8/8/07

LOBIOS FESTEXA A RAIÑA DOS ANXOS










A parroquia de San Xulian de Lobios fai semanas que ten ultimado o seu programa de festas na honra de Raiña dos Anxos.
Como é habitual os festexos fanse no entorno da fermosa capela que se adica a virxe. É precisamente ali onde se desenvolven todolos actos relixiosos, destacando a procesión onde se pasea a imaxe da santa nun carro que foi restaurado fai uns anos.
O programa festeiro é o seguinte:

Venres día 10: sardiñada, pancetada, sopas de allo e queimada ás 10 da noite.
Sábado 11: Misa e procesión a 1 do mediodía, sesión vermú e baile de tarde e noite coa orquestra KAPRICHO. Sesión de fogos ás 12 da noite.
Domingo 12: Misa e procesión a 1 do mediodía , sesión vermú e baile polo serán e a noite coas orquestras MIEL e NOVO ESTILO.
Ainda que os festexos rematan o día 12 esta previsto que o día 13 se celebre unha misa polos difuntos da parroquia.

No hay comentarios: