25/5/07

EXTRAORDINARIO CONCERTO DA BANDA DO CONSERVATORIO DE OURENSE


Onte xoves, dia 24 de maio, Sober foi esceario dun concerto extraordinario. E dicimos extraordinario en tódolos seus conceptos. Foi a primeira vez na historia musical de Sober que un grupo musical de 80 personas fixo musica en directo. O esceario estaba como non estivo nunca -imposibel poder meter unha soa persoa máis-. Tratabase dunha banda -a grupación que máis significa na vida musical de Sober-, pero neste caso dunha banda especial.
O publico disfrutou como nunca dunha actuacion memorabel.
Quero recordar que a Banda de Musica do Conservatorio Profesional de Ourense esta formada por alumn@s de 12 a 20 anos que estan cursar estudos de grado medio en asignaturas de vento ou percusión; e dicir xente nova con un minmo de cinco anos de estudos musicais e a proba de acceso a grado medio feita.

O tempo non axudou en demasía e tratabase dunha xornada de diario -o concerto tiña que facerse en día lectivo aproveitando a xornada de clases da asignatura de orquestra- a pesares delo o auditorio estaba cheo. Podiamos ver entre o publico xentes de Monforte ou Pantón xunto con veciños de todo o noso concello.

Na actualidade caseque unha vintena de rapaces relacionados coa Banda de Musica de Sober estan matriculados no Conservatorio de Ourense, deles cinco estudan grado medio en asignaturas de vento e forman parte da banda que actuou en Sober.

O programa que poidemos escoitar onte foi diverso, con musica escrita propiamente para banda de musica e estivo integrado polas pezas seguintes:




Marcha da segunda suite D. Shostakovich

Diagram A. Waignein

Ratafia W. Fransen

Charles Chaplin Chaplin/Delante/Wilson/Philips.
Arr.: M. Peeters

Santana Portrait Arr. : Giancarlo

______________________________________________________
A programacion da PRIMAVERA MUSICAL, que se organiza dende a Escola Municipal de Musica de Sober e Xuventudes Musicais de Sober continuará coas seguintes actividades:

Martes 29 de Maio, 16:00 h.:
CONCERTO DIDACTICO para colexios de primaria e secundaria da comarca, a cargo de alumnos da ESCOLA MUNICIAL DE MUSICA DE SOBER e a BANDA DE MUSICA DE SOBER.






Sábado 9 de Xuño, 20:00 h.:
Pedro Mateo (GUITARRA). (Gañador de J.M.E. 2006)






Sabado 23 de Xuño, 20:00 h:
FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MUSICA DE SOBER

* Tódolos concertos seran no Auditorio do Centro Sociocultural.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi bo concerto, -si señor- Sober ten algo especial coa música.