7/4/08

CENTOS DE PERSOAS ASISTEN O FUNERAL DO EX-ALCALDE XESÚS VÁZQUEZ PÉREZ


Na tarde do Domingo 6 de Abril, a capitalidade de Sober despediu a Xesús Vázquez Pérez, que fora alcalde durante cerca de trinta anos entre 1971 e 1999. Ós actos asistiron centos de veciños e amigos, entre eles moitos politicos da provincia de Lugo. O amigo "Suso" finou na madrugada do sábado na sua casa na vila de Sober.
Jesús Vázquez fora na sua xuventude barbeiro, logo tamen exercera como presidente da Cámara Agraria Local e tivo durante anos un almacen de pensos e a distribución de butano para o Concelllo de Sober.

Fora nomeado alcalde o 9 de febrero de 1971, e continuou ata as eleccions municipais de 1999, cando decidiu non voltar a presentarse.

Para moitos sempre será "O Alcalde", xa que foron moitos anos no cargo, dende a época franquista ata a chegada da democracia. Nas elecccions as que se presentou, primeiro por UCD e logo polo PP, sempre gañou con maioria absoluta. Foi tamen Diputado Provincial.
Nos últimos meses non andaba moi ben de saude ata o punto de que lle fora amputada unha perna. A pesar delo tiña unha moi grande ilusión por vivir e cada vez estaba máis animado. Nas últimas semanas estaba moi recuperado polo que a sua morte chegou de forma inesperada.

Dende este humilde blog, sumamonos a dor da sua viuva Lola e das suas fillas e netos.

"Suso sempre estará entre nós". Esperemos que se faga algún acto de lembranza, que cremos moi merecido.

Nota.- Na foto de La Voz de Galicia, podemos ver a centos de persoas no acompañamento ata a Igrexa de Sober.

No hay comentarios: