29/8/07

FESTAS EN VILAESCURA




A parroquia de Santa María de Vilaescura fetexará a sua patrona coincidindo co primerio fin de semana de Setembro como é habitual.

As festas de Vilaescura que poucos anos quedaron sen celebrar, sempre se caracterizaron por un programa moi variado. Lembremos que nos anos 60-70 se celebraban concurridas competicions de "tiro o prato", e nos oitenta e noventa foi habitual facer un concurso de "mises" ou encontros de futbol entre equipos da parroquia amais doutras novedosas actividades.

Para o presente ano os organizadores teñen preparada unha verbena con orquestra para o venrres 31 de Agosto. Xa o sabado 1 de Setembro haberá pasasuas, misa con procesión, sesión vermú e baile de tarde e noite coa orquestra "DINASTIA". O Domingo 2, os actos seran similares o día anterior pero amenizados por outro grupo musical.






Nota.- As fotos foron sacadas da páxina http://www.jrcasan.com/ e foron feitas por Carlos Rueda.

No hay comentarios: