23/7/07

X FILANDON DE O CAUREL: MUSICA EN ESTADO PURO




O pasado domingo a Ferreria de Savane en Seoane de O Caurel foi escenario dunha nova edicion do "Filandón", a décima. Son xa dez anos deste curioso festival de musica popular que nos adentra na musica propia da nosa montaña e que sigue a conservar as cores de antano. Sen dubida alguha, estamos a falar -mais ben a escoitar- música en estado puro.
O lugar onde se celebrou o festival é fermoso, como todos e cada un dos recunchos da montaña caurelá. A Ferrería de Savane, dise que foi a maior e mellor das ferrerias de toda a península;
foi construida entre 1808 e 1810, sobre outra xa anterior por prisioneiros franceses para abastecer de armas ao exercito español na loita contra os propios franceses. Unha vez rematada a guerra, no 1814, adicouse a produccions de planchas de aceiro e apeiros de labranza, e xa no 1920 transformase en central hidroeléctrica e aserradeiro, producindo enerxía eléctrica para pobos de O Caurel. Permaneceu en activo ata fai un par de decadas.
Ao caron da ferreiria construiuse o muiño, que conta con duas pedras de metro e medio de diametro, son francesas e cada unha ten seu tamiz para seleciona-la fariña. E un muiño hidráulico, movido por unha roda horizontal.
Fai uns anos a Xunta chegou a un acordo cos propietarios para restaurar a ferreria e o entorno e ali facer un museo etnográfico; ao parecer xa se gastaron -mais ben malgastaron- máis de 50 millons de pesetas e todo sigue a dia de hoxe en via morta.
O certo e que a pesares do dia chuvioso que tivemos por Santa Maria Madalena o encontro musical foi un éxito. Temos que felicitar ao principal valedor deste encontro musical, Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e natural da parroquia caurelá de Romeor.
No entorno da antiga ferrería, que onte funcionou de novo, foronse reunindo trala chamada de Xan de Vilar co seu corno celta -que xa se usaba antigamente como reclamo para xuntanzas veciñais-, músicos e cantores de toda a montaña.
Manola Porto encargouse da presentación do evento que se iniciou coa actuación da aboa do filandon Elvira Touzon de Santa Eufemia que con 98 anos demostrou unha memoria e destreza musical envidiables. O brindeiro Ribeira de Louzarela, Hida e os Cantores de Ferreirós, Os Gaiteiros de Lino de Piñeira, Francisco Iglesias do Carballal, Roberto Quintillan, Os Louceriños, Os Gaiteiros de Pacios de trala Serra, os poetas Ricardo Locay e Xesus Galan, a Banda de Gaitas do Caurel, Domingo Balboa do Regueiro, a Orquestra de Romeor, os Cantores de Trabazas, e o Grupo de gaitas e acordeon de Claudio, Ramón, Aniceto e Xan de Vilar completaron as actuacións locais.
Tamén escoitamos na festa varios artistas convidados como o grupo de acordeons do Conservatorio de Ourense que dirixe Daniel Meiriño, a xove finalista de eurojunior Miriam Figueiras, Os Alegres de Mourente ou Pai da Cana de Poio. Poidose ver unha mostra de instrumentos tradicionais, bibliografia e discografia e tamen se fixo unha degustacion de feixons con mel do Caurel.
Os participantes foron obsequiados pola organización cun DVD coas actuacions das tres primeiras edicions deste entrañable festival ao que desexamos longa vida.
Nota.- Na fotos de Casanova podemos ver a Xan de Vilar chamando co seu corno celta e unha das actuacións do filandon. Na paxina www.jrcasan.com podemos atopar videos e moitas máis fotos dos tres ultimos filandons.

No hay comentarios: