4/3/09

UN INSTRUMENTO DE VENTO ROMÁNICO: O DOLIO DE SANTO ESTEVO DE ATAN


Na Igrexa de Santo Estevo de Atan (Panton); unha das xoias románicas da Ribeira Sacra descubrimos recentemente un instrumento musical típico do romanico: O DOLIO. Curiosamente a imaxe dunha cara humana cun "pipote" pequeno pareceunos sempre -a nos e a moitos estudosos-, un home bebendo viño, máis tendo en conta a zona onde nos atopamos.
Pois o certo é que se trata dun instrumento da época romanica; deunos conta do mesmo o musicologo e extraordinario gaiteiro PABLO CARPINTERO, veciño do concello de Carballedo. Todo sucedeu nunha recente visita a Sober, durante a longa e fructifera conversa preguntoume por instrumentos musicais que aparecesen en Igrexas da comarca, para un traballo que anda a facer. Ao tempo preguntou se sabiamos dalgun "pipotiño" de viño en algunha igrexa. Nos sabiamos entre outros deste fermoso e coñecido "bebedor de Atan", que non resultou ser tal bebedor senon un compañeiro musico de vento. Unha vez remitida a foto a Pablo Carpintero, confirmounos rotundamente que en ATAN tiñamos un precedente musical os de Sober.
Para saber mais ao respeto temos na Revista de Folklore un artigo de Faustino Porras Robles , titulado "UN NUEVO AEROFONO DEL ROMANICO: EL DOLIO", onde se describe por primeira vez o instrumento.

No hay comentarios: