26/9/08

O SAN MIGUEL DE ROSENDE OS DÍAS 27 E 28 DE SETEMBRO


O veran festivo de Sober vai chegando ao seu final, e así a parroquia de Rosende ten perfilado para os días 27 e 28 de Setembro as suas festas na honra do Patron San Miguel. Durante as duas xornadas haberá sesions vermú e Misa Solenne con Procesión, os bailes de tarde e noite seran amenizados polas orquestras ANDURIÑA, D´ MODA e COSTA AZUL. Como non pode ser menos haberá tamen sesións de fogos artificiais e pasarruas matinais.

23/9/08

REMATAN AS FESTAS DE SOBER CUNHA PAELLA XIGANTE




Como estaba previsto, o luns 22 de Setembro -festa local en Sober- remataron as festas do Carme en Sober coa actuación da orquestra POCEIRO e a degustación dunha PAELLA XIGANTE, na que participaron un moi importante numero de veciños e visitantes.

As festas remataron e o balance ten que facelo cada un.

Pola nosa parte, solicitar máis axuda para temporadas vindeiras tanto dos propios veciños como do Concello; e ao falar de axuda non soio nos referimos a económica que xa se sabe é a maís importante; debese de axudar en todolos aspectos.
Adxuntamos fotos da paellada xigante, do tiro de corda e da actuación da orquestra POCEIRO.
A PAELLA XIGANTE, como o ano anterior foi feita baixo a batuta dun cociñeiro internacional, tratase de José Arias , un veciño do Piñeiro de Bulso, que vive habitualmente en Suiza. Foron setenta kilos de arroz, sepia, calamares, polo, pimentos, caldo de pescado,berberechos, langostinos ou mexilons entre outros ingredentes os que fixeron realidade a gran paella. Como non podía ser menos axudaron varios veciños e veciñas en diferentes labores; entre eles e como como Axudantes de Cociña estiveron Lois, Simón e Losada.
As palas utilizadas foron as do ano anterior, de madeira de cerdeira e ciprés, e foron feitas polo carpinteiro de Sober Tomás Rodríguez . Agora volven estár ben gardadas para telas a punto para a próxima paella que se fará -Deus mediante- o ano que próximo.
Adxuntamos con data 26 de Novembro máis fotos da paellada e todas as do tiro de corda que foron facilitadas por Sandra Meijide Feijoo.

16/9/08

AS FESTAS DO CARME EN SOBER COMENZAN O VENRES 19 E REMATAN O LUNS 22 DE SETEMBRO




A capitalidade municipal de Sober, está xa preparada para as suas festas maiores na honra da VIRXE DO CARME. Os festexos inicianse o Venres a media tarde coa sub¡da en procesión dende San Martiño da imaxe da patroa da capitalidade, xa pola noite haberá o primeiro baile e farase unha quiemada popular. O Sábado haberá pasarruas pola mañá, misas rezadas e MISA MAIOR con PROCESION a mediodía. Polo seran un TORNEO DE FUTBOL 7 cadete con equipos de Ourense, Lugo e Monforte e pola noite baile ata ben entrada a madrugada. O Domingo pasaruas coa BANDA DE MUSICA DE SOBER, concerto matinal pola mesma agrupación, MISA CANTADA con PROCESION acompañada pola propia banda, e pola tarde o TIRO DE CORDA xa clásico na praza do toural. Pola tarde noite novamente baile con dous grupos musicais.


O Luns (festa local en SOBER), remataran os festexos con actos relixiosos pola mañá unha PAELLA XIGANTE GRATUITA a media tarde e o ultimo baile pola noite.


Como é habitual haberá actividades para os pequenos grupos de gaiteiros e fogos de artificio.


Os grupos contratados para amenizar os festexos son entre outros: "OS MINHOTOS", "PLAYERS", "POCEIRO",
"DUO MERITXEL" e "TORNADO".

9/9/08

SUBIDA AO CEO DE GALICIA (PENA TREVINCA)














O pasado domingo 7 de Setembro guiados polo Lois Dapena, un grupo de amigos de Monforte e Sober, entre eles eu e o Alfonso de Francos, tivemos a grandisima satisfación de chegar ao ceo de Galicia, ao pico de PENA TREVINCA.

Fumos dende PORTO (Zamora), e dempois de catro horas largas, e pensar varias veces que non dabamos chegado; culminamos a nosa aventura. Sinceiramente foi algo inenarrable un dos momentos de maior satisfación persoal da nosa vida para cada un de nos.
Ata Porto fomos vinte persoas pero a aventura polo monte fixemola 9: Lois Dapena, Luis Manuel Fernández, Alfonso Campos, Juan Bautista Vázquez, Paco Capón, Mario Lois Pontón, Luis F. Guitian, Luis Fernando Sánchez e Ramón Díaz.
Todo foi inenarrable, unha experiencia única.
Seguro que voltaremos.

2/9/08

CADEIRAS ESTARA DE ROMAXE ENTRE O 7 E 9 DE SETEMBRO


Sendo fieis coa tradición, entre o 7 e 9 de Setembro celebraremos a ROMERIA DE CADEIRAS no entorno dunha das paraxes máis fermosas do mundo.

Os actos previstos inicianse o día 7 coa subida da virxe en procesión dende Pinol as 7,30 da tarde. Logo celebrarase o primeiro baile de tarde noite coa orquestra RIA DE BETANZOS.

O día principal, o 8 (festa local en Sober), haberá pasarruas, misas rezadas dende primeiras horas e MISA MAIOR con procesión a mediodía, logo sesión vermú e merenda con clásicos "corros" e acompañamento de grupos de gaiteiros. Polo seran baile coa orquestra LOS SATELITES e outro grupo musical.

O día 9 remataranse as actividades con misas pola mañán e baile de tarde noite coa orquestra LOS ESPAÑOLES.

Como é habitual habera outras actividades complementarias como FOLION, XOGOS DE CARTAS, e ACTIVIDADES INFANTIS.

26/8/08

BAILE A LUZ DA LUA COA BANDA DE SOBER O VENRES 29


Un ano máis Sober despedirá aos seus visitantes do mes de Agosto con un baile amenizado pola banda de música de Sober, e no que soaran principlamente pezas dos anos 30, 40, 50 e 60. Mambos, cumbias, cha-cha- chás, fox, tangos, etc, soaran nos isntrumentos dos musicos soberinos que se transforman nunha orquetra de baile para a ocasión. Durante o baile haberá un concurso con premios as mellores parellas.

O baile será na praza do Toural o venres 31 de Agosto e iniciaráse a en torno as 10,30 da noite.

Denominase esta actividade BAILE A LUZ DA LUA polo horario en que ten lugar. Todolos anos participan un moi importante numero de persoas de toda a comarca.

A ROMERIA DAS PENAS EN ARXEMIL COMENZA O VENRES 29

A Romeria das Penas na honra a San Vitoiro comenzará o venres e prolongarase ata o domingo 31 de Agosto.
Os veciños de Arxemil e outras localidades de San Martiño de Anllo, xunto cos de Camilo en Bolmente celebraran nas suas casas este tradicional festexo, que no presente ano presenta un moi amplo e variado programa de actos.
O venres 29 haberá unha PANCETADA GRATUIDA a ultima hora da tarde e logo baile co grupo ANAGRAMA. O sábado 30 amais de pasarruas haberá misa con procesión sesion vermú e baile de tarde e noite coa orquestra ESTELERES e o Duo MERECUMBE, a media noite un espectacular folion poderá divisarse e escoitarse dende as terras veciñas de Ourense. O domingo31 remataran os festexos con actos similares os do día anterior pero ca extraordinara orquestra POCEIRO.

19/8/08

DOADE INICIA O VENRES A SUAS FESTAS DE VERAN




A parroquia de San Martiño de Doade comenzará este venres as suas festas maiores que continuaran ata o domingo.


A organización preparou un amplo programa que inclue actos relixiosos con procesións, fogos artificiais, actividades deportivas e infantis, pasarruas e bailes de tarde e noite amenizados por importantes orquestras. Tamén se instalará nos locais parroquiais a exposición "PINTORES DE DOADE", que estivo estes días no Centro Sociocultural de Sober e que tivo un gran éxito de publico e critica.

Animamos a todos a participar nos festexos de Doade entre o 22 e 24 de Agosto.
_________
_________
Mas fotos que sacamos da páxina web da parroquia: http://www.doade.net/ podemos ver a Igrexa Parroquial e unha imaxe da orquestra "OS FRANCOS" formada nos anos 50 por musicos da parroquia.

9/8/08

A FEIRA DA ROSCA CHEGA A SUA XIII EDICION


O próximo 12 de Agosto a vila de Sober acollerá unha nova edición da "FEIRA DA ROSCA", neste caso a número XIII. A feira de exaltación deste importante producto gastronómico típico de Sober está xa totalmente consolidada e forma parte do calendario gastronómico galego.


Os ingredentes esenciais da rosca soberina son:

Azucre, levadura fermentada, azafrán, fariña de trigo, ovos, auga e sal.


A feira de exaltación da Rosca de Sober naceu en 1996 e fixose sin interrupción todolos 12 de agosto. Este ano no evento, que se celebrará o vindeiro martes, lembrarase a "rosca da peseta"; aquela rosca pequeniña que se facía antaño para os nenos e que habitualmente se regalaba cando seus pais mercaban unha grande. Os nenos xa a "manducaban" ao momento na propia feira.

Éste ano programouse tamen un obradoiro para os pequenos, no que poderán iniciarse na elaboración deste exquisito doce. Unha rosqueira daralle as pautas e aleccionará os cativos para que as roscas saian no seu punto. Esta actividade para os nenos comezará a partir das 11.00 da mañá. A apertura oficial da feira, que este ano contará con 16 stands, será as 10.15 co disparo de 13 bombas de palenque e a actuación do grupo de gaiteiros "Os Albariños" de Monforte.

A partir das 12.00 h. actuará o grupo folclórico "Lemavos" de Monforte e media hora máis tarde levarase a cabo a degustación popular na Praza do concello onde están ubicadas as casetas nas que non soamente se poderá atopar rosca senón tamén outros productos típicos da Comarca como mel, doces, empanadas ou artesanía.
Na degustación o queixo acompañará un ano mais a rosca gracias a colaboración da empresa Queserías Prado de Monforte que colabora dende a primeira edición.
------
Nota.- A fermosa foto das roscas no forno é de Alfonso Campos e foi sacada do blog: