito por correo ordinario un poemiña da miña colleita; o deste ano é o seguinte:



ESTAMOS DE NORA-BOA

Estamos de nora-boa, naceu un neno en Belén;
foi nun humilde pesebre, e un boi manso alenta nel.
María, a nai, anda leda bordando roupa para el.
O pai, Xosé o carpinteiro, un roliño anda a facer.
Guiados por unha estrela, tres magos o van a ver.
Os pastoriños da aldea, lle ofrecen doces e mel.
Este neno veu o mundo, soamente para facer ben.

Luís F. Guitián.

O DOMINGO 21, FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MUSICA DE SOBER


O domingo 21 de decembro, as 7 da tarde no Auditorio da Casa da Cultura de Sober, a Escola de Musica de Sober, celebrará o seu habitual FESTIVAL DE NADAL.
O acto contará coa actuación de diversos grupos de nen@s e solistas que interpretaran principalmente temas relacionados coas datas que vivimos.
Haberá no escenario nenos dende 4 anos a adultos de máis de 70.
Actuará tamen a Banda Xuvenil de Musica e a BANDA DE MUSICA DE SOBER baixo a dirección de Miguel Franqueiro.

Este festival é sempre presenciado por numeroso publico e ao tempo aproveitase para inaugurar o BELEN XIGANTE que se instala nos pasillos do Auditorio da Casa da Cultura.

3/12/08

DE CEA CON MARCOS VALCARCEL





O pasado sábado, varios centos de persoas poidemos disfrutar dunha tarde inesquecible; primeiro no Liceo de Ourense a presentación do ultimo libro de Marcos Valcarcel e logo no San Miguel dunha cea na compaña do propio Marcos e a sua famila; mais ben a s suas familas: a carnal e a de amigos.

Foi unha tarde fantastica, mais ainda cando a ultima hora me enterei da derrota do Madrid e da victoria do Barcelona. E ainda máis cando a cea estivo musicalmente amenizada por un grupo de clarinetes: os vigueses CARAMUXO, gañadores da ultima edicion do concurso convocado pola Fundación Barrié de la Maza.
Dende este moi sinxeliño blog, non me atrevin ata hoxe a dicir nada; sabia que moitos e moi bos blogs galegos darian cumprida e ben feita información do acto. O certo que non podia tampouco deixar ainda que fose unha simple reseña e un enlace co blog supremo:






Quero tamen en primeiro lugar felicitar a Marcos pola sua xenerosa amizade e polo incansable labor; eu son un Soberino de Ourense que ama dempois de Sober a cidade das burgas; moita culpa delo tena Marcos Valcarcel. Quero tamen felicitar e agradecer a os organizadores, todos eles amigos: Trebi, Xoan Fonseca, Benito Losada, Alfonso Vázquez-Monxardin ,Cesar Ansias, Martinez-Pedrayo, Eustaquio Puga e Xosé Ramón Quintana, a organizacion fantastica do acto.