11/5/07

LEMBRANDO CURIOSIDADES

De cando en vez lembraremos cousas ou feitos curiosos.
Tamen faremos un apartado para lembrar xentes que foron e seran importantes para a historia da nosa tribu; moitos caseque permaneceron sempre no anonimato. Intentaremos revivilos xa que os consideramos parte de nos mesmos.

O tema de hoxe refirese a dous autos que circularon moito tempo por Sober.

Quen non se lembra da furgoneta dous cabalos que tiña o capador. Non fai tantos anos -entre 15 e 20-; aparcaba a miudo pola Compañia de Monforte e visitaba todalas parroquias do concello de Sober.
Na parte traseira por riba do porton liase: "EL TEMERARIO".
Nos dous laterais do auto podiamos ler: "SE CAPAN TODA CLASE DE HEMBRAS".
Seria moi importante poder obter unha fotografia dese coche. Seguro que hai mais duhna. Pregase que a fagades chegar por calquera medio. Sera publicada ao instante para o disfrute de todos.

Temen nos lembraremos moitos dunha camioneta que caseque todolos dias visitaba Sober procedente de Ourense. Na parte traseira liase con toda a claridade: "QUIEN TIENE LOS HUEVOS MAS GRANDES DE ORENSE..... INDUSTRIAS REBOLLO"

No hay comentarios: