16/11/10

UNHA XOVEN FRAUTISTA NORUEGA PROTAGONIZA O SEGUNDO CONCERTO DO CICLO MUSICA NO OUTONO DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER O SABADO 20 DE NOVEMBRO


Un extraordinario Concerto de Frauta e Piano será o segundo do ciclo MUSICA NO OUTONO de XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER. O concerto celebrarase o sabado día 20 as 8 da tarde no Patio de Cristal no novo HOTEL PALACIO DE SOBER e a entrada será gratuita.
O concerto estará a cargo da xoven frautista noruega Ingrid Soefteland Neset, que será acompañado polo recoñecido pianista Manuel Martinez Esperilla.

Ingrid Soefteland Neset, frauta
Procedente de Bergen, Noruega, Ingrid toca a frauta dende os dez anos, formadose con profesores como Trond Magne Brekka, Ingela Oien ou Gro Sandvik.

A pesar da sua xuventude, ten unha ampla experiencia como solista en concerto, en traballo con orquestra e en música de cámara. Actuou en varios festivais como Olavsfestdagene, Nordlands musikkfestuke ou o Festival Fartein Valen, tamén actuou como solista coa Orquestra Filarmónica de Bergen.

Participou en masterclases de flautistas de recoñecido prestixio como James Galway, Sharon Bezaly, Ian Clarke ou Vincent Lucas.

En 2009 gana o Concurso Nacional de Xóvenes Intérpretes de Noruega e también obten o título de «Musician of the Year».

Ingrid hfoi estudante do programa para músicos con talento da Griegacademy de Bergen. Fai pouco tempo que iniciou a Licenciatura na Real Academia Danesa de Música de Copenhagen con Toke Lund Christiansen, sendo a única e máis xoven aspirante que obtivo 12 puntos de 12 no exame de ingreso.


Manuel M. Esperilla, piano
Manuel Esperilla (Almendralejo. Badajoz, 1976) comenza os estudios musicais aos oito anos. Durante a sua formación, recibe clases de Esteban Sánchez e Guillermo González. Finaliza o Master en Piano en Madrid en 1998 coas calificacions máis altas. Recibe consellos de prestixiosos pianistas como Peter Bithel, Joaquín Achúcarro, Serghei Yerokin, Claudio Martínez Mehner, Niklas Sivelov ou Luiz de Moura Castro, entre outros. En 2006 ingresa na clase de solistas de piano de Det Kongelige Danske Musikkonservatorium con José Ribera. En 2009 debuta na sala de concertos de esta prestixiosa escola.
Foi galardoado en varios concursos de piano como o Cidade de Albacete (1998) ou o Concurso do Rotary Club de Palma de Mallorca (1999).
Como solista actuou no Auditorio Nacional de Madrid, Accademia Musicale Chigiana en Siena, Auditorio Ciudad de León, Auditorio de Tivoli e Auditorio de Odense (Dinamarca). Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Extremadura, Orquestra Sinfónica da Royal Danish Academy of Music e Filarmónica de Copenhagen.
Manuel Esperilla tamén e profesor e pianista acompañante. En 1999 obten a praza de profesor de piano en España. Foi mestre no Conservatorio Hermanos Berzosa de Cáceres e no Conservatorio Victoria de los Ángeles de Madrid. Actualmente reside en Copenhagen i e profesor no Real Conservatorio de Música de Dinamarca.
Moi interesado na música contemporánea, Manuel colabora regularmente con formacions contemporáneas como Athelas Snfonietta Copenhagen (coa dirección de Pierre-André Valade), Scenatet o Dygong. Tamén, en 2008, foi membro fundador do grupo In Evidenza, que colabora con compositores xóvenes para difundir a música máis actual dentro e fora de Dinamarca.

Programa

JULES MASSENET (1842-1912)
Meditation de Thais para frauta e piano

Olivier Messiaen (1908-1992):
Le merle noir, para frauta e piano (1952)

PAUL TAFFANEL (1844-1908):
Gran Fantasía sobre temas da ópera Mignon, de Ambroise Thomas


*******

SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)
Sonata para frauta e piano núm.2 en re maior, op 94 (1943)
Andantino
Allegro
Andante
Allegro con brio

1 comentario:

Pablo Coria dijo...

Muchas gracias por organizar este concierto tan interesante de flauta.

Le he querido dar la merecida publicidad desde el blog de la Orquestra de Frautas de Galicia.

http://orquestradefrautasdegalicia.blogspot.com/2010/11/concierto-de-flauta-y-piano-en-sober.html