12/2/09

OS COMPADRES PROTAGONISTAS EN SOBER




Un ano máis o XOVES DE COMPADRES, tivo un destacado protagonismo no concello de SOBER. A capitalidade municipal con un importante numero de "bonecos" , e as localidades de Anllo e Matamá foron os lugares onde os compadres se contaron por decenas. En Sober uns trinta exemplares diante a Casa Consistorial con protagonismo especial para o novo alcalde JOSE GOMEZ, outro grupo representando os nenos da gardería e todos os traballadores masculinos do obradoiro no entorno da piscina municipal foron os que se poideron contar; en Anllo e Matamá as veciñas fixeron a caseque todos os homes do pobo.



Sen dubida xornada festiva de entroido que esperamos se repita o proximo xoves coa correspondente "revancha".


Nota.- As fotos son de ROI FERNANDEZ e foron publicadas en LA VOZ DE GALICIA do venres 13-02.

5/2/09

"PINGADOURO" DENUNCIA A INCORRECTA E CONFUSA SEÑALIZACION DO CANON DO SIL

A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.
O Canon do Sil é o lugar mais visitado de toda a Ribeira Sacra e un dos máis visitados de Galicia durante todo o ano. É un espacio protexido dentro da Red Natura 2000 e calificado como L.I.C. (Lugar de Interes Comunitario); abrangue as ribeiras do rio Sil dos Concellos ourensanos de Parada do Sil e Nogueira de Ramuin e dos lucenses de Sober (nun 90%) e Panton (10%). Esta zona protexida discurre unicamente dende o Santuario de Cadeiras en Pinol-Sober ata a xuntanza dos rios Sil e Miño en Os Peares.
A nefasta e confusa sialización feita dende sempre, viuse agora colmada coa colocación de paneis de xigantescas dimensións no lugar de Cambeo (Concello de Coles), no cruce das estradas nacionais N-525 e N-540 -concretamente no kilómetro 249 da N-525) indicando este importante e visitado punto turistico en dirección a Chantada. Esto ocasiona unha confusión aos visitantes que non pode ser admisible baixo ningun concepto e que demostra a falta total de coñecemento por parte de todas as persoas responsables da demarcación de carreteras do estado e ao tempo das empresas as que se encargan estos traballos, que por certo, ocasionan cuantiosos desembolsos económicos.
Ao mesmo tempo dende a N-120 a señalización deste importante punto de interese turistico estivo e segue a estar dende sempre mal señalizado. Tanto en direccción Ourense-Ponferrada como Ponferrada-Ourense o Cañon do Sil indicase nas saidas de Penalva e Os Peares na Provincia de Ourense e en Monforte na saida da estrada de Castro Caldelas na Provicia de Lugo. Nos dous primeiros casos as estradas de acceso ao Cañon do Sil son moi deficientes e estreitas e no caso de Monforte a estrada conduce o Rio Sil pero non ao CAÑON DO SIL. A única saida NATURAL, LOXICA e ao tempo COMODA para todo tipo de vehiculos é no kilometro 530 da estrada N-120 en CANABAL. Dende aqui pode accederse en calquera vehiculo (turismos ou autocares) en moi poucos minutos a multitude de puntos do propio CAÑON DO SIL (Cadeiras, Santiorxo, Bolmente-Cividade e O Boqueiriño- ou Os Chancís).
Pola presente queremos denunciar esta falta de criterio e ao tempo pedimos a retidada dos paneis erroneos e a colocación dos correspondentes paneis informativos en CANABAL.
Ao tempo dende a asociación PINGADOURO mostramos a nosa disposición para colaborar na subsanación deste "erro".
Sober a 5 de Febreiro de 2009.

REMITIRONSE COPIAS DO ESCRITO A DEMARCACION DE CARRETERAS DO ESTADO EN GALICIA E AS UNIDADES PROVINCIAIS DE CARRETERAS DO ESTADO EN LUGO E OURENSE.

3/2/09

XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER INICIA A "PRIMAVERA MUSICAL" CUN CONCERTO DE TROMBON E PIANO O DIA 14 DE FEBREIRO EN MONFORTE


Xuventudes Musicais de Sober, da inicio a unha nova tempada musical co ciclo "PRIMAVERA MUSICAL" e presentará o sábado día 14 de Febreiro ás 8,15 da tarde na Casa da Cultura de Monforte ao máis prometedor trombonista do estado; o xovencisimo asturiano SANTI NOVOA que estará acompañado polo pianista RAMON LÓPEZ. O concerto conta coa colaboración da Sociedade Filarmónica de Monforte que cede o seu piano para o acto e do Concello de Monforte que facilita os locais.

Santi Novoa (Oviedo, 1992) inicia os seus estudios musicais aos 7 anos no Conservatorio Julián Orbón de Avilés con Marcos Malnero. Dende 2003 asiste a clases en Bilbao con Daniel Perpiñán.
Recibe clases individuais con Joseph Alessi en Nova York e asiste a clases impartidas en The Juilliard School. Amáis, realiza cursos de perfeccionamento con Christian Lindberg, Baltasar Perelló, Andras Tejer, Mel Cuberson, Peter Sullivan, Ricardo Casero ou Stefan Schulz, entre outros.
Foi premiado en distintos concursos como o Concurso Joaquín Maya (Pamplona, 2004); Concurso Nacional de Jóvenes Intérpretes “Ciudad de Llíria” (2005); Certamen Intercentros -fase autonómica- (Oviedo, 2005) e o premio especial “viento metal” do mesmo certame en Madrid; concurso nacional “Ciutat de Xàtiva” (2006) ou Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (Segorbe, 2007).
Fixo distintos concertos como solista e acompañante para Orquestra dende 2004, entre os que destacan o concerto solista coa Orquestra Sinfónica de Asturias no Auditorio “Príncipe Felipe” de Oviedo, coa Sinfónica “Julián Orbón” de Avilés en Carrara (Italia) ou de solista na UDK de Berlín interpretando a Sonata de Sulek.
Ramón López comeza os estudios de piano no conservatorio de Bilbao. Finaliza o grao superior en Madrid con Almudena Cano. Posteriormente realiza dous anos de posgrado na Guildhall School of Music de Londres co profesor Peter Bithell. Foi alumno activo nos cursos de veran de Santander impartidos por Emile Naoumoff e en Niza con Pascal Rogè. Colaborou co orfeón vasco de Madrid na representación en versión concerto de “El caserío” de Guridi. Foi pianista acompañante nos conservatorios medio e superior de Murcia. Segundo premio no concurso nacional de música de cámara Salzillo de Alcantarilla na categoría profesional. Ocasionalmente colaborou coa orquestra sinfónica da Rexión de Murcia e coa orquestra e coro da Universidade Complutense de Madrid. Traballa no terreo da música experimental co grupo “Oyaxtrés”

Programa a interpretar

Gordon Jacob (1895-1984):
Concerto para trombón orquestra
******
Benedetto Marcello (1686-1739):
Sonata
Axel Jorgensen (1881-1947):
Romanza para trombón e piano, op. 21 (1921)
Stjepan Sulek (1914-1986):
Sonata para trombón e piano (1973)

30/1/09

JOSÉ GÓMEZ É OFICIALMENTE NOVO ALCALDE DE SOBER







José Gómez Vázquez, aos seus 72 anos é dende a tarde de onte o novo ALCALDE de Sober de forma oficial. O ata onte primeiro tenente de alcalde, desempeñaba labouras de alcalde dende facia 10 días, data na que al alcaldesa Raquel Arias presentara a sua dimisión para emcabezar a lista do PP pola provincia de Lugo as elecccións autonómicas do 1 de Marzo.

O novo alcalde leva 35 anos no concello; primeiro foi concellal (xa no periodo pre-democratico con Franco no poder) e logo tenente de alcalde. Esta última función desempeñouna con Jesús Vázquez Pérez durante 12 anos (en UCD, AP e PP) e ultimamente con Raquel Arias durante 10 (todos no PP). Jose Gómez, é veciño do lugar da Igrexa na parroquia de Proendos, e moi coñecido polo alcume de "leiteiro"pola profesión que desempeñou durante case toda a sua vida en activo; a de recolledor de leite.
Nota.- Nas fotos de Alberto de La Voz de Galicia, varios momentos da sesión plenaria de investidura do novo mandatario.

14/1/09

O 17 E 18 FESTAS DE SAN AMARO EN PROENDOS




A Parroquia de Santa Maria de Proendos está totalmente preparada para festexar un ano mais a SAN AMARO, cumprindo así coa tradición de iniciar o calendario festivo parroquial do Concello de Sober.


A Asociación de Veciños Proencia, encargada da organización, fixo publico fai uns días o programa dos festexos que será o seguinte:


SABADO 17: As 10,30, pasaruas a cargo dunha sección da BANDA DE MUSICA DE SOBER (formada casi exclusivamente por músicos da parroquia de Proendos). A 1 de mediodía Misa solenne e Procesión. A 1,30 sesion vermú coa BANDA DE MUSICA DE SOBER. As 6 da tarde baile no campo de San Cristovo coa orquestra NOCHE DE GALA e o DUO ECLIPSE. As 9,30 da noite FOLION dende o propio campo da festa.


DOMINGO 18: Pola mañan os mesmos actos que o día anterior, se ben a misa será a 1,30 e a sesion vermú ás 2. Polo seran a partir das 7 será o DOU ECLIPSE o encargado do baile.
Nota.- Nas fotos duas das fermosas pinturas restauradas na abside da Igrexa Parroquial de Proendos.

13/1/09

A RONDALLA BENFEITA ACTUOU NO 91 CUMPREANOS DE ALFONSO LLANO




A Rondalla BENFEITA de Monforte actuou o pasado sábado na Residencia Nosa Señora do Carme de Sober con motivo do 91 cumpreanos de ALFONSO LLANO GONZALEZ. O acto foi organizado por seu fillo Pedro Llano e contou coa presencia tamen de varios componentes da Banda de Música de Sober. O propio homenaxeado e seu fillo actuaron durante a velada.


Alfonso Llano na sua vida en activo foi unha persona moi querida e apreciada entre os seus veciños, adicouse ao oficio de capador e foi carteiro. Viviu ata fai un par de anos en Vilabalde-Figueiroá.

9/1/09

XOSE LOIS GARCIA PRESENTA O LIBRO "SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER"



A Galeria SARGADELOS de Monforte, acolle o venres 9 de Xaneiro as 8 da tarde a presentación do libro SIMBOLOXIA DO ROMANICO DE SOBER, obra do chantadino de Merlan Xosé Lois Garcia, unha das principais autoridades do mundo na simboloxia romanica, que ten xa publicados sendos volumes sobre o romanico de Amarante-Portugal e o romanico de Pantón.


No acto participaran amais do autor o Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia Felipe Arias e a profesora Flora Enriquez.


O libro que se publica, ven a enriquecer o patrimonio bibliográfico adicado a Sober, que se iniciou en 1901 coa publicación da primeira edición de "Monforte y su látigo" obra do enton alcalde da localidade Casimiro López Salgueiro. Ata 1977 as publicacions adicadas en esclusiva a Sober quedaron orfas, ese ano Enrique Fernández Llano deu a luz "Descripcion del Termino Municipal de Sober", unha moi fermosa obra que ainda se pode considerar vixente. Nos últimos anos chegaron o volume colectivo "SOBER" editado pola Deputacion de Lugo, a segunda edicion comentada por Pablo Manuel Losada de "Monforte y su latigo", "Castastro da Ensenada no Concello de Sober", transcrito por Manuel Rodriguez ou o interesante "Catalogo de formas da Alfareria de Gundivos", obra de Luciano García Alen.


No libro que acaba de sair a rua Xose Lois Garcia, en palabras de Felipe Arias "arrinca das pedras lemavas de Sober toda a mensaxe dos signos e dos símbolos, paralela sempre á súa información histórica e puramente artística, e faino porque como noutras obras súas, Xosé Lois sofre un proceso de identificación co obxecto do seu estudo; achégase neste caso a un feixe de templos rurais que conservan singulares trazas e elementos románicos ó lado das inevitables reformas barrocas, neoclásicas e aínda posteriores. É obvio que o Románico non se pode apreciar nin entender sen o seu simbolismo, sen a súa significación de verdadeira lección pétrea en tempos nos que o analfabetismo era norma fóra de ámbitos moi concretos e determinados. Por iso, debe recoñecerse a importancia do inxente traballo que Xosé Lois García realizou en Sober, por exemplo e por citarmos tan só tres pezas senlleiras do elenco que este libro recolle, para nos ofrecer esta súa documentada visión de igrexas como Anllo, Lobios ou Proendos".


Non fai moitos días La voz de Galicia publicaba unha entrevista co autor que pode lerse no seguinte enlace:




29/12/08

MUSICA EN DIRECTO OS DÍAS 3 E 9 DE XANEIRO EN "A BODEGUILLA DE MARCE"




A Bodeguilla de Marce, comenza o 2009 con duas actuacions musicais en directo, como sempre gratuitas. Asi está anunciada para o sabado 3 de Xaneiro a actuacion do grupo monfortino PERPETUAL TWILIGHT e o venres seguinte 9 de Xaneiro o musico londinense afincado en Sober GARY KUPA.


As intencions de Marcelino Álvarez son de contar máis a miudo con actuacions musicais en directo. o certo é que as celebradas ata a data foron sempre un éxito de publico.


Non nos queda máis que animar a participar a xente nestes dous concertos que se aveciñan e agradecer a Marcelino as suas xestions por facernos disfrutar de musica en directo neste noso paraiso terreal.

27/12/08

ACTIVIDADES DE ANINOVO NA CASA DA CULTURA DE SOBER


O Concello de Sober programou diversas actividades no nadal e ten outras previstas de cara ao ano novo.


En concreto para as primeiras datas do ano esta anunciado:


XOVES, 1 DE XANEIRO
19:00h: BAILE DE ANO NOVO no Centro Sociocultural de Sober

SÁBADO, 3 DE XANEIRO
19:00h: 2ª Festa Intercultural: Coñece as costumes e gastronomía dos teus veciños estranxeiros no Centro Sociocultural de Sober
Nota.- Na imaxede La Voz de Galicia, un momento do festival de Nadal da Escola de Musica, celebrado o domingo 21 de Decembro.