19/2/09

UN CENTENAR DE COMADRES "INVADEN" O CONCELLO DE SOBER


Como era de esperar os homes non quixeron quedar atras, e na xornada de COMADRES poideron contemplarse arredor dun cento no concello de Sober.



Na praza de Sober habia 30 bonecas diante da casa consistorial representando as eleccions do primeiro de Marzo e a Euromillones que tocou recentemente na vila, amais de media ducia coas nenas da garderia.



Na piscina municipal os homes do obradoiro fixeron as rapazas que traballan con eles, preto de vinte. En Anllo Santo Estevo, máis de vinte exemplares entre grandes e pequenos representaban unha clinica de xinecoloxia (habia dende unha consulta coa xinecologa, unha muller parindo, a cola da consulta e unha pequena na incubadora sendo atendiada por unha auxiliar. En Matamá estaban representadas 20 mulleres do lugar e en Millán habia dous exemplares. Sabemos tamen que no Colexio de Sober se fixeron varias comadres. O certo e que a tradicion de compadres e comadres en Sober parece que e a única que resiste dentro das moitas que se facian durante o entroido en diferentes parroquias e lugares do concello.

NOTA.- A foto de ROI FERNANDEZ mostra unha comadre de Anllo.

No hay comentarios: