15/2/11

O CUARTETO DE SAXOS FUKYO INICIA O SABADO 26 O CICLO PRIMAVERA MUSICAL DE XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER



O Cuarteto de Saxofons Fukyo será o grupo que inicie o ciclo de concertos PRIMAVERA MUSICAL que programa Xuventudes Musicais de Sober.
O ciclo contará con tres concertos e este ano celebraranse es lugares e espacios diferentes.
O Cuarteto de Saxofons Fukyo actuará no Patio de Cristal do Palacio de Sober o sabado 26 de Febreiro, o duo de Clarinete e Acordeón, que forman Arantxa Aguirre e Ana León celebrarase o sábado 12 de Marzo na Casa Parroquial de Anllo Santo Estevo e o Guitarrista Carlos Almoril que actuará a finais de Maio farao no Patio do Centro Oleiro Rectoral de Gundivós.
Os concertos seran gratuitos e comenzaran as 8 da tarde.

Detallamos a continuación o curriculo e o programa do concerto do día 26 de febreiro.

FUKYO, cuarteto de saxos
Joaquín Saez- Saxo soprano
Manuel Garcia- Saxo alto
Jose Manuel Bañuls- Saxo tenor
Angel Soria- Saxo Baritono


Dende a súa creación en 2007, os componentes deste grupo conxugan unha mesma aposta pola diversidade de estilos. Música étnica, folclórica, popular, a transcripción, o jazz e a música do noso tempo. Amáis desto, conectan a música de cámara xunto outras disciplinas elaborando unha manifestación artística que fai de Fukyo un cuarteto de saxofons con identidade propia. Este tipo de agrupación manten unha singularidade especial, dado que a invención do saxofón e tardía si o comparamos o cuarteto de corda, con esto faise evidente unha literatura ampla en música actual e pequena pero existente en canto a repertorio clásico. Polo tanto o cuarteto de saxofones Fukio presenta co seu programa unha versatilidade en estilo e obra que concerne todo o dito.

Seus componentes estudan no Conservatori Superior de Música das Illes Balears, Hochschule für Musik der Stadt Basel (Suiza) e Royal College de Londres i exercen uhna actividade musical intensa tanto en cámara como a solo amais de colaborar con orquestras como OJRM, Orquestra do Conservatori Superior de Música IIBB, Orquestra Sinfónica de Baleares, etc. Esta dedicación levounos a realizar numerosos concertos por Europa e América. Participan no “Mallorca Saxophone Festival”, “Febreiro Musical” de Cox (Alicante), “Serenates d’Estiu” de Cala Rajada, "Xornadas Suizas do saxofón" ou "Festival Off-Arteria". Son incluidos na programación cultural de “Sa Nostra” Caixa de Balears en 2009. Actúan en salas importantes como Klturkreis Arosa (Suiza), Auditori Saint Germain de Pôitiers (Francia), Wiener Musikverein (Austria), “Top of The Rock” (EE.UU). Reciben clases maxistrais de música de cámara de profesionais como Christian Wirth (Cuarteto Habanera), Marcus Weiss (Trio Accanto), Marie B. Charrier (Proxima Centauri), Andrés Gomis e Josetxo Silguero (Sigma Project), J.M. Londeix, Thomas Indermüle ou do Trio Kandinsky entre outros. Teñen no seu haber os siguintes premios: -1º premio no III Concurso nacional de música de cámara d’Albelló -1º premio no XIII Concurso de JJM de Sitges. -1º premio na VIII edición do Concurso de música de cámara Ciutat de Vinaròs. -1º premio no XXII Concurso de música de cámara Ciutat de Manresa. -1º premio no VI e VII Concurso comarcal Vega Baixa i Baix Vinalopó. -1º premio no I Concurso nacional de interpretación Ramón Guzmán. -1º premio no XVI concurso de música de cámara Villa de Cox. -2º Premio na 64 edición do Concurso Permanente de Xuventudes Musicais.



PROGRAMA

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Fuga, en re menor, BWV578 (c. 1705)

Hugo Reinhart (1958)
Cuarteto en fa menor
Allegro ma non troppo
Adagio
Presto

György Ligeti (1923-2006)
Seis Bagatelas (1953)
Allegro con spirito
Rubato. Lamentoso
Allegro grazioso
Presto ruvido
(Béla Bartók in memoriam) Adagio. Mesto
Molto vivace. Capriccioso

Nino Rota (1911-1979)
Passarella di addio, del film Otto e mezzo, dirixido por Federico Fellini (1963)

***

Wolgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Adagio, da Serenata nº 10, en sib maior, K361 “Gran Partita” (c. 1782)

Claude Debussy (1862-1918)
Cuarteto nº 1, en sol menor, op. 10, L85 (1893)
I. Animé et très décidé
II. Assez vif et bien rythmé

Manuel de Falla (1876-1946)
Danza nº 1, da ópera en dous Actos A vida breve (1905)

Astor Piazzolla (1921-1992)
Fugata