18/6/08

A BANDA DE SOBER OFRECEU CONCERTOS DIDACTICOS EN PANTON E SOBER


A Banda de Música de Sober, baixo a batuta de Miguel Franqueiro, ofreceu sendos concertos didacticos nos centros culturais de Panton e Sober. Os concertos organizados pola Escola de Música de Sober contaron coa a sistencia de preto de 200 alunnos de diversos centros de ensino da comarca de Lemos. En concreto no concerto de Pantón asistiron os alumnos do colexio Monte Valiño e da Galescola de Ferreira. Ao concerto de Sober acudiron alumnos do Coelxio Virxe do Carme e do PAI (gardería) de Sober, do IES A Pinguela de Monforte, e dos Colexios de Escairon e Boveda. Un dos obxetivos dos concertos era o de captar alumnos para a Escola de Música de Sober e posible incorporación posterior a Banda de Música de Sober..

Os rapaces pasárono en grande escoitando as bandas sonoras de películas como Indiana Jones ó tempo que poideron coñecer algo máis sobre os instrumentos utilizados. Varios pequenos tamen tiveron a experiencia de dirixir a propia banda.

No hay comentarios: