24/4/08

GARY KUPA PRESENTA NOVO DISCO EN SOBER O VENRES 25 DE ABRIL


O músico GARY KUPA "O londinense", que vive en HORTAS-SOBER presenta éste venres 25 de Abril ás 11,30 da noite no local "A Bodeguilla de Marce", un novo traballo discográfico. Cremos moi interesante ésta actuación musical de GARY KUPA e animamos a publico en xeral en participar na mesma.

Gary, un gran guitarrista e que domina a armónica, na actualidade forma parte do grupo ourensan MITOCONDRIAS.

O 24 DE MAIO LEMBRARASE A FIGURA DE TADEO GUITIAN, NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO


Un grupo de ex-alumnos do Mestre TADEO GUITIAN ALVAREZ, ten perfilado unha serie de actos para o sábado 24 de Maio. As actividades pretenden lembrar o múscio e director soberino no ano e mes do seu centenario.

Para esa data está previsto a colocación dunha praca de bronce na casa onde viviu o Mestre Tadeo Guitian, na rua do Comercio de Sober, a presentación oficial dun pasodoble feito para a ocasión por Indalecio Fernández Groba titulado "MAESTRO TADEO" e unha xuntanza de todolos los ex- alumnos de Tadeo Guitian; preto de un centenar.

Os actos seran a partir das 12 da mañá.
Actuará a banda de música de Sober e os ex-alumnos que o desexen.


Tadeo Guitian Alvarez nacera en Outeiro-Sober 0 8 de Maio de 1908 e finou en Agosto do 1987 de forma inesperada.
Amais de director da banda de Sober habia rexentado un bar en Sober e foi xuiz de Paz.
O mestre Tadeo foi quizais a figura mais emblematica de toda a historia da Banda de Música de Sober.
No 1975 cando regresou de Madrid xuvilado José Ramon López Alvarez "Cuñas", entre ambos organizaron en Sober unha escola de Música coa axuda de Dositeo Guitian e Heriberto Pérez; xa na primeira promoción cerca de vinte educandos engrosaron as filas da banda de Sober e dende aquela todolos anos novos valores se incorporan a banda soberina.
Aqui mostramos unha foto de mediadas dos anos 60 cando Tadeo Guitian dirixia a Banda de Santa Cruz de Brosmos; naqueles intres non habia banda en Sober.
Sería a partir de 1975 ao sair a primeira promoción de xoves da escola de música cando se "roubou" o nome os de Santa Cruz e dende enton voltou a ser Banda de Sober.

14/4/08

XUVENTUDES MUSICAIS PRESENTA O "TRIO ARTEMIS" O SABADO 19 DE ABRIL


O Trio de Cámara ARTEMIS, integrado por tres importantes profesoras de Violin, Frauta Traveseira e Violonchelo actuará o sábado 19 de Abril ás 8 da tarde na Casa da Cultura de Sober, dentro da programación musical de Xuventudes Musicais e no Cilco PRIMAVERA MUSICAL, que abriu o pasado mes a ORQUESTRA DE CAMARA DE GALICIA, con un rotundo éxito de publico.

A continuación facilitamos os datos do grupo que actua o próximo sábado xunto co programa a interpretar.



TRIO ARTEMIS
Laura López, violín
Yolanda Uriz, flauta
Gemma Llorens, violonchelo

Fundado en La Haya (Holanda) no 2003, o Trio Artemis, composto por profesoras superiores en música de cámara, realiza unha labor encomiable na difusión do repertorio tanto barroco como clásico escrito para esta atípica formación.
Durante a sua formación no Koninklijk Conservatorium Den Haag, o trío perfecciona o seu nivel interpretativo recibindo clases dos mellores mestres na materia a nivel europeo como son Emily Beynon, Marien van Staalen, Kees Hülsmann, Rien de Reede, Hans Eijsakers e Wilbert Hazelzet.
Habitualmente ofrecen concertos en toda Holanda e seus membros tocaron en salas tan importantes como a Anton Philipzaal (La Haya), Vreedenburg (Utrecht), Het Concertgebouw (Amsterdam), Berliner Philharmonie, Berliner Concerhouse, Concertgebouw Brugge (Belgica), Auditorio Nacional (Madrid), L'Auditori (Barcelona), entre outros.
Entre os seus proxectos cabe destacar a grabación dun cd con obras de Jaap van Roy escritas especialmente para esta formación.


Laura López é profesora superior de violín e profesora superior de música de cámara polo Conservatorio Superior de Salamanca e Conservatorio do Liceo de Barcelona. Fixo estudios de postgrado no Real Conservatorio de La Haya (Holanda) con Kees Hülsmann, David Peralta Alegre e Gordan Nicolic.
Foi membro da Joven Orquesta Nacional de España, do Cuarteto Ars-Nova, Trío Garun e Dúo Isorum co que obten o premio no Concurso de Cámara Ciutat de Vinaròs e premio do Certamen de Música de Cámara Santander-Sardinero.
Asimismo colabora coa Orquestra Sinfónica do Koninklijk, Conservatorium de La Haya e a Orquestra Sinfónica de Galicia e formou parte da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Salamanca como concertino.
Actualmente ocupa o posto de reemplazante na Holland Symfonia (Ámsterdam).
Fixo grabacions para a Televisión Holandesa, Radio Nacional de España e Televisión Española.

Yolanda Uriz realiza a carreira de flauta con Xavier Relats e Virginia Martínez Penuela. Prosigue seus estudios en Holanda, no Royal Koninklijk Conservatorium con Emily Beynon e recibe clases de piccolo de Vincent Corturin. Actualmente, amplía seus estudos no departamento de música antigua con Willbert Hazelzet.
En 2000 forma parte da Joven Orquestra de Euskal Herria (EGO) e tras o seu paso por esta orquestra e seleccionada como membro titular pola JONDE hasta 2005, de quien recibe duas becas de estudio e con quen realiza varias grabacions.
E invitada amáis a participar na xira coa Joven Orquesta Europea (EUYO) en 2005 con Vladimir Askenazy por Bélgica, Alemania e Inglaterra.
Ao longo destos anos recibe clases en diversas masterclass e cursillos de profesores como Jeanne Baxtrasse, Jaime Martín, William Bennett, Patricia Morris, Magdalena Martínez, entre outros.
Formou grupos de cámara como Arena Quarttet, Windy Word-Quinttet.

Gemma Llorens comenza seus estudios de violonchelo no Conservatorio Profesional de Música de Badalona con Mark Friedhoff. Gana o Primeiro Premio no Concurso de Música de Cámara de Castellterçol (1994) na formación de cuarteto de cuerda.
Durante a sua primeira etapa formativa asiste a diversos cursos de formación musical con Peter Thiemann, Marçal Cervera, Sergi Boadella, Yehuda Hanani, Ángel Luís Quintana e Jean Decross.
Foi seleccionada para formar parte da Joven Orquesta Sinfónica de Cataluña (JOSC) Alevin como primeiro violonchelo. Posteriormente foi seleccionada para participar en diferentes encontros da Orquestra OEMUC, a Orquesta ACEM e a Camerana XXI co maestrazgo de Timothy Hugo, asistindo en todas elas como primeiro violonchelo.
Con 17 anos obtivo o 2º Premio de Interpretación Individual no Concurso Aberto de Interpretación de Arjau. Paralelamente recibía clases maxistrais de Leonid Gorokhov e Alexander Boyarsky.
Estudia con Iagoba Fanlo e Aldo Mata con quen termina o Grado Superior no Conservatorio Superior de Salamanca e con Philippe Müller e David Strange.
En 2002 e aceptada no Real Conservatorio de La Haya e actualmente está cursando un master no CODARTS de Rótterdam con Marien Van Staalen.

Programa a interpretar en SOBER
"O TRIO SONATA NO SECULO DAS LUCES"
Johann Christian BACH (1745-1782):
Trío en Do M
Allegretto
Adagio
Allegro

Johann Sebastian BACH (1685-1750):
Trío en Sol M
Largo
Vivace
Adagio
Presto

Johann Joachim QUANTZ (1697-1773):
Trío sonata en Do m
Andante
Allegro
Affettuoso
Allegro

Pietro A. LOCATELLI (1695-1764):
Sonata I
Andante
Largo andante
Allegro

Franz Joseph HAYDN (1732-1809):
Divertimento trío nº4 “London trio”, en Sol M Hob IV: 4 (1794):
Allegro

Franz Joseph HAYDN (1732-1809):
Divertimento London trío I
Allegro moderato
Andante
Finale

7/4/08

CENTOS DE PERSOAS ASISTEN O FUNERAL DO EX-ALCALDE XESÚS VÁZQUEZ PÉREZ


Na tarde do Domingo 6 de Abril, a capitalidade de Sober despediu a Xesús Vázquez Pérez, que fora alcalde durante cerca de trinta anos entre 1971 e 1999. Ós actos asistiron centos de veciños e amigos, entre eles moitos politicos da provincia de Lugo. O amigo "Suso" finou na madrugada do sábado na sua casa na vila de Sober.
Jesús Vázquez fora na sua xuventude barbeiro, logo tamen exercera como presidente da Cámara Agraria Local e tivo durante anos un almacen de pensos e a distribución de butano para o Concelllo de Sober.

Fora nomeado alcalde o 9 de febrero de 1971, e continuou ata as eleccions municipais de 1999, cando decidiu non voltar a presentarse.

Para moitos sempre será "O Alcalde", xa que foron moitos anos no cargo, dende a época franquista ata a chegada da democracia. Nas elecccions as que se presentou, primeiro por UCD e logo polo PP, sempre gañou con maioria absoluta. Foi tamen Diputado Provincial.
Nos últimos meses non andaba moi ben de saude ata o punto de que lle fora amputada unha perna. A pesar delo tiña unha moi grande ilusión por vivir e cada vez estaba máis animado. Nas últimas semanas estaba moi recuperado polo que a sua morte chegou de forma inesperada.

Dende este humilde blog, sumamonos a dor da sua viuva Lola e das suas fillas e netos.

"Suso sempre estará entre nós". Esperemos que se faga algún acto de lembranza, que cremos moi merecido.

Nota.- Na foto de La Voz de Galicia, podemos ver a centos de persoas no acompañamento ata a Igrexa de Sober.

4/4/08

CURSOS DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS EN AMANDI E ARXEMIL


Coa coordinación da Consellería do Medio Rural a traves do Centro de Formación e experimentación agraria de Monforte (Escola de Capacitación Agraria) e da Oficina Comarcal de Extensión Agraria de Monforte, celebraranse dous cursos para a obtención do carné de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios; un en Amandi (na bodega Rectoral de Amandi) e outro en Arxemil (local parroquial). A información dos cursos pode obterse no Concello de Sober ou en Monforte na oficina Agraria Comarcal ou na Escola Agraria.

A obtención deste carné é moi importante e pronto será obrigatorio para poder aplicar sulfatos, herbicidas e todo tipo de productos fitosanitarios. Ata o de agora xa de organizaron arredor de media ducia de cursos en Sober é estes dous son os primeiros que se fan fora da capitalidade municipal.

O de Amandi comenza o 7 de Abril e finaliza o 18; o de Arxemil iniciase o 18 de Abril e remata o 5 de Maio, en ambos casos o horario é de tarde noite (de 8,30 a 10,30 da noite). Os cursos teñen unha duración de 25 horas e atodos os asistentes que superen un pequeno exame final facilitaraselle o carné e un diploma acreditativo.


31/3/08

NORABOA A "FUNERARIA RIVAS" POLA UTILIZACION DO NOSO IDIOMA


Queremos felicitar a empresa soberina "FUNERARIA RIVAS", pola utilización do noso idioma en todas a suas esquelas dende principios de ano.

Ata o de agora, a empresa utilizaba o galego cando a familia do finado/a o requeria; pero dende principios de ano todas as esquelas que editou a funeraria soberina foron redactadas en galego. Por certo, a xente aceptou de moi bo grado esta iniciativa que só nos resta aplaudir.

Animamos a outras empresas a seguir o exemplo.

26/3/08

FOTOS E VIDEO DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI




Xa fai días que se celebrou a Feira do Viño de Amandi, e as vacacións de Semana Santa Fixeron que non actualizasemos este blog ata hoxe.

A continuación facilitamos un enlace da web do profesor e bó amigo José Ramon Casanova con un video e un albun interesante de fotografías da última edición da Feira do viño de Amandi.

Lembramos que na presente edición as adegas que resultaron ganadoras do concurso de cata foron:

Adega LOBEIRAS de Barantes co viño Priscilus, Adega GUIMARO de Santa Cruz de Brosmos e Adega ESTRELA de Vilachá de Doade.


O enlace o que remitimos é o seguinte:


14/3/08

PROGRAMACION OFICIAL DA XXVIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


A continuación trasladamos o programa oficial que presenta o Concello de Sober para a XXVIII Feira do Viño de Amandi que se celebrará como sompre o Sábado e Domingo de Ramos, neste caso 15 e 16 de Marzo.


SABADO 15

11:30.- Lanzamento de 28 bombas de palenque anunciando o comezo da XXVIII Feira do Viño de Amandi.
12:00.- Apertura de stands. Comezo da actuación de grupos rexionais e a Charanga Os Chispas de Ourense, que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
12.30.- Concurso exhibición dos alumnos da Escola Municipal de fútbol.
13:45 .- Inauguración da feira polo Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal.
16.30.- Xornada de Tenis de mesa e Gymkana deportiva .
18:00.-CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SOBER
18:30.-Inicio da precata oficial. O panel de cata será o seguinte:
Dona Gloria Marino: Directiva da Asociación Galega de Sumilleres.
D. Daniel Romay Piñeiro: Vocal por Lugo da Asociación de sumilleres Gallaecia.
D. Ruben Moure Fernández: Comité de Cata do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
D. José Manuel Fernández Anguiano: Directivo da “ Irmandade dos Viños Galegos”.
D. Xose Lois Sebio: Directivo da asociación galega de Catadores.
21:00. BAILE Amenizado pola orquestra "OS PLAYERS" na Praza do Toural.


DOMINGO 16

10:30.- 23 Bombas de palenque, unha na honra de cada un dos adegueiros participantes.
10:45.- Actuación de grupos rexionais e charanga que amenizarán a feira o longo de toda a xornada.
11:00.-Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
11:30.-Comezo da Cata Final no salon de actos do Centro Sociocultural co panel de cata do día anterior.
12:00.-Misa Solemne e bendición de Ramos na Igrexa de Sober.
12:30.-RecepcióndeAutoridades.
13:00.-Pregón- Espectáculo.
- Entrega de premios ós participantes no certame literario.
17:30.-Entrega de premios ós adegueiros gañadores da cata na Casa Grande de Rosende. (os tres ganadores quedarán reflexados nun panel habilitado no recinto feiral).
20:00.-Baile Verbena ca Orquestra FIN DE SEMANA no Toural.
EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA: "ROSALÍA E CABANILLAS A TRAVÉS DO VIÑO"
SALA EXPOSICIÓN Nº 2.- (CENTRO SOCIOCULTURAL)

7/3/08

XUVENTUDES MUSICAIS TEN ULTIMADO O PROGRAMA "PRIMAVERA MUSICAL" 2008, QUE SE INICIARÁ CO CONCERTO DA ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA O 29 DE MARZO




A asociación Xuventudes Musicais de Sober, ten totalmente perfilado o programa de concertos para o ciclo "PRIMAVERA MUSICAL". Quizais o deste ano sexa o mellor programa dos ofrecidos ata a data.
As actividades iniciaranse o Sábado 29 de Marzo ás 8 da tarde co concerto da ORQUESTRA DE CAMARA GALEGA que dirixe Rogelio Groba Otero -fillo do compositor Rogelio Groba.
A orquestra actuará por un convenio entre Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e maila Fundación Rogelio Groba, que están a desenvolver un programa de concertos que teñen como obxectivo a difusión da música clásica feita en Galicia entre distintos sectores da poboación, como son a xuventude e a terceira idade. Froito desta colaboración, xa se interpretaron obras dos nosos autores en lugares como Bos Aires, así como en distintos puntos de Galicia e do resto do Estado. Este ciclo terá continuidade ao longo do presente ano con máis dunha ducia de concertos por toda a xeografía española así como en Nova Iorque.

O programa para interpretar en Sober será o seguinte:
I PARTE:
Divertimento para cordas …………..………..… R. Groba Otero
- Allegro pesante
- Tempo fúnebre
- Allegro - molto moderato - allegro
Impresión nocturna …………………….…..……… Andrés Gaos Agochado………………………………………………... Rogelio Groba
II PARTE:
Sonata nº 7 para orquestra ……………….……. Antonio Carlos Gomes
- Allegro animato
- Allegro scherzoso
- Largo
- Adagio
- Lento e calmo
- Vivace
(“O burrico de pau”)
Catro momentos nº 3..…………………….………… Ernani Aguiar
- Tempo de Maracatú
- Tempo de Cabocolinos
- Canto
- Marcha
A plantilla da orquestra formana os seguintes profesores:
Violíns:
Rogelio Groba Otero (director-concertino), Beatriz Rodríguez Caridad, Enrique Agrelo Otero, Olalla Canoura López, Manuel Fernández Gayol, Mª Isabel Sanjuán Pérez, Teresa Dieste Vilas, Xacobe Lamas Carral.
Violas:
Raquel Sanpedro del Castillo, José A. Folgueiras López, Susana López Iglesias, Rodrigo Tubío Barreira.
Violoncellos:
Clara Groba Otero, Elena Pérez Iglesias, Adriana Lorenzo Iglesias.
Contrabaixos:
Joaquín Pallás Fuertes, Adolfo Alemany Alemany.
A ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, foi fundada en 1995 e fixo o seu debú dentro do XLIV Festival de Ópera da Coruña. Presenta un repertorio que abarca diferentes épocas e estilos, do barroco temperán á actualidade, facendo fincapé nos autores contemporáneos. Nesta liña, dende 2003 a súa actividade estivo ligada ao estudo e difusión da obra de Rogelio Groba Groba, canalizada a través dunha estreita e constante colaboración coa Fundación R. Groba. Integrada por músicos profesionais formados en diferentes conservatorios europeos, colaborou con profesionais da talla de Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Luís Estellés, Anthony Pay, Teresa Berganza ou Juan Lomba. Tamén realizou gravacións para RTVG e RTVE, participou na VI e VII edicións do Festival Internacional de Galicia, e en numerosos concertos por toda a xeografía española. En 2005 foi responsable da estrea mundial da ópera de Manuel García, “Don Quijote” na Real Maestranza de Sevilla. O seu primeiro disco, editado por Boanergies, acadou excelentes críticas na prensa especializada destacando as “cinco estrelas ao mellor son” da revista Amadeus, e inclúe obras de Rakov, Elgar, Groba Groba e Groba Otero. O seu segundo CD, integrado só por obras de Rogelio Groba co gallo do seu 75 Aniversario, foi publicado en 2005 polo selo Iberautor da SGAE. Recentemente actuou no prestixioso festival vienés Spanish Modern con gran acollida por parte do público, presentando estreas absolutas de obras de compositores galegos, e realizou unha exitosa xira por Arxentina actuando en lugares tan emblemáticos como a Iglexa da Santa Cruz, o Antigo Congreso ou o Teatro Metropolitan. A OCGA segue o modelo de dirección do século XVIII a través da figura do director-concertino, posto ocupado dende a súa formación por Rogelio Groba Otero.
O seu director ROGELIO GROBA OTERO é Titulado Superior na especialidade de Violín e Música de Cámara, continúa a súa preparación durante varios anos en Londres con Detlef Hann, profesor de la Guidhall School of Music and Drama. En 1995 funda como director-concertino a Orquestra de Cámara Galega. En 2000, dirixe a gravación da súa propia obra, Divertimento para cordas, incluída no primeiro CD desta formación, e en 2005 a gravación do segundo CD adicado integramente á obra do seu pai Rogelio Groba Groba. En maio de 2007 dirixiu á OCGA no Spanish Modern Festival de Viena onde obtivo un gran éxito de público e crítica interpretando obras de compositores galegos, e en agosto nunha exitosa xira por Arxentina. Realizou gravacións para Radio Galega, TVG, TV3, TVE e RNE, e ademais de España, actuou en Portugal, Francia, Gran Bretaña, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia e Venezuela. Ademais de director-concertino da Orquestra de Cámara Galega, é presidente da Asociación Galega de Música de Cámara, patrono da Fundación Rogelio Groba Groba, profesor superior de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e director da Orquesta Sinfónica do Conservatorio de Música de A Coruña.

Os concertos que completan a PRIMAVERA MUSICAL 2008 seran os seguintes:
Artemis Trio, (Frauta, Violín e Violonchelo): 19 de abril
José Antonio Domené, (arpa): 17 de mayo
Ignacio Martínez (trompeta) e piano (data sen confirmar)
Sen dubida un programa de concertos extraordinario para disfrutar en Sober da mellor musica.