A parroquia de San Salvador de Neiras honrará a seu patron os días 4, 5 e 6 dest mes de Agosto.
Como dixemos con Gundivós, Neiras é das poucas parroquias que manten como festa maior a do patron parroquial. A maioria das parroquias soberinas fan a sua festa principal e case sempre única adicada a un santo ou santa que non é o titular da parroquia.
O que si fixo Neiras foi facer coincidir os festexos co primeiro fin de seman de Agosto ainda que non coincidise coa xornada principal do calendario, este ano a festa prolongase ata o luns día propio da transfiguración de El Señor ou Divino Salvador.
O programa de actos previsto par os festexos é o seguinte:
Sábado 4; Misa e procesión a medio día e baile de tarde e noite con orquestra ARABIA.
Domingo 5; Misa e procesión igual que o día anterior e baile pola tarde que continuará con verbena coa orquestra DELIRIO.
Luns 6; Pancetada popular ás 9 da noite e baile co DUO CAMELIA.
Haberá como é habitual fogos artificiais e varias familias desprazaranse para facer comidas campestres no campo da festa e no entorno do rio, un dos lugares máis fesmosos de concello para unha celebración campestre. Esta tradición perdeu moito nos últimos anos, pero foi durante decadas unha das festas de merendas máis concurridas da comarca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E o SÁBADO ás 7 da tarde haberá:
XOGOS
- O Pozo dos desexos (destinado ós máis cativos; a partir de 3 anos) con 4 premios.
- Carreira de Sacos, con 4 categorías (infantil - xuvenil - adulta - adulto ) con 2 premios por categoría (despois de cada carreira celebrarase un desempate entre os 2 mellores).
- Coida o pitiño (transportar ovos por parellas), con 2 categorías (infantil - xuvenil) e 3 premios por categoría.
En total serán: 18 premiados.
Haberá agasallo para todos os participantes.
Tamén o Grupo O Trícole cantou a misa do Domingo.
Publicar un comentario