18/5/09

SOBER SERA ESTE FIN DE SEMANA SEDE DA ASAMBLEA XERAL DE JUVENTUDES MUSICALES DE ESPAÑA


Como xa habiamos anunciado, a Asamblea Xeral de Juventudes Musicales de España de 2009 terá lugar os días 22, 23 e 24 de Maio, en Sober.


Os horarios das actividades máis importantes son os seguintes:


VENRES 22

-Ás 18,30 no Parador de Turismo de Monforte. Reunion do Consello de direccion.
-As 21,00 no Parador de Turismo de Monforte. Actuación do OCTETO DE CORDA ALTISSIMO ENSEMBLE, de Londres, que interpretaran obras de: Lutoslawski, Dvorak, Telemann e Stewart.
Formado por oito violinistas e violistas de varias nacionalidades, a Altissimo Ensemble e un grupo de corda moi singular establecido en Londres. O repertorio do grupo inclue tanto adaptacions de pezas clásicas e barrocas como tamén composicions contemporáneas escritas especialmente para esta formación por autores como Ian Stewart, as obras que integran o primeiro disco do conxunto: "San Gejtanu" (Music Chamber, 2008).
O Altissimo Ensemble distinguese poao sua peculiar textura sonora, posto que prescinde do rexistro grave dos violonchelos. O grupo foi unha idea orixinal dun dos membros, Claudio Forcada, que propuxo a creación dun conxunto formado só por violins e violas. Dende enton este proxecto inicial viuse enriquecido polo entusiasmo de diferentes compositores, que mostraron interés por una combinación de instrumentos tan característica e insólita.

SABADO 23

-Ás 9,30 da mañá no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober inicio da ASAMBLEA XERAL coa participación de preto dun centenar de delegados de todo o estado Español.
As 13,30 horas visita do Alcalde de Sober e da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
As 14,00 Aperitivo no Centro Sociocultural de Sober
Ás 14,30 Xantar no SANTUARIO DE CADEIRAS
Ás 18,30 Talleres (Produccion de concertos e Promocion)
Ás 20,30 da tarde no AUDITORIO da CASA DA CULTURA DE SOBER: Actuacion do CUARTETO DE SAXOFONS DA CORUÑA.
O Cuarteto de Saxofóns da Coruña xestouse na aula do profesor Narciso Pillo en 1992. Nace coa idea de difundir o saxofón e cubrir o oco existente na música de cámara do noso país no que ao saxofón clásico se refire, labor que veu realizando dende a sua fundación, debido ao entusiasmo e acollida que se lle dispensa nas actuaciones.
Composto pola élite dos saxofonistas galegos, o Cuarteto de Saxofóns da Coruña e notable pola calidade interpretativa dos seus membros, que fan valer o instrumento baixo una forma que hasta o presente foi pouco explotada, mostrando as ricas posibilidades do grupo en canto a sonoridad, timbre, extensión e beleza tanto a nivel individual como de conxunto.
O repertorio que traballa o cuarteto está formado casi exclusivamente por música do s. XX, habida conta de que o instrumento nace a finais do XIX, ainda quee tamén fai fronte a transcripciones de obras clásicas representativas. No repertorio destacan compositores como Glazounov, Bozza, Francaix, Desenclos, Ibert, Pierné, Boucard, Singelée, River, Iturralde...
Na actualidade, os componentes adedicanse a docencia en conservatorios de Galicia e forman parte de importantes colectivos bandísticos. Son: Narciso Pillo (saxo soprano); Eva Aguiar (saxo alto); Gerardo Bacelo (saxo tenor) e Marcos Mariño (saxo barítono).
O programa que interpretaran en Sober é:
CONCERTO ITALIANO BWV 971 de Johan Sebastian BACH
I ------ II- Andante, III- Presto
INTRODUCTION ET VARIATIONS SUR UNE RONDE POPULAIRE de Grabriel PIERNÉ
QUARTOUR pour Saxophones de Alfred DESENCLOS
I- Allegro non tropo, II-Calmo, III-Poco largo, ma risoluto
QUARTOUR pour Saxophones de Pierre Max DUBOIS.
I- Overture, II-Doloroso, III-Spirituoso, IV-Andante-Presto.
DOMINGO 24.
-As 9,30, Conclusions da Asamblea no Parador de Monforte.
-As 10,30, Charla-presentacion de Juventudes Musicales
-As 12,00 Visita do Alcalde de Monforte de Lemos e Clausura da Asamblea.

1 comentario:

Banda de Agolada dijo...

Hola amigo!!!
Non sei se te acordas de min. Son o chaval aquel de Agolada que foi o curso a Lugo co Nilo. Bueno pois a che que a dirección do me blog sobre a banda de Agolada. Un Saúdo.!!