2/10/07

A AGRUPACION "PINGADOURO" ULTIMOU O VIAXE AS TERRAS DE CELANOVA PARA O DOMINGO 14 DE OUTUBRO




Como xa habiamos anticipado a Agrupación Micoloxica "PINGADOURO" , organiza unha excursión a comarca de CELANOVA (Ourense). A día de hoxe todo está xa ultimado.

A viaxe será gratuita, cada participante terá que facerse cargo da sua comida, que se fará en Celanova; cada un no restaurante que queira.
Un dos princiapis motivos da viaxe é que o día 26 de Novembro de 2007 cumprense 1100 anos do nacemento de San Rosendo. Por este feiro a Santa Sé concedeu “Ano Xubilar” ata ese día. Os que se acerquen a Celanova nese periodo gañaran as “indulxencias plenarias” concedidas polo papa Bieto XVI.

A viaxe xerá Domingo, día 14 de Outubro de 2007.
Sairase das Casitas da Compañía de MONFORTE ás 8,30 da mañá. Farase unha parada en CANABAL (N-120), ás 8,40 e en FERREIRA (N-120) ás 8,45.

PROGRAMA DE VISITAS:

Concello de TOEN:



- Igrexa de San Pedro de Moreiras, con fermosa fachada barroca do XVII. Ten un doble campanario que chama moito atención.



Concello de BARBADAS:
- Pazo de Bentraces, do S. XV; reformado no XVII. Preto o pazo cruceiro do XVII.
- Igrexa de Santa Maria de Sobrado do Bispo, románica do principios do XIII, circundada de casas fidalgas dos séculos XVI-XVII. No outo da vila Casa da Mitra do S. XVI, foi residencia dos bispos de Ourense.
- Igrexa románica de San Martiño de Loiro, do XII, cunha moi fermosa fado.

Concello de A MERCA:
- No lugar de A Merca, moi interesante e conservado conxunto de cabaceiros (horreos), preto de medio cento. Interesante Cruceiro de Vilar.
- En A Mezquita. Igrexa de San Pedro, románica do S. XII, con interesante boveda de crucería. É monumento nacional e considerase a máis importante obra do romanico rural da provincia de Ourense.

Concello de CARTELLE:
- Santuario de As Maravillas (S. XVIII), situado nun fermoso entorno natural.
- Igrexa barroca de Santa Baia de Anfeoz (S. XVIII), destaca un interesante campanario e un fermoso peto de ánimas.
- Ponte de Freixo (no limite con Celanova, sobre o rio Arnoia). Ponte romana sen modificacions.
- Petroglifos de Freixo, conxunto de 5 gravados rupestres.

Concello de RAMIRÁS:
- Igrexa mosteiral de San Pedro. Romanica moi ben conservada con orixe no S.X.
- Igrexa de San Salvador de Paizás, románica do S. XII.

Concello de CELANOVA:
- Santa Eufemia de Milmanda:
Moi fermoso povo que conta con:
- Alcazar Medieval (orixe da actual Igrexa Parroquial)
- Peto de ánimas (dos máis grandes de Galicia)
- Conxunto de cabaceiros
- Casas con grandes balconadas e corredores.
- Duas igrexas; (a parroquial de Santa Eufemia, e outra barroca na honra de Santa María)
- Castromao: Castro dos de maior riqueza arqueolóxica (restos dos seculos VI a. de c. a II d. de c.) Foi excavado en diferentes epocas por Cuevillas, Ferro Couselo e García Rollán. Hai descovertas máis de 70 edificacións.
-Acevedo do Rio: Lugar de nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Moi preto peto de ánimas de Meson do Cavadoiro.
-CELANOVA (capital):
- Mosteiro de San Salvador (San Rosendo). Destaca o retabulo maior da Igrexa con columnas salomónicas, furnas con restos de San Rosendo e San Torcuato, dous coros con fermosa sillería, un moi interesante relicario e un organo restaurado que fan soar en caseque todalas misas (vale moito a pena escoitalo), dous claustros, …
- Na parte traseira do mosteiro (antiga horta) temos a capela de San Miguel (mozárabe do S.X).
- Na vila podemos visitar a Praza Maior, Rua da Botica, Alameda, Casa de Curros Enriquez (no número 37 da rua do mesmo nome).

-VILANOVA DAS INFANTES: Núcleo de orixe medieval no que destaca:
-Torre do Castelo (hoxe centro comarcal),
-Conxunto de cabaceiros.
-Casas fidalgas.
-Cristo medieval na Igrexa Parroquial.
-Santuario da Virxe do Cristal .Unha diminuta imaxe que se atopa nunha especie de ovo de cristal. (¡unha miragre!).
-Palco de musica
-Peto de ánimas.
-Ponte do Ribeiro e Ponte Fechas (citados polo P. Sarmiento no seu “viaje a Galicia de 1745”).
-Capela Santuario da Virxe da Armada, na parroquia de Rabal. Aquí celebrase unha das romerias de máis sona da provincia de Ourense.

Concello de A BOLA:

- Igrexa de San Munio da Veiga, románico-oxival do s.XIII, conta co sartego de San Munio na capela principal. Destaca un baldaquino gotico e un peto de ánimas no muro exterior .


NOTAS.-
-Ao estar en Terra de Poetas (Curros Enriquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Mendez Ferrin, …), caseque é obrigatorio recitar poemas en algunha das visitas.

-En Celenova hai varios Restaurantes. Os pratos máis caracteristicos son: Embutidos, Cocido, Lacon con Grelos, “Pata dos Poetas”, Licor Café e de Herbas , …

-Para apuntarse a excursión, debe de facerse antes do 11 de Outubro falando con Lois Dapena en Monforte (639738945) ou Luis Guitian en Sober (610054013)

1 comentario:

Anónimo dijo...

BRavo, aunque podes documentarte mellor.Un saúdo dende Cartelle.Uxía.