2/6/07

PATRIMONIO AUTORIZA AS OBRAS DO PALACIO DE SOBER








Unha extraordinaria noticia puido coñecerse no dia de onte o hoxe foi publicada nos xornais da comarca.


A comisión territorial de Patrimonio Histórico, na reunión celebrada o pasado xoves, acordou autorizar as obras de rehabilitación do Palacio de Sober, coa finalidade de convertelo nun hotel de cinco estrelas gran luxo, polo que será o unico desa categoria en Galicia.


A autorización permitirá iniciar moi pronto as obras.


O arquitecto Manuel Viéitez, un dos responsables do proxecto que promove a empresa madrileña Alvaher 98, indicou que a primeira fase dos traballos consistirá en limpar as ruínas do palacio e recuperar todos os materiais arquitectónicos que poidan ser reutilizados nas obras. «O primeiro que imos facer é ir acondicionando o edificio, recuperar e clasificar as pedras desprendidas da estrutura e facer unha evaluación de cara ao proxecto definitivo».


Estos traballos iniciaranse no transcurso do mes de xuño e duraran cerca de tres meses.Nesta fase inicial, engade Viéitez, cabe a posibilidade de localizar algunha parte da construción que ata agora pasou desapercibida, como serian un soto ou unha adega que aparecen en planos antigos. Se se producise un achado deste tipo, o proxecto modificaríase para incorporar estes espazos ao futuro hotel.


Unha vez rematada esta etapa, Patrimonio deberá emitir outra autorización para o proxecto definitivo, despois do cal poderán comezar as obras de construción propiamente ditas.


Logo completaranse os demais permisos necesarios para a execución do proxecto por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, do Concello de Sober e doutros departamentos. «Os trámites que faltan xa son cousa de simple mecánica burocrática. O máis importante era conseguir o permiso de Patrimonio, que ten un carácter moito máis técnico, e esta autorización chegou incluso un pouco antes do que se esperaba», comenta Manuel Viéitez. A rapidez con que se logrou a primera autorización administrativa fai que os responsables de Alvaher 98 se mostren optimistas con respecto aos seguintes pasos do desenvolvemento desta iniciativa. Os promotores do futuro hotel estiman que para completar o proxecto requeriranse en torno a vinte e catro meses de traballo. «Esperamos que o hotel estea en condicións de ser inaugurado para o verán do 2009», apunta o arquitecto. (La Voz de Lemos. 2/06/07)






Nota.- Podemos ver duas imaxes de como está previsto que quede o Palacio unha vez rematadas as obras.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esaxerado!, extraordinaria noticia!, de extraordinaria nada, logo esperabas que Patrimonio lle denegase o permiso, pois logo..., eres flipante tío, como si a vida dos de Sober dependese da rehabilitación do Palacio, manda carallo contigo!!!.