Como estaba previsto, o luns 22 de Setembro -festa local en Sober- remataron as festas do Carme en Sober coa actuación da orquestra POCEIRO e a degustación dunha PAELLA XIGANTE, na que participaron un moi importante numero de veciños e visitantes.
As festas remataron e o balance ten que facelo cada un.
Pola nosa parte, solicitar máis axuda para temporadas vindeiras tanto dos propios veciños como do Concello; e ao falar de axuda non soio nos referimos a económica que xa se sabe é a maís importante; debese de axudar en todolos aspectos.
Adxuntamos fotos da paellada xigante, do tiro de corda e da actuación da orquestra POCEIRO.
A PAELLA XIGANTE, como o ano anterior foi feita baixo a batuta dun cociñeiro internacional, tratase de José Arias , un veciño do Piñeiro de Bulso, que vive habitualmente en Suiza. Foron setenta kilos de arroz, sepia, calamares, polo, pimentos, caldo de pescado,berberechos, langostinos ou mexilons entre outros ingredentes os que fixeron realidade a gran paella. Como non podía ser menos axudaron varios veciños e veciñas en diferentes labores; entre eles e como como Axudantes de Cociña estiveron Lois, Simón e Losada.
As palas utilizadas foron as do ano anterior, de madeira de cerdeira e ciprés, e foron feitas polo carpinteiro de Sober Tomás Rodríguez . Agora volven estár ben gardadas para telas a punto para a próxima paella que se fará -Deus mediante- o ano que próximo.
Adxuntamos con data 26 de Novembro máis fotos da paellada e todas as do tiro de corda que foron facilitadas por Sandra Meijide Feijoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario