A parroquia de San Pedro de Bulso ten dende fai días ultimado un moi importante programa de actos para as suas festas maiores na honra de CORPUS CRISTIE.
As festas teran lugar os días 1,2 e 3 de Xuño (venres, sabado e domingo), e contaran cun variado programa.
Como ven senda habitual nos ultimos anos en moitas festas parroquiais do concello de Sober o venres inauguranse os festexos; neste caso cunha paellada gratuita e musica acargo do organista local "Pepe de Anllo".
Duas orquestras encargaranse dos bailes de tarde e noite do sabado e domingo o sabado tocalle o turno a "FANTASIA " e o domingo sera "CAMELIA".
Haberá tamen actos relixiosos, fogos artificiais e outras actividades ludicas. Temos que destacar os actos relixiosos do domingo coa correspondente procesión, xa que se manten a tradicción de adornar con espadaña o espacio de camiño dende a Igrexa Parroquial ata o Cruceiro, algo fermoso que se manten.
Quero recodar que a Igrexa de Bulso sufriu unha moi importante reforma a finais dos noventa -fai moi poucos anos- xa que a espadaña estaba a piques de caer. A igrexa e do S. XVII, ten nave rectangular e sacristia adosada ao muro norte do presbiterio. No interior da Igrexa destaca o retabulo maior de principios do S. XVIII.
O Cruceiro de Bulso que podemos ver na imaxe e dos mais fermosos do concello.
Outras duas festas importantes do concello de Sober se preparan para os dous seguintes fins de semana de Xuño, tratase das festas de San Anton en Anllo e Bolmente. Xa faremos publicos os programas dos festexos das duas parroquias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario