21/8/07

NOVA EDICION DOS "ENCONTROS MUSICAIS"




No ano 1999 iniciuose en Sober o que se denominou "Encontros musicais na Ribeira Sacra", tendo como obxetivo facer tódolos anos coincidinco co penultimo venres do mes de Agosto un encontro de grupos musicais e musicos solistas, principalmente do entorno. Na primeira edición fixose un homenaxe a orquestra "La Soberana", coa presenza de tódolos musicos vivos das primeiras étapas da orquestra e a actuación entre outros da orquestra "Soberana" que se habia formada a finais dos 90. Lembro que entre os asistentes homenaxeados estaban "O Manache" ou "O Hito do Carpante", hoxe xa desaparecidos; ¡unha verdadeira magoa!.



Ésta actividade nacia como unha festa de homenaxe a música en Sober; xa habia festa para o Viño de Amandi e a Rosca e criase necesaria unha festa para a Música, outra para os Augardenteiros e outra para a Oleria de Gundivós. Todo elo significaria que "os 5 embaixadores da nosa tribu", terian a sua merecida xornada de homenaxe anual.



Lembrarei que todo estaba previsto para facer entre Xullo e Agosto un encontro de 3 ou 4 días chamado XORNADAS "en torno" a GUNDIVOS, con conferencias, unha fornada popular, exposicións de olerias tradicionais do mundo (cada ano intentariase a presenza dun destacado oleiro dun pais do mundo con caracteristicas próximas a Gundivos), xa se sabia de xente en Portugal, Italia, Marrocos, Asturias, Baleares, Castela, ... Todo remataria cunha feira-mostra de oleria no chan da praza de Sober. Ésto algun día será unha realidade o mesmo que unha festa de exaltación da figura do AUGARDENTEIRO.



Pero o que íamos: "Os Encontros Musicais na Ribeira Sacra", deberian de servir para facer ver que Sober é a capital músical do que hoxe se coñece por "Ribeira Sacra"; verdadeiramente Sober é esa capital sen dubida algunha, pero a festa ou encontro está hoxe pensada xa doutro modo.



Éste ano actuará o venres día 24 a partir das 9 e media da noite na praza do toural un quinteto de vento moi interesante "SHOW PIE BRASS QUINTET ". Verdadeiramente o concerto musicalmente vale a pena.



A actividade está patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte e o Concello de Sober , é esta enmarcada nos Circuitos Culturais no ciclo "de rúa".



No hay comentarios: