21/8/09

ULTIMADO O PROGRAMA DAS FESTAS DO CARME DE SOBER

O programa de actividades para as FESTAS MAIORES da capitalidade municipal, na honra da VIRXE DO CARME esta totalmente perfilado. Os organizadores estan estes días recaudando pla capital municipal fondos para sufrgar os festexos e o os veciños estan comportandose moi satisfatoriamente.

As festas celebraranse entre o 18 e 21 de Setembro (de sábado a luns) e a programación é a seguinte:



Día 18 (Venres)
Pola tarde, actuación dun Grupo de Música Tradicional.
Ás 20,30 Lanzamento dunha GRAN BOMBA DE PALENQUE a cargodo alcalde JOSE GOMEZ e inauguracion do alumeado artístico.
Ás 21,00 Baile co grupo FIN DE SEMANA.
Ás 22,30 Actuación de VARELA (O ESCOBAR MONFORTINO)
Ás 24,00 Actuación da ORQUESTRA POCEIRO.
Ás 00,30 GRAN QUEIMADA GRATUITA.

Día 19 (sábado)
Pola mañá CONCENTRACION DE COCHES ANTIGUOS a cargo da ASOCIACION LUCENSE DE COCHES CLÁSICOS e ESCUDERIA DE CLASICOS DE OURENSE.
Ás 11,00 Misa en San Martiño con traslado da Virxe do Carme ata Sober.
Ás 11,00 Pasarruas coa BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE MONFORTE acompañada de CABEZUDOS.
Ás 12,30 MISA SOLEMNE na Igrexa Nova.
Ás 14,00 Sesion Vermú coa ORQUESTRA COSTA DORADA.
Ás 17,00 Espectaculo Infantil con ANXO MOURE que presentará “A CICLOBIBLIOTECA DO CARBALLO CON BOTAS”.
Ás 18,00 Demostración de TIRO CON ARCO a cargo de ARCO LEMOS.
Pola tardiña atracións gratuitas para os nenos.
Ás 22,00 Baile coa ORQUESTRA COSTA DORADA.
Ás 24,00 ACTUACION ESTELAR DE KING AFRICA.
Ás 2 da madrugada Sesion de DJ.


DIA 20 (Domingo)
Ás 11,00 Pasarruas coa BANDA DE MUSICA DE SOBER.
Ás 13,00 Procesion polas ruas de SOBER seguida de Misa Solemne.
Ás 13,30 SESION MATINAL DE FOGOS E BOMBAS DE PALENQUE.
Ás 14,00 Sesion Vermú coa BANDA DE MUSICA DE SOBER.
Ás 17,30 Trofeo de Futbol SOBER –S.D.C. RESIDENCIA.
Ás 19,30 CONCURSO DE TIRO DE CORDA. (Inscripcion gratuita).
Ás 21,15 Baile coa ORQUESTRA SUAVECITO.
Ás 23,30 Actuación do humorista CAMPURRO.
DIA 21 (Luns)
Ás 11,30 Actuacion dun Grupo de Musica Tradicional.
Ás 12,30 Misa na Igrexa Nova
Ás 20,30 GRAN PAELLADA XIGANTE E GRATUITA
Ás 21,00 Baile co Grupo ANAGRAMA.
Ás 23,30 Sesion de DJ.

15/7/09

A BANDA DE SOBER ACOMPAÑARA A MANOLO ESCOBAR NO "LUAR" DA TVG O VENRES 17 DE XULLO





A Banda de Musica de Sober, vivirá unha experiencia nova dentro a sua trraxectoria de preto de seculo e medio de vida. O venres 17 de xullo acompañara a Manolo Escobar no programa LUAR da TVG.
A Banda de Sober xa preparou fai días tres temas con arreglos do musico e compositor madrileño Felipe Monge, ex-componente da banda da Guardia Civil. Os temas en concreto son: Solo de pido, El poronponpero e Mi carro. Asistiu o ensaio e gravacion o propio Felipe Monge e o director de sevico da compañia CRTVG Pablo Barreiro.
Ao programa da TVG asistiran como publico medio cento de veciños de Sober, xa que a propia banda xunto coa TVG poñen a disposicion un autobus.

O PORTEIRO INTERNACIONAL DIEGO LOPEZ FALOU EN SOBER ANTE 150 PERSOAS



O porteiro internacional español e titular do Vilareal de 1ª division, DIEGO LOPEZ, natural do veciño concello de Paradela, ofreceu en Sober unha charla coloquio na que estivo acompañado polo xornalista da Radio Galega Andres Vieites. O acto contou coa asistencia de xente do futbol de toda a comarca de Lemos, máis de 150 persoas; tamen asistiron autoridades como a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, a ex-alcaldesa de Sober Raquel Arias, o actual alcalde de Sober José Gomez asi como moitos futbolistas e entrenadores da comarca.
O gardameta internacional mostrouse moi cercano, contestou a medio cento de preguntas que se fixeron dende o publico, firmou autografos, fixo fotos cos asistentes, ....
Somentes nos queda felicitar aos organizadores, entre eles a Michel dunha forma especial, asi como a Pablo Bernedo, José Antonio Días e Luis Conde que colaboraron na organizacion do acto.
Tralo exito da convocatoria, esperemos que se repita en anos sucesivos un encontro futbolistico parecido.
En El progreso e La Voz de Galicia do mercores 15 de xullo aparece moita informacion do acto de Sober.
As fotos que aompañamos son de Alberto López de La voz de Galicia en Monforte.

19/6/09

"OS LACTOUROS" VISITARON VARIOS POBOS DE LEON


Un grupo de socios da Xunta de Micologos "Os Lactouros·, de Monforte, da que forman parte varios veciños de Sober, visitaron esta semana varios pobos da provincia de Leon. Entre outros lugares os excursionistas poideron ver as localidadesde Sahagun, Cea ou Almanza, ou Mosteiro de San Pedro de Las Dueñas entre outros manumentos da veciña provincia castellano-leonesa. Na foto aparecen os excursionistas xunto a hermida da Virxe da Ponte do S. VIII nas aforas de Sahagun con Paca Tovar a cuidadora da mesma, que amais cantou e bailou para os membros de Os Lactouros que vixeron a viaxe.

BULSO FESTEXA AO CORPUS OS DIAS 20 E 21 DE XUÑO


A parroquia de San Pedro de Bulso festexara ao CORPUS CRISTIE este próximo fin de seman (do 19 ao 21).

As principales actividades seran o sabado e domingo, ainda que xa o venres polo seran habera unha degustacion de panceta gratuita.

Non faltará ningun día a musica e como sempre as actividades relixiosas coa correspondente procesión ocuparan a maña do sabado e domingo. E habitual en Bulso facer a procesion dende a Igrexa ao cruceiro sobre espadaña.

A ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA FESTEXA CUN CONCERTO O E UNHA EXCURSION O FIN DE CURSO


A Escola Municiapl de Musica de Sober, celebrará as sete da tarde do domingo día 21 o seu tradicional festival musical de fin de curso no que actuaran a paractica totalidade dos alumnos que estiveron matriculados no presente ano academico e que se aproximan ao centenar.
Este ano como novidade e aproveitando o program Km. 0 da Deputacion provincial, alumnos e profesores faran unha viaxe de fin de curso a Ria de Ribadeo o martes día 23; ao mesmo tempo os participantes no viaxe poderan visitar o taller de instrumentos populares da deputacion de Lugo.

16/6/09

ESCRITORES E ILUSTRADORES GALEGOS VISITAN SOBER


Un nutrido grupo de escritoras e escritores galegos xunto con ilustradores fixeron unha visita ao Concello de Sober a pasada fin de semana.
O grupo visitou entre outros lugares: Proendos (Igrexa, petroglifos, pobo, etc), Lobios (Igrexa, Tetramorfos, Capela, Cruceiro e Souto do Tellada), Cadeiras, Portizó, O Palacio de Sober, Gundivos (centro Oleiro con demostracion a cargo de Elias Gonzalez); fixeron unha viaxe polo cañon do Sil en Catamaran dende Doade a Os Chancís, etc. Unha moi extensa visita da que seguro os participantes poderan escribir ou debuxar interesantes historias.
Os participantes foron os seguintes:
Escritores:
Marilar Aleixandre e seu marido Ramón. Paco Martín e a sua dona Ánxela, Antonio García Teijeiro e a sua dona Susi, Xabier Puente Docampo e a sua dona María Xesús, Xavier Senín e a sua dona Mari Carme e Fina Casalderrey.
Ilustradores:
Manuel Uhía e a sua dona Beatriz, Xosé Cobas e a sua dona Ánxeles e Xan López Domínguez.

Todos pernoctaron na Casa Grande de Rosende, que é o lugar onde aparecen na fotografia.

5/6/09

BOLMENTE E ANLLO SAN ESTEVO TEÑEN ULTIMADAS AS SUAS FESTAS DE SAN ANTON




A Parroquia de Bolmente ten preparado para os días 5, 6 e 7 de Xuño as suas festas na honra de San Anton de Padua; este ano correspondelle a Bolmente festexar primeiro ao santo que comparten Anllo. Os de Anllo anuncian importantes actividades para os días 13 e 14.
Nos dous casos habera importantes orquestras para amenizar os bailes de tarde e noite, misas coa correspondente procesion nas duas xornadas (sabado e domingo), fogos artificiais e outras actividades ludicas. Os grupos musicales que actuaran seran: en Bolmente o dúo CAMELIA, que amenizara a pancetada do día 6, COSTA DORADA o día 7 e ANAGRAMA o domingo 8.
En Anllo NOVA PALMA e o dúo ESTELAR actuaran o 13 e GALILEA o 14.
Nas fotos temos A Casa Rectoral de Anllo e a Igrexa Parroquial de Bolmente, importantes elementos arquitectonicos do Concello de Sober.

MUSICA E MAXIA EN SOBER




Éste sábado 6 de Xuño a partir das sete da tarde no Centro Sociocultural de Sober haberá unha curiosa actividade que organiza a Escola Municipal de Musica de Sober baixo o titulo "MAXIA EN CONCERTO".
Ás sete en punto e dentro do programa da Conselleria de Cultura da Xunta denominado "Titirimaxia" actuará o Ilusionista "PEDRO VOLTA", unha vez remate a sua actuación, varios grupos de alunnos da Escola Municipal de Música (solistas, duos ou trios), participaran no programa denominado "Os nosos solistas", actuaran xovenes musicos de 8 a 15 anos de idade.
Colaboran coa actividade: Xuventudes Musicais de Sober e o Concello de Sober.