5/6/09

BOLMENTE E ANLLO SAN ESTEVO TEÑEN ULTIMADAS AS SUAS FESTAS DE SAN ANTON




A Parroquia de Bolmente ten preparado para os días 5, 6 e 7 de Xuño as suas festas na honra de San Anton de Padua; este ano correspondelle a Bolmente festexar primeiro ao santo que comparten Anllo. Os de Anllo anuncian importantes actividades para os días 13 e 14.
Nos dous casos habera importantes orquestras para amenizar os bailes de tarde e noite, misas coa correspondente procesion nas duas xornadas (sabado e domingo), fogos artificiais e outras actividades ludicas. Os grupos musicales que actuaran seran: en Bolmente o dúo CAMELIA, que amenizara a pancetada do día 6, COSTA DORADA o día 7 e ANAGRAMA o domingo 8.
En Anllo NOVA PALMA e o dúo ESTELAR actuaran o 13 e GALILEA o 14.
Nas fotos temos A Casa Rectoral de Anllo e a Igrexa Parroquial de Bolmente, importantes elementos arquitectonicos do Concello de Sober.

No hay comentarios: